DUAS PEÑAS DO ALBARIÑO COMEZAN A FESTA XUNTOS CUNHA CEA

Cambados 27 de xullo de 2008

UNHA GRANDE CHEA NA “GUIA CICERONE”

A GUIA FAI UN CUMPLETO REPASO DA FESTA

UNHA GUIA DE “LUXO”.

CAMBADOS UNHAGRANDECHEA (1) CAMBADOS UNHAGRANDECHEA (2) CAMBADOS UNHAGRANDECHEA

1.- Portada da "Guia Cicerone. 2.- Páxina adicada as Peñas.- 3.- Foto que publica a revista de Unha Grande Chea.

O número 2 da prestixiosa "Guía Cicerone" do presente mes de xullo, pública  un especial moi completo da Festa do Albariño de cinco páxinas que podedes atopar en calquer quiosco. Na reportaxe fai un completo repaso pola nosa festa e cita a UNHA GRANDE CHEA como "…a peña máis antiga que a principios dos anos 80 foron os inventores do vaso atado  cun cordel e que hoxe en día usa todo o mundo…", tamén cita a peñas como "É mellor que faga dano ca que se perda" ou "Chejar e Encher".

————————————————————

Podes consultar todo  o programa do Albariño 2008  en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf

————————————————————

Cambados 27 de xullo de 2008

CONCERTO DE SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ

O DÍA 1 DE AGOSTO EN VILAGARCIA

NO EXTERIOR DO AUDITORIO

CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CAMBADOS UNHAGRANDECHEA 1 CAMBADOS UNHAGRANDECHEA 1 (1)

1.-  Cartel anunciador do evento. 2.- Xurxo Souto e a incomparable Susa de Unha Grande Chea. 3.- Xulio Abonjo.

O vindeiro venres 1 de Agosto ás 20.30 horas no exterior do Auditorio de Vilagarcía de Arousa Concerto de Solidariedade co Pobo Saharauí, coa actuación de Xurxo Souto, Xulio Abonjo, Asociación Cultural Dorna de Illa de Arousa, Chus silva, Trópico de Grelos, Shanga Noeda, La Sonora, Banda Pontenkim e Tarú e os Paxaros Coiro.

Todo o que se recaude irá destinado para pagar ó traslado dos nenos desde Tinduf a Galicia para que pasen unhas "VACACIONS EN PAZ".

Para calquer dúbida, consulta, entrevista tanto coa organización como cos grupos chamar a

Loli Santos (610.94.08.14)

Irene Santos (609.90.90.98)

Quintans (645.84.21.60)

Juan (637.16.09.59)

————————————————————

Podes consultar todo  o programa do Albariño 2008  en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf

————————————————————

Cambados 27 de xullo de 2008.

PRESENTACIÓN DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS

FOTOS E VIDEO EN www.clubjuventud.cambados.cl.tf

XA PODES VISITAR A PÁXINA OFICIAL DO CLUB EN www.clubjuventudcambados.es

cambados unhagrandechea (1)    cambados unhagrandechea

As novas fichaxes e a plantilla o completo.

O pasado 25 de xullo tivo lugar a presentación do club Juventud de Cambados. Tes moita máis información en www.clubjuventudcambados.cl.tf . Poderás ver fotos e un vídeo dos discursos do capitán, adestrador e presidente Richar, vocal tamén de Unha Grande Chea. Asemade dicirche que está aberta xa a páxina oficial do club en www.clubjuventudcambados.es .

————————————————————

Podes consultar todo  o programa do Albariño 2008  en: http://www.cambados.es/Programa08.pdf

————————————————————

Cambados 25 de Xullo de 2008 "DIA DA PATRÍA GALEGA"

UNHA GRANDE CHEA ASINA O MANIFESTO A PROL DO GALEGO
FERRIN, BERNARDIÑO GRAÑA E TOSAR, ENTRE OUTROS, ASINAN O MANIFESTO
A INICIATIVA É DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LENGUISTICA
cafcab6cd120001be720a4eb930c22c2efe8b3aa carlos callón premios cultura galega 08 031
Na primeira foto vemos a presentación do manifesto, no medio o presidente da MPNL, Carlos Callón, e na última foto a Hadrián ,de Unha Grande Chea, con Ferrin.

Perante as continuas agresións que estamos a sufrir os galegos por parte dos sectores españois máis reaccionarios un grupo de intelectuais galegos deron a coñecer un manifesto a prol do noso maltratado idioma se queres apoiar o mesmo asina nesta ligazón:

http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

Tamén prestaronn o seu apoio Alfonso G. Sanmartín, Ana Kiro, Bernardino Graña, Carlos Blanco, César Portela, Lois González Tosar, Manolo Rivas, Mercedes Peón, Teresa Moure, Xosé Luís Méndez Ferrín ,  Xulia Vaqueiro, Avelino Pousa Antelo, Xoan Costa, Benigno Pereira, Ignacio Vilar, Jorge Mira, Iolanda Castaño, Cesareo Sánchez Iglesias ,  Xosé Lastra Muruais e Unha Grande Chea, entre outros.

————————————————————

Cambados 25 de xullo de 2008 "DIA DA PATRÍA GALEGA"

VICTOR CAAMAÑO REPLICA Á FEBLE RESPOSTA DA CONCELLEIRA

A ANABEL CARRO SEMPRE LLE TOCA BAILAR COA MÁIS FEA

OS DEMAIS CONCELLEIROS  TAMÉN TEÑEN RESPONSABILIDADES NO ASUNTO.

P013GENN01_1 P015GENN01_1 UNHAGRANDECHEA CAMBADOS BIBLIOTECA

Victor Caamaño, Anabel Carro e a polémica biblioteca.

En resposta as afirmacións da concelleira de cultura con respecto ao peche polas tardes da biblioteca municipal, Victor Caamaño portavoz do BNG  do Concello de Cambados quere matizar o seguinte:

Primeiro que non dubidamos da calidade do servicio da biblioteca municipal nin da amplitude do seu horario de atención ao público, senón que precisamente por ser coñecedores do funcionamento desta, non entendemos que pechara as tarde do mes de xullo.

A biblioteca é un servizo público pensado para todo tipo de cidadáns, non soamente para os colexios, e como servizo público debe priorizar a calidade sobre o rendemento económico.

Aos usuarios habituais de biblioteca non se lles pode dicir que no verán teñen que substituír a consulta dun libro, a lectura dun xornal ou a utilización de internet por outro tipo de actividades culturais. As actividades culturais son complementarias pero non poden  substituír ao servizo de biblioteca, de igual xeito que non o pode facer a biblioteca móbil, aínda que esta sexa un bo complemento para a promoción da lectura ou para levar este servicio a outros lugares do concello.

Sexamos claros, cando se pecha a biblioteca polas tardes non se está “optimizando un recurso” como di a concelleira, senón que soamente se está aforrando o soldo do substituto da persoa titular por encontrarse esta de vacacións.

————————————————————

Cambados 25 de Xullo de 2008 "DIA DA PATRÍA GALEGA"
CHOURIZO FILMS PRESENTA:
PALAS 2008 ·"O VÍDEO"
DIRECTOR:  RODRIÑO PIÑEIRO "RODESIO"
      
————————————————————
Cambados 24 de Xullo de 2008.

E  DESTA VEZ NON É UNHA GRANDE CHEA

O CONCELLO DE CAMBADOS "INVITA" O BOTELLÓN

NO CARTEL ANUNCIADOR “FULL MON” APARECE O EPIGRAFE “SE PERMITE BOTELLÓN” NA MARXE SUPERIOR ESQUERDA.

ANABEL festa xoven Touris con corbata

Anabel Carro, o cartel anunciador do evento e Touris.

Este titular poderiamos lelo en calquera xornal si os nosos amigos periodistas estiveran un pouco atentos a programación do Albariño , concretamente o sábado 26 de xullo está anunciada unha "Festa Xoven"(que denominación máis sacrosanta para un festival DJ  parecese moito a “Pascua Xoven”) na Illa das Goritas (por certo trocaron para a Praza de Fefiñans) a base de DJs. No cartel anunciador do evento chama o mesmo “FULL MOON” e no mesmo se o ampliamos pédese ler perfectamente “Se permite botellón”. ¿Lembrádesvos que nos o ano pasado propuxemos a mesma festa pero no Parque? Lembrádesvos que Anabel Carro pouco menos que nos dixo que incitabamos os xoves de Cambados o botellón?. Mirade que caprichoso é o tempo e  o cabo dun ano resulta que os que incitan ó botellón os xoves Cambadeses son Touris e Anabel Carro. Agora en serio parécennos ben todas as iniciativas, o que realmente nos parece mal é que cando as propón Unha Grande Chea sexan pouco menos que demoníacas e cando as mesmas propostas veñen da man de Touris e de Carro sexan anxelicais. Un pouquiño de cordura por favor.

————————————————————

Cambados 24 de Xullo de 2008

ACLARANDO QUE É XERUNDIO

BULLOCK COMENTANOS QUE NON É A PRIMEIRA VEZ  QUE SE REUNEN AS PEÑAS

SEGUNDO ÉL XA HOUBO OTRAS COMIDAS DE CONFRATERNIDADE

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LERIA (1)  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LERIA (2)  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS LERIA

Asiduos do Pub a Leria (as fotos foron recollidas de varios fotologs)

Comentanos no noso espazo o amigo “Bullock” que é como sabedes o nome de guerra de Eulogio, habitante da Leria,  "que hai xa uns anos o día do concerto de Giorggi Dann xa houbo no Pazo de Ulloa unha comida de confraternidade á que acudiron as peñas "Os Jarolois", "Os Malos", "Os Palowis" e "Os Boludos" e nunha finca do Ouso da Torre xa van creo que dúas edicións, segue a comentar Eulogio,  dunha comida de confraternidade o sábado de Albariño entre tódalas peñas que van pola Leria". Queda feita a túa aclaración querido Eulogio, descoñeciamos este dato i é maís é unha cousa que nos agrada e a ver si pera o ano facemos unha gran concentración de peñas, ahí queda a idea, difícil pero non utópica.  O que si é certo amigo Eulogio entón que Cea, o que se di Cea,  é a primeira. Unha aperta.

————————————————————

Cambados 24 de xullo de 2008.

unhagrandechea cambados rif

2008-07-26_kurcoss_rev_mini2008-07-26_kurcoss_rev_mini2008-07-26_kurcoss_rev_mini2008-07-26_kurcoss_rev_mini2008-07-26_kurcoss_rev_mini2008-07-26_kurcoss_rev_mini

Este sábado 26 de Xullo volve, 5 meses despois, como solista ós mandos: KURCO Sound System ¡¡¡a saber que nos ofrece!!! Máis información en  http://www.rifrockerz.blogspot.com

————————————————————

Cambados 23 de Xullo de 2008.
I CEA DE CONFRATERNIDADE DO ALBARIÑO
LEVARANA A CABO AS "PEÑAS" MAIS ANTIGAS DO ALBARIÑO: "CHEJAR E ENCHER" E "UNHA GRANDE CHEA."
UNHA IDEA QUE NUN FUTURO NON SE DESCARTA AMPLIAR A OUTRAS "PEÑAS".
unhagrandechea cambados chejar e encher (2) unhagrandechea cambados chejar e encher (1) unhagrandechea cambados chejar e encher
A "peña" "Chejar e Encher", a primeira en poñer de moda as camisetas, o Pazo de Ulloa en Cambados, e  Unha Grande Chea, co seu típico chaleco.
Onte chegouse o un acordo verbal entre Eduardo Dolado representante de "CHEJAR E ENCHER" e José María Daporta representante de "UNHA GRANDE CHEA" na sede oficiosa desta última peña o "Bar Silva" de Cambados, para levar a cabo unha cea de confraternidade a celebrar no Pazo de Ulloa de Cambados o vindeiro un de Agosto venres do Albariño. Por primeira vez na historia do Albariño dúas "peñas", e podemos afirmar sen ningún xénero de dúbidas que son as mais antigas da Festa, xúntanse para levar a cabo unha "I Cea de Confraternidade" e esperemos que non sexa a última, na mesma despois de inxerir unha suculenta cea, intercambiaranse agasallos  e os presidentes das mesmas tanto Eduardo Dolado "Edu", como Salvador Cores "Fico", pronunciaran os discursos de rigor. Non faltaran por suposto as gaitas de Unha Grande Chea para amenizala festa. Estas dúas peñas distínguense por dúas cousas moi importantes para a Festa do Albariño: "Chejar e Encher" foia a primeira que puxo de moda as camisetas e os lemas, de feito o nome da "peña" ven dado polo primeiro lema que puxeron na camiseta e a "peña" "Unha Grande Chea" ademais do seu típico Chaleco, foi a primeira "peña" que puxo de moda o cordel para o vaso, pena que no patentaramos.
————————————————————
Cambados 23 de xullo de 2008
PARA ESBOZAR DOUS SORRISOS
Dous dos nosos mellores amigos enviáronos estes dous correos ún é un relato verídico dun xuízo e outro é unha especie de pasteis que teñen un nome moi curioso e tamén verídico.
 
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS CHISTES (2)       UNHAGRANDECHEA CAMBADOS CHISTES
O acusado educado no xuizo e na fundición
Nun xuízo o Ministerio Fiscal pregúntalle o acusado: É certo que Vostede, o día dos feitos cagouse nos mortos do denunciante, en toda a súa puta familia, na cadela da súa nai e no fillo de puta do seu pai, o igual que en toda a corte celestial.
O acusado mirando de reollo para o Fiscal e cun sorriso irónico, contestoulle: Non, é falso…Eu estaba tranquilamente traballando na fundición e entón díxenlle o denunciante: "Antonio, por Deus, ¿non de te das conta de que me botaches todo o aceiro fundido polas costas e que é unha sensación moi desagradable?
 
 
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS CHISTES (1) unhagrandechea cambados chistes 3
"COJONES DEL ANTICRISTO"
 Conta a Historia que o Beato de Liébana tiña grandes diferenzas teolóxicas cun "tal Elipando de Toledo" que ao parecer era un "pouco herexe". A súa inimizade chegaba ata tal punto que o Beato de Líebana chegoulle a definir como "o collón do anticristo".
Líebana é unha zona de Cantabria que destaca pola súa paraxes naturais, e tamén por algúns dos seus produtos culinarios, como o bagazo, o queiso picón ou os "quesucos de liébana". Fai un par de semanas, paseando por este pobo cántabro o noso amigo atopou nunha tenda a caixa de doces que podedes ver na foto. Como vedes chamaronlle a atención.
————————————————————

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

“R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

“O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

“Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

“Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

“Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA

“Albariño ou Rias Baixas”: http://es.youtube.com/watch?v=4Op5bxwL-oU    

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

FUTBOL DE CAMBADOS EN

www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN

www.xuven.com 

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

4 Responses to DUAS PEÑAS DO ALBARIÑO COMEZAN A FESTA XUNTOS CUNHA CEA

  1. eulogio di:

    Hai xa uns anos o día do concerto de Gioggi Dann xa houbo no Pazo de Ulloa unha comida de confraternidade á que acudiron as peñas "Os Jarolois", "Os malos", "Os Palowis" e "Os Boludos" e nunha finca do Ouso da Torre xa van creo que dúas edicións dumha comida de confraternidade o sábado de Albariño entre tódalas peñas que van pola Leria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s