HUMOR RETRANQUEIRO: EN CAMBADOS ESTAMOS RODEADOS DE XENTE QUE VAI E VEN PERO QUE EN REALIDADE NIN NOVAI NIN NOS VEN.

 

Cambados 15 de setembro de 2008.

GALA DO HUMOR AFASAL

A FAVOR DOS ENFERMOS DE ALZHÉIMER

PARTICIPA O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA O POLIFACÉTICO CARLOS BLANCO

Carlos Blanco libro  8589_468  pepe_40036

1.- Carlos Blanco.- 2.- Oswaldo.- 3.- Pepe Suevos.

Na gala, que se celebrará no auditorio vilagarcía o 21 de setembro a partir das 9 da noite, actuará o actor vilagarcián e chalequeiro de Unha Grande Chea Carlos Blanco , xunto a Pepo Suevos e Oswaldo. De seguro que os tres nos farán pasar intres inesquecibles.

As entradas venderanse a un prezo único de seis euros. Ademais, Afasal abriu un número de conta para a fila cero. Quen queira contribuír pode facer o seu donativo en Caixanova, no número de conta 2080 0067 27 0040044243.

Texto: María Santalla. Fotos: Unha Grande Chea e Imaxes Google.

————————————————————

Cambados 15 de Setembro de 2008

UNHA GRANDE REMONTADA
O CAMBADOS FIXO VIBRAR O SEU PÚBLICO
REMONTOU UN 2-0 CANDO FALTABA MENOS DE MEDIA HORA.

SANY2450
1.- Unha das formacións do Cambados nesta tempada (Preme na foto para vela ampliada).
Hoxe traemos a esta páxina os homes do Club Juventud Cambados, que onte marcáronse un partido dos que fan época en Burgans, remontando un 0-2 cando falta menos de media hora para rematar o encontro. O publico gozou de 20 minutos de fútbol total entre  os dous equipos. Dicir que o rival era de entidade xa que o Gondomar acaba de descender de autonómica preferente. Dicir tamén que o Cambados B, en fase probatoria perdeu en partido amigable perante o Chispa de Corón por 1-0.
Texto Chon. Foto Unha Grande Chea.
————————————————————

Cambados 14 de Setembro de 2008

O CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COMARCAL DO SALNÉS ACOLLE UN SEMINARIO SOBRE CREACIÓN DE EMPRESAS NO RURAL

CELEBRARASE OS DÍAS 19 E 26 DE SETEMBRO E 3 DE OUTUBRO

nuevo-2

A Consellaría do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), organiza un Seminario de iniciación á creación de empresas no rural, que se desenvolverá no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés durante os días 19 e 26 de setembro e 3 de outubro, en horario de 17:00 a 21:00 horas.

        Os Seminarios de Emprendemento no Rural están encamiñados a estimular a creación de negocios nestas zonas, ademais de lle ofrecer aos interesados asesoramento sobre a planificación empresarial.

        Agader colabora na organización desta actividade que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro.

Texto e fotos: Centro Comarcal do Salnes, donde podes recabar máis información.

————————————————————

Cambados 13 de setembro de 2008

SAE AO MERCADO A PRIMEIRA VEA DECORATIVA CON AROMA DE ALBARIÑO

ESTIMULA O RELAX

É IDEA DE JOSE LUIS VILANOVA.

cambados unhagrandechea jose luis vilanova

O xerente da empresa Novavila, José Luís Vilanova, durante a presentación da primeira vea con aroma de viño de Albariño.(EFE)

 

EUROPA PRESS. 12.09.2008

Aseguran que axuda a mellorar a calidade de vida.

Vén nun vaso de cristal que poderá utilizarse para degustar Albariño. 

A empresa Novavila presentou hoxe Aroma de Albariño, a primeira vea decorativa con fragrancia deste viño galego. Segundo o promotor desta iniciativa, José Luís Vilanova, trátase dun produto "novo que estimulará o relax" e "axudará a mellorar a calidade de vida creando un ambiente especial".

Contouse coa colaboración de enólogos, expertos cereiros e perfumistas.

Para a elaboración deste produto, que segundo a empresa considérase un "referente" en I+ D +i no sector, contouse coa colaboración de enólogos, "expertos" cereiros e perfumistas ademais de utilizar a carta de cata para obter un resultado "igual ao mellor" aroma do Albariño.

Ademais, como "valor engadido", a vea presentarase dentro dun "moderno" vaso de cristal, ideado para ser utilizado tras consumirse a vela para degustar "un bo Albariño".

A vea será comercializada exclusivamente a través da páxina web do Hotel Enolóxico Novavila, en Meis (Pontevedra), e nas tendas da familia Vilanova Pena na localidade pontevedresa de Ribadumia e en Valencia.

Nova  que saliu en http://www.20minutos.es/noticia/411414/0/vela/aroma/albarino/  e foinos enviada polo noso amigo Tino Gonzalez.

————————————————————

Cambados 12 de setembro de 2008.-
HOXE INAUGURASE A FESTA DA VIEIRA
O PATRÓN MAIOR E O ALCALDE DE CAMBADOS INAUGURARON O ACTO
HOMENAXE A “LOLA A RODIÑA” E “TILO O FERREIRO”.

lastscan1   2005 2
1.- "Lola a Rodiño".- 2.- "Tilo o Ferreiro"
Hoxe  ás 13.30 horas tivo lugar no Paseo da Calzada a inauguración da Festa da Vieira por parte do patrón maior Benito Gonzalez e o Alcalde Touris. A carpa de degustación está situada no Paseo de Calzada ata o domingo incluído.
No xantar de confraternidade que fai este ano a Confraría, serán homenaxeados dous personaxes que fixeron historia en Cambados a mariscadora e loitadora “Lola a Rodiña” e “Tilo o Ferreiro”, a primeira porque foi unha das grandes impulsores  para que os mariscadoras teñen os dereitos que agora teñen e unha gran defensora do Serrido, e Tilo porque foi o impulsor e creador dos rastros das vieiras, un máis que merecido recoñecemento.
Texto: Chon.- Fotos: "Cambados O mar" e Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 12 de setembro de 2008.-

JUAN ANTONIO HORMIGÓN PRESENTA O SEU LIBRO EN CAMBADOS

UNHA ESTENSA OBRA SOBRE VALLE INCLAN

HOXE AS OITO NO PARADOR.

Carro - esquerda  . e Allegue coa obra de Juan Antonio Formigónhormigon

1.- Anabel e Allegue presentando o libro noutro foro2.- ´Juan Antonio Hormigón.

O municipio de Cambados acolle hoxe a presentación oficial da primeira biografía cronolóxica de Valle-Inclán, elaborada por Juan Antonio Hormigón. O acto, organizado pola asociación Amigos de Valle, terá lugar ás oito da tarde no Parador.

«Trátase dunha obra bastante extensa que se editou en tres volumes. é moi obxectiva e pormenorizada», explicou onte a primeira tenente alcalde de Cambados, Anabel Carro. A edila mostrouse encantada de que o municipio acollese a presentación deste volume, pois nos parecen unha idea excelente para recuperar a figura de Val en Cambados, xa que viviu aquí cinco anos».

Texto e fotos: A Voz de Galicia.

————————————————————

Cambados 11 deSetembro de 2008

A REVISTA RETRANCA LÉMBRASE DE CAMBADOS

NO SEU DERRADEIRO NÚMERO O ALBARIÑO SAE CITADO

UN INGREDIENTE DUN CÓMICO PATE

lastscan   nuevo-2

1.- www.revistaretranca.com (Preme na imaxe para vela ampliada)

No derradeiro número da revista "Retranca" www.revistaretranca.com  , nunha  das súas paxinas publícase un famoso pate, no que o "Albariño de Cambados" é un dos seus ingredientes. A revista retranca presentouse en Cambados non fai moito da man de Kiko da Silva, e unha revista que paga a pena ler.

Texto: Chon.- Fotos:  www.revistaretranca.com .

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s