Cambados 3 de Setembro de 2008
UN ANXO "VOOU" DAS RUÍNAS
UN DEBUXO DE 1957 CONSTATA A SÚA PRESENZA
NA ACTUALIDADE HAI UN ENORME BURACO.
1.- Debuxo de "Reina?".- 2.- Foto na actualidade.
Moncho Botana sempre anda a procura de imaxes de internet sobre Cambados, estes días atopou a que vedes arriba, tratase dun debuxo de tinta dun tal "Reina?" segundo se pode deducir da súa sinatura, no que na súa marxe superior dereita apreciase claramente a cabeza dun anxo (sinalado cunha frecha vermella), comprobeino onte persoalmente quitando unha foto o mesmo lugar e puiden apreciar que a cabeza do anxo non existe e no seu lugar hai un grande buraco, a "desaparición" é de fai algún tempo, pero a gran pregunta é: ¿Cómo desapareceu ese anxo?
Texto: Chon.- Debuxo "Reina?" (facilitado por Moncho Botana) Foto: Unha Grande Chea.
————————————————————
Cambados 1 de Setembro de 2008
TRES NOVOS ÁLBUMS DE FOTOS
FOTOS DE UNHA GRANDE CHEA CON FAMOSOS, POPULARES, POLÍTICOS ETC.
FOTOS DO 3X3 E DO PREGÓN DE CARLOS RÁBADE
1.- Co Presidente da Xunta. 2.- Con Pele.- 3.- Con Moncho Borrajo.
Dende o mes pasado que non podiamos subir fotos a sección de "As nosas fotos…As vosas Fotos", porque coa Festa do Albariño habiamos esgotado o espazo que nos daban para o mes. Cumprida a "pena", subimos un álbum que nos consideramos moi interesante onde podedes ver fotos de membros de Unha Grande Chea co Presidente da Xunta, co Vicepresidente da Xunta, con Pele, con Moncho Borrajo , con Marlene Morrau, co Alcalde Touris, e un longo etc.. logo tamén subimos algúnhas fotos do campionato de Basket 3X3 e do pregón do no querido Carlos Rábade na seu pobo natal, ademáis engadironse cento e pico fotos máis o almbun de Hadrián Cores do Albariño. Dende aquí animamos a todos os que queirades que se publiquen as vosos fotos de algún acontecemento ou festa, para que nos las enviedes o noso correo.Tamén advertimos que se algúen sae nunha foto publicada neste espazo e por calqueira circunstancia non quere salir, non ten máis que poñelo no noso coñocemento e inmediatamente retirase a fotografía.
————————————————————
Cambados 31 de Agosto de 2008
NOVO VÍDEO CLIP DE UNHA GRANDE CHEA
"O ESCUDO" É A CANCIÓN QUE SERVE DE SOPORTE.
CANCIÓN DE CEGO QUE FOI A ESTRELA DO ENTROIDO DE 1987.
1.- Foto do antroido de 1987 co panel confeccionado por Mon Daporta.- 2 e 3.- Dous fotogramas do devandito panel.
Un accidente dun camión con pluma o chocar contra a única ponte da praza de Fefiñans no ano 1987, causando danos no seu escudo foi o que nos dou pe a facer unha das mellores letras da nosa comparsa, de xeito gracioso e con música de cego contase o ocorrido no accidente e a consecuencia do mesmo. Dicir a modo de anécdota que nun bar de Cambados onde cantamos a canción estaba o propio autor do sinistro o cal nos invitou a unhas botellas de albariño. Podedes ver o videoclip que inclue tódalas viñetas do panel de cego , arriba en videos.
Texto: Chon.- Fotos: Unha Grande Chea.
————————————————————
Cambados 31 de Agosto de 2008
A PELICULA “SABELA DE CAMBADOS” CUMPRE 60 ANOS
FOI RODADA EN 1948
DIRIXIDA POR RAMÓN TORRADO
1 e 2.- Dúas carteleras da pelicula "Sabela de Cambados"
Ala polo 1948, cunha duración de 95 minutos e baixo a dirección de Ramón Torrado rodouse a película “SABELA DE CAMBADOS”, particpando como actores principales Maria Fernanda Ladrón de Guevara, Amparo Ribelles, Jorge Mistral e Fernando Fernández de Córdoba entre outros, a producción correu a cargo de Suavia Films-Cesareo González, o film estrenouse o 14 de febreiro de 1949 no Cine Avenida de Madrid. Trátase dun drama preto dun amor abnegado. Un mozo namorado a unha muller que prefire a outro, emigra a América para esquecer o seu fracaso e buscar fortuna. Cando regresa tras moitos anos de ausencia, atópase que Sabela é infeliz debido a que o seu marido e o seu fillo son dous lerchos vividores que non dan nin golpe e dilapidan a fortuna das súas conxugues. Juan, o agora rico indiano, non quere aproveitar a situación e mal meterse no fracasado matrimonio, por contra, decidirá intentar convencer ao díscolo marido de que abandone a vida de disolución moral que leva e faga feliz á súa boa esposa. Pese o titulo a película non foi rodada ningunha escena en Cambados, os exteriores filmaronse en Santiago e na Coruña.
Texto: Internet.- Fotos: Imaxes Google.
————————————————————
Cambados 30 de Agosto de 2008
CON DE XIDO A ALACANTE
NESTE MES DE SETEMBRO
INTERCAMBIO CULTURAL CO GRUPO DE DANSES CENTENER DE VILA JOIOSA
1.- Susa, pandereteira de Unha Grande Chea tamén forma parte de conde Xido.- 2.- Formación de Conde Xido.
Os integrantes do grupo folclórico Con de Xido devolverán en setembro a visita ao Grupo de Danses Centener de Vila Joiosa e viaxarán a Alacante, no marco do intercambio folclórico no que ambos están participando.
O grupo alacantino estivo en Cambados ata fai uns días participando nun festival folclórico que convenceu aos cambadeses. Ademais, tiveron ocasión de coñecer os lugares máis emblemáticos da comarca do Salnés e gozar da amabilidade dos habitantes desta zona.
O intercambio cultural no que participa Con de Xido desenvólvese co patrocinio do Concello de Cambados e co apoio da Deputación de Pontevedra, o que lles permite coñecer outras paraxes.
Texto: Diario de Arousa.- Fotos: Unha Grande Chea e Con de Xido.
————————————————————
Cambados 30 de Agosto de 2008
LIBRO PARA LER: “AVOS”
DE CHEMA HERAS
RESIDENTE EN CAMBADOS
1.- Chema Heras e Rosa Osuna.- 2.- Portada do libro "Avós".
Hoxe presentámosvos unha marabilla de libro, aínda que quizá non destaque tanto polo seu formato ou pola súa tradición, é unha delicia, un libro cunha historia moi tenra. "Avós" (Abuelos) é o seu título.
Dous avós decátanse de que vai haber baile no pobo, e o avó mételle présa á súa muller xa que ten moitas ganas de ir, aínda que ela non está do todo convencida. Unha historia de aceptación do paso do tempo, tenra e doce como poucas. Un libro que nos ensina o poder do amor e o respecto a pesar do paso dos anos.
Chema Heras é o seu autor é profesor de inglés e vive en Cambados, e escribiu libros para o ensino da lectura en galego e tamén outros para o Departamento de Educación de Nova Gales do Sur durante a súa estancia en Australia. Nacido en Avila en 1957 é un dos personaxes máis recoñecidos da actualidade, no noso país, e tamén no estranxeiro. As ilustracións son de Rosa Osuna.
Texto: Chon.- Fotos: A Voz de Galicia e Imaxes Google.
————————————————————
Cambados 30 de Agosto de 2008
TENIS DE MESA DE ALTURA EN CAMBADOS
XXXII EDICIÓN DO TORNEO DO ALBARIÑO
ORGANIZA TENIS DE MESA CAMBADOS
1.- Raquel Martinez.- 2.- Karoll Hasek.- 3.- Ñajo Padin
Os principais equipos galegos e varios conxuntos de Portugal danse cita esta fin de semana non pavillón de San Tomé na trixésima segunda edición do Trofeo Albariño de Tenis de Mesa. Un torneo organizado polo Cambados T.M., e que conta coa colaboración do Concello de Cambados, ou Salnés T.M., a Deputación de Pontevedra e mais a Fundación Deporte Galego, dependente dá Dirección Xeral para ou Deporte dá Xunta.
Na xornada de hoxe competirán vos raquetistas dás categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e veterán. Entre a representación local, parten con opcións de podio Paula Padín e Andrea Chaves, en benxamín feminina, Martín Regueiro, en alevín masculina, Raquel Martínez e Cristina Barreiro, en infantil feminina, Eduardo Barreiro e Fernando Padín, en cadete masculina, e Ñajo Padín, en veterán.
Mañá será ou quenda dá categoría absoluta. Nela, e cos mellores xogadores de Galicia e do norte de Portugal en competición, Karol Hasek será a principal baza do Cambados T.M.
O Trofeo do Albariño comezará ás dez dá mañá, e prolongaráse ata iso dás dúas dá tarde, para completar a súa primeira xornada desde as catro ata a última hora dá tarde.
Texto: A Voz de Galicia.- Fotos: Tenis de Mesa Cambados.
————————————————————
Cambados 29 de Agosto de 2008
OUTRO CARBONCIÑO DE LLORENS SOBRE CAMBADOS
DESTA VEZ TRATASE DA CAPELA DO HOSPITAL
FOI REALIZADO EN 1924.
1.- Carbonciño da Capela do Hospital de LLorens (1924).- 2.- Capela do Hospital na actualidade.- 3.- Pintor Llorens
Lembrabamos o mes pasado que en 1924, Lloréns viaxou coa súa muller a Cambados. Alí realizou unha serie de apuntes, dos cales algúns, serviron de base a óleos, pintados posteriormente. Nesta ocasión LLorens fai unha composición da Capela do Hospital , ten un punto de vista baixo, case a nivel de chan. As casas que aparecen representadas, están realizadas dun modo lineal e xeométrico, contribuíndo a crear a sensación de profundidade e perspectiva da rúa. Francisco LLorens Diaz, naceu na Coruña en 1874, se no coñeces podeslle dar un repaso a súa biografia en http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Llorens_D%C3%ADaz
Texto e fotos: Moncho Botana.
————————————————————