Cambados, 12 de Xullo de 2008
PARABENS A ASOCIACIÓN VOLANDEIRA
"PETRA" E "BENITO" TODO UN ÉXITO
OS PAPAMOSCAS CASI ECLIPSARON A SAN BIEITO
Petra e Benito, por diante, na festa e por detrás.
A nosa noraboa a Asociación Volandeira, polo iniciativa e polo traballo realizado nesta festa de San Bieito coa presentación en sociedad dos papamoscas Petra e Benito. Esta xoven Asociación apúntase así un gran tanto na súa andaina pola vida social cambadesa. Xa participaron tamén dun xeito moi activo no I Serán Ramón Cabanillas. Parabens a un gran traballo, tanto Petra como Benito estaban perfectos, e os seus movementos na procesión e remate da mesma espectaculares.
————————————————————
Cambados, 12 de Xullo de 2008
O GRAN PINTOR FRANCISCO LLORENS ESTIVO EN CAMBADOS
NADO NA CORUÑA EN 1874, VISITOU CAMBADOS EN 1924
MONCHO BOTANA ATOPA "NA REDE" UN BOCETO DO ILUSTRE PINTOR DA RÚA HOSPITAL.
A esquerda o boceto do pintor coruñés da Rúa Hospital, no centro a rúa como está na actualidade e dereita unha foto de Francisco Llorens.
En 1924, Lloréns viaxou coa súa muller a Cambados. Alí realizou unha serie de apuntes, dos cales algúns, serviron de base a óleos, pintados posteriormente. A composición que fixo da Rúa Hospital, ten un punto de vista baixo, case a nivel de chan. As casas que aparecen representadas, están realizadas dun modo lineal e xeométrico, contribuíndo a crear a sensación de profundidade e perspectiva da rúa. Dúas mulleres camiñan portando selas sobre a cabeza. Trátase de figuras moi abocetadas, feitas mediante liñas xeométricas que marcan os contornos, e enchidas mediante un simple sombreado. As árbores que aparecen no fondo e na dereita, están realizados mediante trazos raiados, en distintas direccións e intensidades, creando contrastes de luces e sombras.
Francisco LLorens Diaz, naceu na Coruña en 1874, se no coñeces podeslle dar un repaso a súa biografia en http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Llorens_D%C3%ADaz . Moncho Botana.
Francisco LLorens Diaz, naceu na Coruña en 1874, se no coñeces podeslle dar un repaso a súa biografia en http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Llorens_D%C3%ADaz . Moncho Botana.
————————————————————
Cambados, 11 de Xullo de 2008.
O CONSELLEIRO SÚAREZ CANAL EN CAMBADOS
CON MONTSE PRADO E VICTOR CAAMAÑO DERÓN UNHA CHARLA
O MOTIVO DA MESMA FOI O 25 DE XULLO DIA DA PATRIA GALEGA.
O Conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez, Canal, a Delegada de Industria Montse Prado e o Portovoz do BNG no Concello de Cambados Victor Caamaño nun intre da charla.
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, realzou onte o papel do nacionalismo no goberno galego, durante o transcurso da presentación da campaña "Cremos non noso país?" encamiñada á celebración do Día dá Patria en Santiago, o próximo 25 de xullo.
Durante un acto público no Centro Comarcal do Salnés, ante numerosos militantes e simpatizantes do Bloque, Suárez Canal debullou algunhas das propostas formuladas polos nacionalistas ao longo do último ano e a incidencia que tiveron na defensa dos intereses de Galicia.
Durante o acto tamén interveu Victor Caamaño Portovoz do BNG no Concello de Cambados e a delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria, Montserrat Prado, quen efectuou unha defensa sen concesións da política nacionalista e na necesidade de avanzar no autogoberno.
Neste sentido, ambos coincidiron na necesidade de que o Bloque incremente a súa presenza e o seu peso no Goberno galego e confían que así será logo das eleccións que se convocarán o próximo ano, nas que prevén superar os trece deputados que teñen actualmente.
No que á celebración do 25 de Xullo, esperan que a participación sexa masiva e agardan que os nacionalistas de Cambados e O Salnés acudan á cita.

Cambados, 10 de xullo de 2008.
CHOURIZO FILMS AGASALLA A UNHA GRANDE CHEA CUN NOVO VÍDEO
FOI RODADO CO MOTIVO DA PRESENTACIÓN DO CALENDARIO PARA ESPERANZA SALNÉS
"GALICIA CADA DÍA MÁIS LINDA" , É A PEZA QUE SONA, UNHA DAS PREFERIDAS DO GRUPO.
Se por calqueira motivo non vos vai ven o video picar neste enlace
GRAZAS CHOURIZO FILMS ( http://es.youtube.com/user/Chourizofilms )
————————————————————
Cambados, 10 de xullo de 2008.
UN MOZO CAMBADÉS BUSCA COMPOÑENTES PARA UN GRUPO MÚSICAL
VALENTIN ESTEVEZ RIAL QUERE FORMAR UN GRUPO DE ROCK
INTERESADOS, XA SABEDES, POÑERSE EN CONTACTO CON ÉL
O noso amigo Valentín Estévez Rial quere facer o seguinte anuncio:
“Búscanse componentes para montar grupo de rock en Cambados, todo interesado débese poñer en contacto con él no seguinte correo: tilanaso@hotmail.com , debe indicar o estilo que lle gusta, nome e teléfono de contacto, e se é posible correo electrónico”. O seu espazo web é :
————————————————————