HUMOR RETRANQUEIRO: “NUN MUNDO DONDE TODO É MENTIRA , O AUTOENGANO PODE SER UN BO PASAPORTE”.

Cambados 18 de Setembro de 2008

I XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS “YOU TUBE”

XA SE COÑECE O PROGRAMA DE ACTOS 

¡A OPORTUNIDADE DE COÑECERNOS E DISFRUTAR XUNTOS!

 

cambados unhagrandechea canle galega you tube 

1.- As murallas de Lugo.

DATA: sábado18/10/2008.

LUGAR ENCONTRO: Porta de aceso ao Centro Comercial “As Termas” (polígono do Ceao-Lugo), no estacionamento aberto. (Identificarédesnos polo son das Gaitas, a bandeira galega e as pañoletas conmemorativas que vestiremos).

HORA ENCONTRO: 11:00 h./11:00 a.m.

Logo de realizar a entrega das pañoletas conmemorativas entre tódolos asistentes realizaremos unha visita á muralla romana de Lugo e ver a cidade vella.

O Xantar é ás 14:00 h./14:00 p.m. e a Cea ás 21:00 h./09 p.m., no Bar-Parrillada “As Searas” (San Vicente del Burgo-Lugo), co seguinte menú:

*Xantar:1º: Empanada,tortilla,calamares,chourizo,xamón e croquetas.2º: Churrasco de ternera e cerdo.

3º: Postres.

*Cea: Carne á maragata (especialidade de asado de carne).

Custo/persoa: 26 €/persoa.

Lembrade que podedes vir con compaña e instrumentos para montar a foliada.

A DATA DE REMATE PARA CONFIRMAR A INSCRIPCIÓN E PARTICIPAR NA XUNTANZA É O LUNS 29 DESTE MES DE SETEMBRO, a formalizar mediante contacto con calquera das tres Canles Galegas organizadoras:

cambados unhagrandechea canle galega you tube (3)*Canle Galega “Edelmiro007”: http://es.youtube.com/Edelmiro007

cambados unhagrandechea canle galega you tube (2)*Canle Galega “XOANARCODAVELLA”: http://es.youtube.com/XOANARCODAVELLA

cambados unhagrandechea canle galega you tube (1)*Canle Galega “papigil”: http://es.youtube.com/papigil

Texto e fotos: As canles convocantes.

————————————————————

Cambados 18 de Setembro de 2008

CURSO PARA DESEÑAR BLOGS

IMPARTIRANSE NA MERCED

O PRIMEIRO EMPEZA O 20 DE SETEMBRO.

cambados unhagrandechea (1)  cambados unhagrandechea

1.- Blog de Unha Grande Chea.- 2.- Centro multiusos "A Merced"

A oficina de información xuvenil de Cambados puxo en marcha unha serie de actividades para os máis novo agora que terminou a tempada estival. Durante os sábados dos próximos meses, o centro da Merced acollerá clases para aprender a confeccionar blogs e para manexar a fotografía dixital.

O primeiro destes cursos dará comezo o próximo 20 de setembro. Está pensado para mozos de entre 12 e 30 anos que queiran aprender a deseñar blogs en Internet. As clases impartiranse entre as once da mañá e a unha da tarde. Seis días máis tarde, dará comezo un ciclo sobre a planificación e a organización no traballo. Impartirase en dúas xornadas, de dez horas cada unha.

Xa no mes de outubro dará comezo un taller de fotografía dixital. As clases serán todos os sábados en horario de once da mañá a unha da tarde. Terminará o 28 de novembro. A última das propostas do departamento de Xuventude é un curso sobre habilidades sociais e voluntariado que comezará o 8 de novembro.

Texto e fotos: A Voz de Galicia.

————————————————————

Cambados 17 de setembro de 2008
GOGUE EXPÓN EN CAMBADOS
NA CAFETERÍA REYMAR (CAMIÑO DO CUARTEL)
DO 17 AO 30 DE SETEMBRO

cambados unhagrandechea gogue   CO DEBUXANTE GOGUE
1.- Cartel anunciador da exposición.- 2.- Gogue con membros de Unha Grande Chea. (preme nas fotos para velas ampliadas.)
Hoxe inaugurase na Cafetería Reymar de Cambados a exposición 15 FLOREANOS EN ESCABECHE. Tratase de 15 orixinais  de Floreano en versión culinaria, e dicir temas que falan das comidas, cociñas, receitas, etc. Unha boa oportunidade de ver  os traballos de este extraordinario caricaturista grovense e universal. Lembremos que Gogue fai unha viñeta diaria no Faro de Vigo amén de traballos en outras publicacións.
Texto: Chon.- Foto: Gogue e Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 17 de setembro de 2008

DOMINGO 21 ÁS 20.30 H. TEATRO

“BAGOAS DE NOITEBREGA”

DA COMPAÑÍA ATREZO TEATRO 

cambados unhagrandechea atrezo teatro cambados unhagrandechea atrezo teatro (1) cambados unhagrandechea atrezo teatro (2) 

1.- Cartel da Obra.- 2.3.- Dúas escenas da obra. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

Sipnose da obra: A obra reflexa unha guerra, un enfrontamento entre dous bandos do que un deles resulta vencedor e o outro vencido, sen regras, o fin xustifica os medios e todo e lícito cando se trata de gañar, pero, ó final, sexa cal sexa o resultado, todos perden. Nembargantes, esta non é unha guerra como calquera outra: o campo de batalla é o salón da casa de Marcelo, os bandos a familia deste e a muller que vive con el, o obxectivo… cada bando ten o seu: o dun son os cartos e o do outro a información; e as armas empregadas son: ambición, hipocrisía, envexa, carraxe… e moitas outras, ocultas as veces baixo unha aparencia amable ou, incluso, cariñosa.

Texto e fotos: Atrezo Teatro.

————————————————————

Cambados 17 de setembro de 2008

ESCURIDADE MUNDIAL:

17 SETEMBRO 2008

DESDE AS 21:50 ÁS 22:00 HORAS.

nuevo-2   nuevo-4 cambados unhagrandechea carracelas

1.- O mundo.- 2.- Galicia.- 3.- Cambados.

 

Proponse apagar todas as luces e se é posible todos os aparellos eléctricos, para que o noso planeta poida ‘respirar’. Se a resposta é masiva, a enerxía que se aforra pode ser brutal. Só 10 minutos e vexa que pasa. Se estamos 10 minutos na escuridade, prendamos unha vela e simplemente mirámola e nós estaremos respirando e o noso planeta. Recorde que a unión fai a forza e o Internet pode ter moito poder e pode ser aínda algo máis grande.

Texto: Josefina Carracelas.- Fotos Google Earth

————————————————————

Cambados 16 de setembro de 2008
UN SÍMBOLO DA CALZADA DESAPARECE: "O QUIOSCO"
IGNORAMOS SI PARA SEMPRE
O FEITO É QUE DEIXA UN GRAN BALEIRO
unhagrandechea cambados (1) unhagrandechea cambados
1.2. O quisco derrubado. (Preme nas fotos para velas ampliadas).

Todos estabamos acostumados a ver o famoso QUIOSCO de "Castor", como así se coñecía, que era o home da actual propietaria no paseo da Calzada nada máis comezar a mesma. Hoxe algúns cambadeses levantámonos coa sorpresa de que o mesmo fora fulminado non por un raio senón por unha brigada de obreiros. Iso si, queda claro que nos ignoramos os motivos e si se vai reconstruír  doutro xeito.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————

Cambados 16 de setembro de 2008

EXPOSICIÓN DE MANOEL BONABAL

NO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DO SALNÉS

A EXPOSICIÓN PODERÁ VISITARSE ATA O 30 DE SETEMBRO.

cambados unhagrandechea manuel bonabal (1) cambados unhagrandechea manuel bonabal (3) cambados unhagrandechea manuel bonabal (5) cambados unhagrandechea manuel bonabal

1.2.3.4.- Varios cadros de Manuel Bonabal. (Preme nas fotos para velas ampliadas)

Manoel Bonabal naceu en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1.961.Estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da súa cidade e complementou súa formación no estudio de escultura do seu pai Manuel Barreiro Moratalla.Distintos cursos de gravado: calcográfico, impartido polo profesor D. Antonio Alegre Cremades, fotopolímeros e técnicas aditivas (beca), no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC)-Betanzos (A Coruña). Litografía, impartido por Sindo Cerviño.Taller realizado por Pedro Calapez dentro dos "diálogos ibéricos" -actuación sobre o espazo-.

En xuño 2.007 e 2008 imparte talleres de Mail Art (arte postal) organizado pola Fundación Granell (A Coruña) e Roteiro de Creación, así como cura a exposición realizada na Biblioteca Pública Ánxel Casal. (Opten o 1ºpremio de votación popular nas visitas ós talleres do Roteiro).

Estancia becada no Museo de Arte contemporánea da Bienal de Cerveira (Portugal) marzo 2008. para a realizar no seu taller a obra"O Bicho"(Ravar).

Pintor, súa laboura artística desenvólvese dende fai máis de vinte anos especialmente na Arte Postal. Compoñente do grupo Ravar (constituído por artistas do gravado.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE MANOEL BONABAL:  http://manoelbonabal.blogspot.com/  móbel: 649 710 840 .Fixo taller: 981 565 433 (entre 09:30 e 20:00 horas). Enderezo electrónico: mabace@wanadoo.es

Texto e fotos: Centro Comarcal do Salnés.

————————————————————

Cambados 16 de Setembro de 2008
UN  ÁLBUM ENTRAÑABLE
EN "AS NOSAS FOTOS…AS VOSAS FOTOS" UNHA GRANDE CHEA DENDE 1985
PÓDENSE VER UNHA FOTO DA CADA ANO DO ANTROIDO E DO ALBARIÑO
ANTROIDO 1988 ALBARIÑO 1995 ANTROIDO 2008 
1.- Antroido de 1988.- Albariño de 1995.- Antroido de 2006 , unha mostras das fotos que podedes ver no albúm. (Preme nas fotos para velas ampliadas.)

En "As nosas Fotos…As vosas fotos" e baixo o titulo "Historia de Unha Grande Chea no Antroido e no Albariño", podedes ver unha foto de cada ano do Antroido e do Albariño, evidentemente collemos  as que nos nos parecen máis significativas, pero  temos centos de fotos, agás dos primeiros anos do Albariño, xa se sabe ás maquinas de fotos eran "a pan de millo" e era un risco andar con elas, hoxe cas cámaras dixitais xa é outra historia. Aproveitamos a ocasión para dicir que si queredes publicar algún evento deportivo, cultural a algunha festa en "As nosas fotos…As vosas fotos" no tedes máis que enviárnolas o noso enderezo electrónico.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s