Cambados 21 de setembro de 2008
IV DESAFÍO AIREXA – UNICORNIO AZUL
GRAN PREMIO "SARRID WHAIT LOME"
SÁBADO 27 DE SETEMBRO DO 2008.
1.- Escenario da regata e percorrido.- 2.- A Airexa e Unicornio na edición anterior.(Preme nas fotos para velas ampliadas)
As Tripulacións das dornas centenarias Airexa e Unicornio Azul, enfrontanse o vindeiro sábado 27 de setembro no IV DesafíoTtrofeo "Sarrid Whait Lome". Na primeira edición a gañadora foi a Airexa, nas dúas seguintes os ganadores foron a tripulación de Unicornio Azul. Esperemos que haxa vento e que se poida ver unha boa regata.
De seguido o programa de actos segundo nolo facilitou a organización, foito con moito humor:
PROGRAMA:
Pola mañá:
– Albaroda a cargo dos últimos en chegar do día anterior.
A Mediodía:
– Reunión das dúas tripulacións e demais persoal que queira asistir a tomar uns viños e armar un pouco de barullo no Bar Silva.
A hora de comer:
– Cada un pa súa casa.
A hora do café:
– Os da Airexa a do German e os de Unicornio na de Emilio.
Pola tarde:
– As 17 ou 17.30 horas , empeza o desafío con saída e chegada na punta do peirao de Santo Tome.
O acabar o desafío:
– Entrega de premios no Pub Leria con risas, choros e bebida, para todos os asistentes.
A noite:
Cena – baile – cotillón nun sitio preparado para o evento para todos os que veñan.
Texto e Fotos: Organización "Sarrid Whait Lome" .
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————
Cambados 21 de Setembro do 2008.
VILAGARCIA INVADE CAMBADOS
A TRAVÉS DOS SUMIDOIROS
A ANÉCDOTA A RAS DE CHAN
1,2.- Tapa de sumidoiro na que se pode ver o escudo de Vilacarcia.
Na Rúa Albariño de Cambados, intersección Rúa Pays de Dolls atopamos unha tapa dos sumidoiros do Concello de Vilagarcía de Arousa, ignoramos si é ou non moi común este feito, pero o que si sabemos e que non deixa de ser curioso.
Texto e fotos: Moncho Botana.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————
Cambados 21 de Setembro de 2008.
NOVO QUIOSCO NA CALZADA
DE MADEIRA E ACORDO CO ENTORNO
MAS AMPLO CO DE ANTES.
1.2.- Novo quiosco da Calzada. (Preme nas fotos para velas ampliadas.)
Informabamos fai uns días que derrubaran o quiosco da Calzada e ignorabamos o que ía a pasar co mesmo, agora xa temos a resposta, resulta que montaron outro un pouco máis grande , un anaco separada de veira rúa e de madeira. Os compradores de prensa que estaban preocupados polo quiosco xa poden respirar tranquilos. A verdade e que dálle outro aira a Calzada. Alegrámonos pola idea e pola súa propietaria.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————
Cambados 20 de Setembro de 2008
II TORNEO DE TENIS 24 HORAS
NAS PISTAS DE TENIS DO POMBAL
OS VINDEIROS 27 E 28 DE SETEMBRO
Cartel anunciador.
O Club de Tenis Cambados, coa colaboración do Concello, organiza o vindeiro fin de semana, dias 27 e 28 de outubro, o II Torneo de Tenis 24 horas dende as 12 horas do sábado ata as 12 horas do domingo. Os que se queiran inscribir poden facelo nos seguintes telefonos: 659299409 (Hadrián) ou no 610850187 (Suso), tamén o podedes facer no enderezo electrónico
teniscambados@gmail.com . A cota de inscrición é de 5 euros para os non socios e para estes é de balde.
Texto e cartel: Club de Tenis Cambados.
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————
Cambados 19 de setembro de 2008
ANO CABANILLAS
I XORNADAS. CABANILLAS E A ESCOLA
ORGANIZA |
Asociación de Ensinantes do Salnés (Candea) I.E.S. RAMÓN CABANILLAS |
DURACIÓN |
Curso de 20 horas presenciais homologado |
OBXECTIVOS |
A idea destas xornadas é reunir as experiencias realizadas sobre Ramón Cabanillas en distintos ámbitos escolares e educativos, e planificar o traballo a realizar nos centros de cara á celebración en 2009 do ANO CABANILLAS, insistindo nestes aspectos:
· Actualización didáctica do profesorado · Presentar novos materiais e experiencias · Fomentar o intercambio entre os profesores e profesoras · Ofrecer ao profesorado recursos diversos para traballar nas aulas. · Difundir o coñecemento dos recursos que ofrece a obra e a persoa de Ramón Cabanillas para traballar no ensino. |
PROGRAMA
LUNS, 13 DE OUTUBRO |
6 h. inauguración das xornadas CONFERENCIA: “O legado dun/ha escritor/a como recurso para o ensino” HElena Villar Janeiro (Docente e Secretaria da Fundación Rosalía de Castro) |
MÉRCORES, 15 OUTUBRO
|
4,30 H. CONFERENCIA: “A dimensión humana de Ramón Cabanillas” LUÍS REI NUÑEZ (Biógrafo de Cabanillas)
6 H. PRESENTACIÓN DE EXPERIENCIAS: C.E.I.P. VILARIÑO: “Estudo do léxico na obra de Cabanillas” 7,15 H. I.E.S. FRANCISCO ASOREI “Fotobiografía de Ramón Cabanillas”. Maribel Iglesias |
XOVES, 16 OUTUBRO
|
4,30 H. CONFERENCIA: “A escola de Cabanillas. Cabanillas na escola”
6 H. PERFORMANCE: “En Pé!” Acción en vivo sobre o poema de Cabanillas polo Grupo AD HOC 6,15 H. PRESENTACIÓN DE EXPERIENCIAS: I.E.S. RAMÓN CABANILLAS. “Actividades de creación arredor de Ramón Cabanillas”. A.C. “A Santa Compaña”. Xosé Vázquez Pintor e Lois Magariños.
7,15 H. C.E.I.P. CORVILLÓN : Proxecto “Cabanillas e Cambados”(L. Aragunde, X.L.Castro, C.Barreiro, A.Varela). Coordinador: Xosé Galego. |
MÉRCORES, 22 OUTUBRO |
Percorrido colectivo guiado polas rúas e os lugares emblemáticos da obra e da vida de Ramón Cabanillas en Cambados, con lectura participativa dos seus textos. Manuel Núñez e Xoán Antonio Pillado |
XOVES, 23 OUTUBRO |
4,30 H. CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS DE TRABALLO Planificación das posibles actividades a realizar nos centros de ensino do Salnés durante o 2009 (ANO CABANILLAS)
6 H. CLAUSURA DAS XORNADAS CONFERENCIAS-COLOQUIO AVELINO POUSA ANTELO (Presidente da Fundación Castelao) “a miña lembranza de Cabanillas”
DAVID OTERO (Profesor e escritor)”: “A poesía na escola”
|
CONTACTOS |
CANDEA: Adela Leiro (986520407) I.E.S. RAMÓN CABANILLAS (Ramón Caride ou Manuel Núñez) 986542950 |
ANO CABANILLAS
PROXECTO DE TRABALLO. CABANILLAS E A ESCOLA
Exposición |
Temas na obra de Cabanillas
Proceso de traballo:
1-Elaboración dun guión 2-Reparto do traballo 3-Realización en cada centro Cada centro elabora un panel a partir dun tema ou poema con ilustracións (fotos, debuxos, pintura, montaxes) que se poden complementar con textos explicativos. 4-Edición e impresión dos paneis 5-Inauguración e rotación da exposición por todos os centros participantes. 6-Acto de clausura.
Temporalización: Elaboración: 1º trimestre Edición: xaneiro 2009 Exposicións: febreiro a novembro de 2009
|
Publicación |
Elaboración dun libro conxunto no que se poden recoller: Traballos escolares: paneis da exposición, traballos de investigación de alumnado ou profesorado… Achegas de colaboradores/as (pintores, debuxantes, fotógrafos, escritores…) Unha biografía de Cabanillas axeitada á escola … Temporalización: Realización dos traballos de outubro de 2008 a xullo de 2009 Presentación: novemnro de 2009, coincidindo coa clausura das exposicións e a celebración das II XORNADAS CABANILLAS E A ESCOLA.
|
POSIBLE GUIÓN TEMAS DE TRABALLO |
O SALNÉS CAMBADOS galicia O IDIOMA A NATUREZA O MAR O AGRO, O MUNDO RURAL O viño OUTROS LUGARES OFICIOS-PERSOAXES A infancia A muller filosofía-sentido da vida EMIGRACIÓN O AMOR
|
Este sábado, continuamos coa programación de concertos para conmemora-los 9 ANOS do RIF-ROCK con:
INCOMODO nunha ocasión única de desfrutar co seu espectáculo electrónico en… Engranaxes Musicais a Presión ás 23:30h.
Non vo-lo perdades!!!
*ndp: é INCOMODO, non Incómodo, coma se dí por ahí…
e o día antes, para ir quentando motores
ESTE VENRES 19… HENDRIX RIF-ROCK EXPERIENCE
a cargo de Munstapha e demáis RifRocKerZ.DjSet
nunha nova Sesión Intermitente de rock ácido, psychodelia, rhythm’n’blues e demáis bandas dos espectaculares anos do Swingin’ London… e aínda queda moito máis da programación.
Texto e carteis: Rif Rock
Visita o noso fotolog: http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
————————————————————