HUMOR RETRANQUEIRO: ¿UNHA ESTADISTCA DESFAVORABLE É UNHA INFORMACIÓN “COM PUTADA”?

 Cambados 7 de Setembro de 2008
O GRUPO DE GAITAS UNHA GRANDE CHEA NA FEIRA FRANCA 2008
ANIMACIÓN E COLORIDO
UNHA GRANDE FESTA MEDIEVAL

O GRUPO DE GAITAS UNHA GRANDE CHEA NA FEIRA FRANCA 2008 (13)  O GRUPO DE GAITAS UNHA GRANDE CHEA NA FEIRA FRANCA 2008 (15)  O GRUPO DE GAITAS UNHA GRANDE CHEA NA FEIRA FRANCA 2008 (33)
1.2.3.- Varios intres da noite en Pontevedra.
O Grupo de Gaitas de Unha Grande Chea desprazouse na tarde noite do sábado a  capital da provincia , para gozar da Feira Franca,  vestidos de gaiteiros de época. Alí estivemos animando as rúas coas nosas gaitas e facendo pasar ben a xente por onde pasabamos. Unha boa experiencia, que de seguro esperamos repetir no vindeiro ano. Podedes ver máis fotos da nosa estancia en Pontevedra “ As nosas fotos…As vosas fotos”.
Texto: Domin.- Fotos: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 7 de setembro de 2008.

NOVA SECCIÓN DE www.mundofotos.net/iriaribadomar
TECNICO SUPERIOR EN PROXECTOS E DIRECCIÓN DE OBRAS E DECORACIÓN.
DESEÑOS EN 3D

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS IRIA RIBADOMAR (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS IRIA RIBADOMAR 3 UNHAGRANDECHEA CAMBADOS IRIA RIBADOMAR

1.2.3.- Fotos en tres D de diversos deseños de Iria.

Trátase de infografías dos deseños que fago no meu actual traballo.
O que xa a visitou algunha vez notará un cambio grande na apariencia da páxina, o formato cambiou, pero bueno, o importante e o contido. Parece ser que agora é máis funcional…
Texto: Iria Ribadomar.- Fotos:

www.mundofotos.net/iriaribadomar

————————————————————

Cambados 6 de Setembro do 2008.

FESTA DA VALVANERA

NUN TEMPO FORON DAS MELLORES FESTAS DO CONCELLO.  " A CHINA EN FESTAS".

vALVANERAvALVANERAvALVANERAvALVANERAvALVANERAvALVANERA

 

Ata fai non moitos anos, San Bieito encargábase de inaugurar o apertado calendario de festas estivais en Cambados e a virxe da Valvanera, de despedir as celebracións da tempada estival, sen esquecer a Festa da Vieira.

O programa de actos para hoxe prevé actividades para os maiores e para os máis pequenos. Os infantes serán os protagonistas a partir das cinco desta tarde, cando se celebren regatas de embarcacións tradicionais, máis coñecidas como loros. Haberá tamén as entrañables cucañas.

Terá lugar a tradicional verbena. De pór a música encargaranse orquéstralas Grupo Latino e Mar de Prata. A partir da media noite, presentarase á nova raíña das festas e ás damas que a acompañarán durante este ano. A gañadora do certame foi Cristina Fernández Durán.

Pero sen dúbida o día grande dos festexos será mañá domingo. A banda de música de Castrelo e os grupos de gaitas anunciarán desde ben cedo as celebracións.

Texto: A Voz. Fotos: Comisión de Festas A Valvanera.

————————————————————

Cambados 5 de setembro de 2008
I XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GALEGAS”YOU TUBE”
 ¡¡¡GALIZA CELEBRA A AMIZADE!!!
unhagrandechea (1) unhagrandechea (2) unhagrandechea

A vindeira data do SÁBADO 18 DE OUTUBRO DE 2008 celébrase na cidade galega anfitriona de Lugo a I XUNTANZA DE AMIGOS DAS CANLES GAEGAS DO”YOU TUBE”.
Un sono de amigos,un ansiado proxecto de confraternización organizado polas canles Galegas de ”Edelmiro007”,”XOANARCODAVE LLA” e ”Papigil”,co gaio dunha oportunidade para coñecernos e disfrutarmos XUNTOS dunha boa xornada á galega na compaña dos bos Amigos,boa comida,boa bebida e…¡foliada!.
¡COMO TEN QUE SER!
Tódolos amigos das Canles Galegas do ”You Tube” QUEDADES CONVIDADOSA ASISTIR e gratificarnos coa vosa inestimábel participación.
Para asistires ou realizar calquera consulta que se vos precie,contactar coas Canles Galegas organizadoras:
*Canle galega”Edelmiro007”: http://es.youtube.com/Edelmiro007
*Canle Galega”XOANARCODAVELLA”:
http://es.youtube.com/XOANARCODAVELLA 
*Canle Galega”Papigil”: http://es.youtube.com/papigil 
A DATA LÍMITE PARA SE INSCRIBIR É O LUNES DÍA 29 DE SEPTEMBRO DE 2008
Texto e fotos: as devanditas canles de you tube.
————————————————————

Cambados 5 de setembro de 2008
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
CHOURIZO FILMS E X-TRUME
"A FOFITIS" E "IMAXES DE GALIZA" DISTINTOS PERO MOI BOS OS DOUS VÍDEOS.

                       
Dous videos distintos de dous dos grupos que tanto admiramos a par que queremos Chourizo Films e X-Trume, ogalla que cada ún no seu terreo cheguen o máis alto que poden chegar. O Video de Chourizo é unha homenaxe a David Martinez "Pildorilla", e o de X-Trume é unha homenaxe a nosa Terra. Disfrutadeos. Se por calqueira razón nos podedes ver ben nesta páxina podedes velos en http://es.youtube.com/watch?v=sNJ1brzKyQY  e en http://br.youtube.com/watch?v=3cc29DuR6Ck .
Texto: Chon.- Videos: Chourizo Films ( http://br.youtube.com/user/Chourizofilms ) e X-Trume ( http://br.youtube.com/user/XTRUMEE )
————————————————————

Cambados 4 de setembro de 2008
unhagrandechea cambados rif
9_anos_RIF-ROCK_program_7-2_mini9_anos_RIF-ROCK_program_7-2_mini9_anos_RIF-ROCK_program_7-2_mini9_anos_RIF-ROCK_program_7-2_mini9_anos_RIF-ROCK_program_7-2_mini9_anos_RIF-ROCK_program_7-2_mini
 

XA ESTA LISTO O PROGRAMA DE CONCERTOS PARA CONMEMORAR O 9º ANIVERSARIO DO RIF-ROCK ESTE MES DE SETEMBRO (ainda que xa sabedes que foi o 2 de Xullo non?)
Sábado 13:

O Salvaxe e divertido directo de“LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE”
[+ LaLorre Incorporated dj.Set]
Sábado 20:
“INCOMODO” e os seus Engranaxes Musicais a Presión
nos que a electrónica se mesturan co clasicismo e a improvisación
Venres 26:
unha nova actuación da fabulosa i exclusiva
“RIFROCKERZ BLUESBAND” (Paco Charlín + Piti ‘drumz’ + Sito Suárez)
+Jam Session
*Tódo-los concertos comezan ás 23:30h.
Pero ademáis estade atentos a tóda-las sesións especiais que irán anunciando  en http://www.rifrockerz.blogspot.com/ 
cada semana, pop, garage, homenaxe a Hendrix, e moito máis en setembro, no Rif-Rock…Non faltedes.

Texto e imaxes: http://www.rifrockerz.blogspot.com/ 

————————————————————

Cambados 3 de Setembro de 2008                                

Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés

Rúa dos Olmos 21. 36630 Cambados. Pontevedra

       XII XORNADAS PEDAGÓXICAS DO SALNÉS

 

DATAS DE REALIZACION

15, 16, 17, 18 e 19 de setembro de 2008

HORARIO

de 16,30 a 20,30 horas

LUGAR DE REALIZACIÓN

I.E.S. Asorey. Cambados (Pontevedra)

Nº DE HORAS DA ACTIVIDADE

20 horas

MATRÍCULA:

10 euros+viaxe a Sávora

 

O tema central é a auga, aproveitando a oportunidade deste ano

 

PROGRAMA

1ª Sesión:  4,30- 6 da tarde

2ª Sesión:  6,30– 8,30 da tarde

Luns 15 de setembro

EXPERIENCIA:

Situación do río Umia

Traballo de estudo do río desenvolvido polo Colectivo Ecoloxista do Salnés dentro do “Proxecto Ríos”

Mª del Carmen Sánchez Martín e Raquel González García.

 

CONFERENCIA

A auga na cultura popular

Ramón Mariño Ferro

Etnógrafo e profesor da Universidade

de Santiago de Compostela.

 

PROXECCIÓN DO AUDIOVISUAL:

“Auga-pedra” montaxe de Adela Leiro

Martes 16 de setembro

EXPERIENCIAS: A AUGA

A AUGA DA VIDA,  un proxecto de traballo na biblioteca:

Experiencias en Educación Infantil e Primaria.

C.E.I.P. San Tomé-Cambados

Coordenado por Adela Ibáñez Ogando e Elvira García Sumay.

Mércores 17 de setembro

FOTOGRAFÍA DA PAISAXE E DA NATUREZA

Saída práctica para traballar distintos aspectos da fotografía na natureza: paisaxe, elementos, detalles, luz…

Mónica Ferreirós Vila e Carlos Puga Gómez

Xoves 18 de setembro

EXPERIENCIAS:

Montaxe de fotonovelas

Experiencia de 4º de ESO

Javier Gago

profesor de Plástica do I.E.S. Francisco Asorey.

 

OFICIOS TRADICIONAIS

O talabarteiro

Alfonso Blanco Lage, de Maceda

Proxección de videos, presentación dun libro e demostración do traballo e dos materiais elaborados.

Venres 19  de setembro

Visita guiada á Illa de Sávora (Parque Nacional Illas Atlánticas)

Manuel Domínguez Rey, Marta Lois Silva

De luns a venres: Exposición:

TRABALLOS ESCOLARES SOBRE A AUGA

 

 

                                

Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés

Rúa dos Olmos 21. 36630 Cambados. Pontevedra

 

CURSO: inicición á vela para o profesorado

 

ORGANIZACIÓN

Asociación de  Ensinantes do Salnés (Candea) e LICEO MARÍTIMO DE VILAGARCÍA

CONTIDOS

·       Manexo dunha embarcación a vela. Principios teóricos e prácticos.

·       Estudo dos principios físicos relacionados coa navegación.

·       Estudo da ría de Arousa:

DATAS DE REALIZACION

22, 23, 24, 25 e 26 de setembro de 2008

HORARIO

das 16 ás 20 horas,

LUGAR DE REALIZACIÓN

Peirao de pasaxeiros de Vilagarcía, nas instalacións de Clube de Mar do Liceo Casino.

Ría de Arousa, inclúe visitas a Cortegada e O Neixón (Rianxo).

 

Nº DE HORAS DA ACTIVIDADE

20 horas

 

Nº MÁXIMO DE PRAZAS

ata 20

 

RELATORES

Álvaro Paz tarrío, ESTEBAN GAÑETE BORRAGEIROS, EMILIO PATIÑO DEL VALLE.

inscripcións

Tf 986520161, 986520407, 986501919

matrícula

50 euros (inclúe seguro)

observacións

Levar desde o primeiro día roupa axeitada para o mar e algo para cambiarse no caso de molladura e unha toalla.

Texto: Candea.

————————————————————

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s