HUMOR RETRANQUEIRO: OS MOCOS DOS CATIVOS VERANEAN NA MANGA.

Cambados 12 de Agosto de 2008
O DIA 15  VINDEIRO, DOBLE ESPECTÁCULO EN FEFIÑANS
DUNHA BANDA CON DE XIDO E GRUP DE DANSES CENTENER E DOUTRA BANDA CLOWNING
DANZA E TEATRO TODO NUN.
unhagrandechea cambados condexido tricicle (1)    unhagrandechea cambados condexido tricicle   unhagrandechea cambados condexido tricicle (3)  
1.- Con de Xido.- 2.- Grup de Danses Centener.- 3.- Clowning.

O día quince hai doble función na praza de Fefiñans por un lado, ás 21 h.  o intercambio cultural dos grupos folclóricos Conde de Xido de Castrelo e Grup de Danses Centener de la Vila Jiosa, e posteriormente o espectáculo Sit da Compañía Clownic dirixida por Triciclo, patrocinada pola obra social Caixanova e dentro das actividades que organiza o Concello.

Texto: Programa do Albariño.- Fotos.- Con de Xido.- Paxinas web de Centener e Tricicle.

————————————————————

Cambados 12 de Agosto de 2008.
PUB A LERIA
LICENCIATURA 2003/2008
"COPEIROS MAIORES DO REINO"
1218522438787_f
1.- Licenciatura 2003/2008

A Universidade da Leria acaba de licenciar a Promoción "Copeiros Maiores do Reino" a todos os que pasaron por ese xa mítico Pub dende o 2003 o 2008 a traballar servindo copas, na orla xuntos cos mestres Rubi e Pichón, podemos ver a Mónica, Danilo, Ramón Lolita, Palowi, Beni Pres, Beni Pomares, Pilaruca. Kike, Tinich, Bea, Manu Fari, Mel, Rosa Carol, Laura, Maria Mariña, Quechi e Cuqui. A todos eles parabéns pola súa licenciatura.

Texto: Chon. Foto: www.fotolog.com/dr_greg_house69

————————————————————

Cambados 11 de Agosto de 2008
CINE NA RÚA
"THE HOLIDAY" NO PAZO DE TORRADO
O XOVES ÁS 22.00 HORAS
CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA THE HOLIDAY (2)   CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA THE HOLIDAY (1)   CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA THE HOLIDAY
1.- Cartafaz do film.- 2.- Os protagonistras Cameron Diaz (Amanda Woods), Kate Winslet (Iris Simpkins), Jude Law (Graham), Jack Black (Miles).- 3 O Pazo de Torrado.

Ás 22 horas do vindeiro xoves 14 de Agosto no Pazo de Torrado, "CINE NA RÚA", coa proxección  da película "THE HOLIDAY , unha comedia romántica, podes ver, trama, actores, etc, na seguinte ligazón http://www.labutaca.net/films/47/theholiday.htm  , patrocinada pola obra Social Caixanova e dentro do programa de actos da Festa do Albriño.

Texto: Chon.- Fotos. "Internet".

————————————————————

Cambados 11 de Agosto de 2008
MONCHO BOTANA E A "REDE"
ATOPA UN CARBONCILLO DO PAZO DE FEFIÑANS
O AUTOR É O DEBUXANTE TONI CONEJO
cambados unhagrandechea toni conejo    cambados unhagrandechea toni conejo (1)     CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MONCHO BOTANA
1.- Carbonzillo da Praza de Fefiñanes. 2.- Toni Conejo autor do debuxo.- 3.- Moncho Botana localizou o mesmo.

O noso Amigo Moncho Botana, xubilado él, sempre anda buscando cousas na "rede" e abofé que atopa curiosidades dignas de mención como un debuxo a carboncillo do Pazo de Fefiñans dun tal "Toni Conejo", un afamado pintor , catedrático de debuxo  nado no 59, podes ver o seu curriculum na seguinte liagazón http://conejo.ws/hojas/curriculum/curriculum_web.htm . 

Texto: Chon.- Fotos Página de Toni Conejo e Eduardo Apariz.

————————————————————

Cambados 10 de Agosto de 2008

UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:

XI CONCENTRACIÓN DE MOTOS VELLAS DO SALNÉS

SAÍDA DENDE A PRAZA DE FEFIÑANS DE CAMBADOS

CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLASCAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS (2)CAMBADOS UNHAGRANDECHEA MOTOS VELLAS (1)

1.- Os organizadores coa Concelleira de Cultura.- 2.- A xoia da Concentración.- 3.- Roberto , de Unha Grande Chea, tamén participou no evento.

Hoxe tivo lugar no incomparable marco da Praza de Fefiñans de Cambados a saída da XI Concentración de Motos Vellas do Salnés, alí podemos ver os organizadores do evento como o Concellal Rafael Guerrero, Amancio Horro, Piti, Portas etc, e un gran número de participantes, entre os que se atopaba  o noso Roberto Cababelos que tamén participou no evento. A saída oficial douna a Concelleira de Cultura Anabel Carro. Unha Grande Chea TV estivo  alí e preséntavos esta reportaxe , na que respetamos o son das motos vellas porque de verdade era espectacular.

         

Texto: Chon I.- Fotos: Diario de Arousa e Unha Grande Chea.- Video: Unha Grande Chea.

————————————————————

Cambados 10 de Agosto de 2008

O 3X3 DO 2008 EN MARCHA

ANEDEGA E EMBAIXADA PRUSIANA ABREN O PERIODO DE INSCRIPCIÓN

ESTE ANO PREVEESE UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA.

samp6f6f5b5d3247cfd3 nuevo-14 nuevo-26

1.- Anedega + Embaixada Prusioana toman a dianteira.- 2.- Ramón Falcón un dos organizdores do evento,. ·.- Richar de Unha Grande Chea, participou na anterior edición.

ANIDEGA +
EMBAIXADA PRUSIANA presentan:
3º Torneo de BASKET 3×3. SÁBADO 23 de AGOSTO CAMBADOS, NO APARCAMENTO DO PASEO MARÍTIMO DE SANTOMÉ. O LUNS ÁBRESE O PERÍODO DE INSCRICIÓNS QUE PODEDES FORMALIZAR NOS SEGUINTES LOCALES, E NOS QUE PODEREDES CONTEMPLAR AS BASES:
RIF-ROCK, TETUÁN. A LERIA e CONTINENTAL.

Texto: Organización.- Fotos: Montaxe de Unha Grande Chea. Fotogramas da reportaxe de Chourizo Films.

——————————————————–

Cambados 10 de Agosto de 2008

UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:

A FESTA EROPEA DO VIÑO E O RASTRILLO.

AMBOLOS DUAS EVENTOS FORON NA CALZADA.

       

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s