HUMER RETRANQUERIO: O ÚNICO QUE FRENA A CAIDA DO CABELO É O CHAN.

Cambados 28 de Agosto de 2008
VENRES 29 DE AGOSTO EN PAZO DE TORRADO
DANZAS AFRICANAS
UN ESPECTÁCULO EXÓTICO E DE COLORIDO

Mañá venres 29 de Agosto de 11 a 13 horas un espectáculo exótico e de colorido vai ter lugar no Pazo de Torrado, este leva por nome "DANZAS AFRICANAS". Este espectáculo serve para dar fin as actividades infantís que se viñan desenrolando no Pazo de Torrado e organizadas polo Concello de Cambados.
Texto: Concello de Cambados.- Fotos: Imaxes Google.
————————————————————

Cambados 28 de Agosto de 2008
TOP TEN CAMBADOS YOU TUBE

————————————————————

Cambados 28 de Agosto de 2008
X-TRUME E O ALBARIÑO
VÍDEO DE ALGÚNS MEMBROS DESTE GRUPO
FEITO E REALIZADO POR ELES MESMOS.
1.- Un fotograma do vídeo.

Algúns compoñentes de X-Trume fixeron un vídeo no que se nota que non o pasaron nada mal no Albariño gozando da festa ata o dia seguinte, divertidos, dicharacheiros, musicais, este ano botamos de menos non haber estado con eles, pero tempo haberá para facelo, para ver o vídeo non tedes máis que premer na seguinte ligazón: http://br.youtube.com/watch?v=YFXrMZqVXr4 .
————————————————————

Cambados 27 de Agosto do 2008

GARAJE JACK EN CONCERTO

O VENRES EN CLIMAX

VENTA ANTICIPADA DE ENTRADAS EN PUB A LERIA ,  PUB TETUÁN e RIF ROCK.

1.- Garaje Jack

GaraJe Jack é unha banda de rock de Madrid que comezou a súa andaina en 1998. Sempre focalizou a súa enerxía no directo e pronto se fixo asiduo a todas as salas do foro sendo o grupo que mais veces actuou na sala Siroco.  se Foi abrindo paso a base de convencer nos concertos a publico, critica e medios: Cunha formación de guitarras, baixo, batería e voz, Garaje Jack encárgase de recordarnos, nestes tempos de fría musica electrónica e ante a ameaza do retorno do "plomizo" rock progresivo, que hai que preservar o feeling e o nervio do rock, así como a súa esencia intensa, apaixonada e sincera.  Os que non coñezades a este grupo arriba en videos tedes o seu derradeiro video clip.

Texto: El Pais.- Foto:  www.garajejack.com

————————————————————

Cambados 27 de Agosto de 2008

O GALEGO É O NOSO IDIOMA

COMO ASOCIACIÓN CULTURAL É A NOSA OBRIGA DEFENDELO

A VECES É ATACADO INXUSTAMENTE

          

1.- Armindo Iglesias o "Cura de Vedra".- 2.- O filósofo George Steiner.

 

Dúas claros exemplos delo son os ataques que acabe de recibir por dúas persoas da vida publica un cura e un filosofo. O Cura de Vedra na “hojita parroquial” viña dicindo pouco máis ou menos que había que eliminalo o curioso é que o 86% dos seus feligreses usan o noso idioma, namentres o filosofo George Steiner facía unha comparanza pexorativa  co catalán deste calibre “…Pero non me compare o catalán co galego! O catalán é un idioma importante, cunha literatura impresionante…” e logo o galego non ten unha literatura impresionante Rosalia, Curros Enriquez, Eduardo Pondal, Cabanillas  e un longo etc.  O que está claro é que poñerlle portas a cultura é un erro,  veña de onde veña.

Texto Chon.- Fotos: Imaxes de Google

————————————————————

Cambados 27 de Agosto de 2008.

SEMINARIO DE INICIACIÓN Á CREACIÓN DE EMPRESAS NO RURAL

IMPARTIRASE NO CENTRO COMARCAL DO SALNES

UNHA INICIATIVA DE AGADER

1.- Centro Comarcal do Salnés.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) en colaboración coa Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza, dependente da Consellaría do Medio Rural organizan, en 8 centros comarcais de todo o país, unha ronda de seminarios de creación de empresas no rural. O Centro Comarcal do Salnés acollerá o “seminario de iniciación á creación de empresas no rural” os venres 19, 26 de setembro e 3 de outubro en horario de tarde (17-21 h.). Máis información no Tf.: 986 526013.

Texto: Centro  Comarcal do Salnés.- Foto: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 26 de Agosto de 2008
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
"A GRAN MOLLADURA"
DE "CHOURIZO FILMS"
               
 
Falando de Chourizo Films dende Unha Grande Chea, queremos darlle os nosos parabéns a David Martinez coñecido na Leria como "Pildorilla", o Ironman cambadés, xa que en breve comeza unha das carreiras máis duras da súa vida "O Matrimonio". ¡¡¡Ánimo David!!!
————————————————————
Cambados 26 de Agosto de 2008
EXPOSICIÓN DE MAQUETAS ARTESANAIS
NO PAZO DE TORRADO
POR RAMÓN PAZOS TORRES
  
1, 2, 3.- Varias maquetas de Ramón Pazos Torres

A partires do día 21 de Agosto está aberta a exposición de Maquetas Artesanais no Pazo de Torrado e ata o 14 de Setembro de Ramón Pazos Torres, a maior parte das súas obras están baseadas nas embarcacións tradicionais galegas como poden ser os barcos de pescar e de viaxeiros, pódese visitar toda a semana de 11 a 13 h. e de 17 a 20 horas agás o domingo pola tarde.

Texto: Chon.- Fotos: Ramón Pazos Torres
————————————————————

Cambados 26 de Agosto de 2008
OUTRA PÁXINA DIVERTIDA

1º.- Preme na dirección de abaixo.

http://www.star28.net/snow.html   

2º.- Escribe o teu nome no recadro branco donde pon a palabra: Message

3º.- Preme donde pon:  Submit

4º.- Xa verás que cousa máis refrescante.

Grazas a Juan Maceiras por enviarnos este simpático correo.

————————————————————

Cambados 25 de Agosto de 2008.
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
II REGATA CALMOSEIRA
A REGATA VISTA DENDE A AIREXA.

De todo este fin de semana tan prolífico en acontecementos en Cambados, destacamos, porque participamos nel activamente,  a II Regata Calmoseira organizada pola Asociación do mesmo nome. Partimos as 12 da maña do peirao de San Tomé abordo dunha dorna das antigas con mais de 100 anos na súa quilla, e cun cariño especial pois esta embarcación fora propiedade dun dos fundadores de Unha Grande Chea o inesquecible "Tito Silva",  patroneada por Fernando Pombo e dos contramestres Beni, Cesar e Nolo, e o cámara de Unha Grande Chea, filmamos a carreira por gran parte da nosa ria incluído o "sprint" final das duas dornas vencedoras. Despois veu o xantar no Bar Xeito con sardiñas, xurelos, churrasco e gaiteirada a cabo de Os Resesos e Unha Grande Chea, foi un verdadeiro pracer navegar na Airexa e pasar un día con xente do mar, esperamos que vos guste o vídeo.

 
                  
Se por calqueira circunstancias non ves o video con normalidade dende esta paxina preme directamente neste enlace:   http://www.youtube.com/watch?v=k7hvNe-zLC4
Texto: Chon.- Video: Unha Grande Chea.
————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s