TAMÉN ESTIVERON PRESENTES, MONTSE PRADO, TOURIS, LOUZÁN E O PRESIDENTE DO CONSELLO REGULADOR.
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
HOXE INAUGURASE A MELLOR FESTA DO MUNDO
O ALBARIÑO É PARA OS CAMBADESES O "SÚMMUM"
O CONSELLEIRO SUÁREZ CANAL INAUGURA A FESTA.
1.- Foto do Albariño de 1987 nela podemos ver a Benito Iglesias, Jorge Castiñeiras, Suso Pombo, Mon Vieites, Chon, Fico e….Hadrián no colo do pai. 2.- Unha Grande Chea con Súarez Canal na inauguración do Albariño de 2006.- 3.- O Bar Piñeiro volta a abrir as portas polo Albariño con Manuela Aragunde o cargo, un lugar emblemático para tomar un Albariño.
Xa está aquí xa chegou, o tan ansiado Albariño comeza hoxe a súa andaina ata o domingo, todo Cambados ten unha ilusión enorme nesta festa, é a festa que nos une a todos, aínda que algúns estean empeñados en separarnos, é a festa cambadesa por excelencia. Os Cambadeses que estades foro non vos preocupar iremos contando a festa dende esta humilde páxina. Hoxe aparte de inauguración que correrá a cargo do Conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal, actuarán o Grupo de Teatro os Quinquillans polas Rúas de Cambados e o grupo Beat Road especialista en Beatles. Para Unha Grande Chea é a festa por excelencia é a única peña que sae todos días do Albariño a tope, de tódolos xeitos os anos non perdoan e cada vez costa mais, pero a base de esforzo levámola festa. ¡¡¡Felicidades a tod@s!!! . Podedes ver fotos do Martes vespera de Albariño en "Máis Albums", feitas no único bar que estaba aberto o "Bar Piñeiro".
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 30 de xullo de 2008 – FESTA DO ALBARIÑO 2008 –
MANOLO PAZ EXPÓN NO COLEXIO DE FONSECA
O ESCULTOR INTERNACIONAL CAMBADES NA UNIVERSIDADE
“A RAREAR “ É O TITULO DA EXPOSICIÓN.
1 e 2.- Unha das mellores obras de Manolo "Bosque de Menhires" e 2.- Dia da inauguración da exposición.
Ata mediados de outubro, as esculturas máis emblemáticas e persoais de Manolo Paz tomarán residencia nos xardins de Fonseca. En colaboración coa galería compstela SCQ e a Vicerretoria de Cultura da USC, a obra social Caixanova reunirá aí oito pezas realizadas entre 1990 e 2005 polo escultor cambadés de fama internacional e chalequeiro de Unha Grande Chea."A rarear" é o titulo destas senlleiras pezas coas que conviveu o artista estes quince últimos anos no seu taller. A exposición estara dende 17.07.2008 ó 12.10.2008 Santiago. Xardín exterior do Colexio de Fonseca. Horario: de martes a sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 30 de xullo de 2008 – FESTA DO ALBARIÑO 2008 –
CASA DA MUIÑEIRA, UN ENCANTO DE CASA.
EN OUBIÑA UN SITIO DE PAZ VERDOSA
UN TIPICO SITIO CONVERTIDO EN CASA RURAL
1.2.3.- Fotos da "Casa da Muiñeira.4.- Situación da mesma.
No lugar de Abilleira Nº 1, parroquia de Oubiña, Concello de Cambados, está a "Casa dá Muiñeira" unha pequena casa do ano 1800 importante naquela época xa que nas súas proximidades as xentes dos arredores achegábanse a moer nos muíños, era centro de reunións, historias, rituais máxicos e relixiosos da moenda antes de botar a fariña no saco facíase o sinal da cruz, collíase unha pouca e chuspíase sobre ela e tirábase ao chan deste xeito pensábase que a fariña estaba protexida de calquera maleficio. Se queres contactar con ela podes facelo polos seguintes medios: Teléfonos: 0034-986520851 – 0034-686022411. Email: info@casadamuineira.com ou en www.casadamuineira.com
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
———————————————————— Cambados 29 de xullo de 2008
UN MEMBRO DE UNHA GRANDE CHEA, PREGOEIRO
CARLOS RÁBADE DARÁ O PREGÓN EN RÁBADE
CO GALLO DAS FESTAS PATRONAIS DO POBO LUGUÉS.
1.- Carlos co seu gran amigo Elpidio. 2.- Carlos enfundado co chaleco de Unha Grande Chea.-3- Carlos co Presidente de Unha Grande Chea, "Fico".
Carlos Rábade Pallarés, que foi durante moitos anos Director do Colexio Público de Castrelo e actualmente inspector de educación en Lugo, e membro de Unha Grande Chea, vai ser o encargo de ler o pregón no seu pobo natal Rábade durante as festas patronais. Carlos lera o pregón o vindeiro trece de Agosto, a aínda que é home tranquilo non oculta o seu nerviosismo ante tan importante evento para él. Parabéns a Carlos es estaremos de corazón con el en Rábade.
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 29 de xullo de 2008
XA TEMOS RAÍÑA DAS FESTAS
MARÍA ROMERO DÁLLE O RELEVO A MARÍA TERESA CHANTADA
A ELECCIÓN NON PUIDO SER NA PRAZA DE FEFIÑANS E TRASLADOUSE O AUDITORIO.
1.- Maria Romero a antarior raíña do Albariño co presidente de Unha Grande Chea.-2 .- Maria Teresa Chantada e Maria Sanmiguel, as novas raíñas.
A guapísima María Romero dálle o relevo a non menos guapa María Teresa Chantada de Corvillón, a cal foi elixida nun accidentado domingo, xa que a elección estaba prevista para o domingo pola noite para a choiva impediu que o acto se celebrara no Praza de Fefiñans e o final tivo lugar a elección no Auditorio. Tamén foi elixida a raína infantil desta vez a agraciada foi María Sanmiguel. Parabéns as afortunadas.
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
———————————————————–
Cambados 29 de xullo de 2007
PONTE ARNELAS É DE VILANOVA DE AROUSA
A FESTA DE SANTA MARTA SAE NO PROGRAMA DO ALBARIÑO DESTE ANO.
NO PROGRAMA DO ANO ANTERIOR NON SAIA.
1.- Programa do Albariño deste ano.- 2.- Diario de Arousa dixital de hoxe.
A veces non entendemos cousas que vemos e que oímos e que nos gustaría que alguén nos explicara, como é que alguén confunda interesada ou desinteresadamente a localización dun lugar en concreto. Sen ir mais lonxe o Concello de Cambados inclúe no seu programa do Albariño deste ano, non así no do ano pasado, a Festa de Santa Marta como se dunha festa local se tratara, ou caso da edición dixital do Diario de Arousa que coloca a Festa de Santa Marta dePonte Arnelas na sección de Cambados. Ponte Arnelas ten o Código Postal 36614, nin tan sequera é parroquia xa que pertence a de San Xoán de Baión do Concello de Vilanova de Arousa. Non é que isto teña unha importancia suma pero "O César o que é do César …e a Vilanova o que é de Vilanova".
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf
————————————————————
Cambados 29 de xullo de 2008
O CAMBADOS B SALTA A PALESTRA
"POPI" SEGUE COMO ADESTRADOR
O PRESIDENTE RICHAR DOULLE A BENVIDA.
1.- Richar Ridixindose os xogadores.- 2.- Plantel do Cambados B con algunha que outra ausencia.
Aínda que sexa un equipo de terceira rexional traemos hoxe como nova a presentación do Cambados B, xa que a maioría deles son asiduos desta páxina. Desámoslle sorte neste nova tempada e como lle dixo o presidente o seu obxectivo non é ascender o seu obxectivo e ter os xogadores preparados para que en calquer intre poida dar o salto o primeiro equipo.
————————————————————
Podes consultar todo o programa do Albariño 2008 en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf