Cambados 9 de Xulllo de 2008
A ASOCIACIÓN DE ASOCIACIÓNS CONSTITUEUSE EN CAMBADOS
UNHA GRANDE CHEA E DAS ASOCIACIÓNS CONSTITUINTES
Á ASOCIACIÓN DE GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL CONSTIUESE EN CAMBADOS.
Foto 1.- Adela Leiro que representou a Candea. Foto 2.- Maria José Cacabelos que representou a Guimatur.- Foto 3.- Chon asinando os estatutos en representación de Unha Grande Chea e Foto 4.- O Sr. Durán que protagonizou a anécdota da xuntanza.
Concellos e colectivos sociais, culturais e económicos constituíron onte a Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural O Salnés (GDR), un organismo que substituirá ás fundacións comarcais e que xestionará os fondos procedentes do Programa Leader para a posta en marcha de proxectos encamiñados ao desenvolvemento do territorio. Durante a reunión celebrada onte no auditorio da Xuventude, á que asistiron representantes de máis dun centenar de asociacións da comarca, constituír unha comisión provisional, presidida por Jorge Domínguez, que se encargará de programar as reunións das diferentes mesas sectoriais, ata a súa creación definitiva no mes de setembro.
A Asociación Cultural e Deportiva Unha Grande tamén forma parte desta grande Asociación de Asociacións e noso Secretario asinou os estatutos como unha das organizacións constituíntes.
A anécdota estivo protagonizada polo Vicepresidente da Deputación Sr. Durán quen a hora votar a reforma ou non dos estatutos levantouse e mirou para atrás emitindo o seu voto, todo mundo se escangallou de risa , facía este xesto para darlle a coñecer a súas asociacións "afins" o que tiñan que votar e despois falaba a nosa concelleira de cultura de manipular asociacións.

————————————————————
Cambados 9 de Xullo de 2008
EDUARDO APARIZ, UN ARTISTA DA FOTOGRAFÍA
PRESENTA UN NOVO TRABALLO NO SEU ESPAZO WEB
"FOTOGRAFÍA NO ESTUDIO"
A obra de Eduardo Apariz é impresionante mira no seu maior esplendor en www.cambadosenfotos.net
Aparece na páxina web de Eduardo Apariz www.cambadosenfotos.net un traballo titulado "Fotografía no estudio", e pódense ver con moito máis detalle, apreciando a fermosura , a súa estética, a súa grandeza na citado sitio web. Algunha parece en cadro de verdade. Como sempre temos que quitar o chapeu diante deste artista cambadés.
————————————————————
Cambados 9 de Xullo do 2008
A GALA DO DEPORTE PARA OUTUBRO
UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DE UNHA GRANDE CHEA
OS NOSOS DEPORTISTAS MERECEN ESO E MÁIS
A esgrimista Araceli Bugallo, o axedrecista Miguel Palacios e o especialista en descenso en Moountain Bike Losada, tres dos nosos deportistas máis significativos para hai moitos máis.
Lemos estes días na prensa que o Concello ten previsto para outubro deste ano a celebración da I Gala doDeporte en Cambados. ¡¡¡Por fin!!! diriamos nos, dende fai tres anos vímolo solicitando dende este espazo, que había que darlle máis importancia os nosos deportistas de ámbito no só nacional senón estatal, e facer unha gran gala do deporte en Cambados, aínda que moi tarde dámolle a benvida a iniciativa. Pouco a pouco o concelleira de Cultura vaise apropiando dalgunha das nosas ideas e como diría o Rei dos españois "nos llena de orgullo y satisfacción".
————————————————————
Cambados 9 de Xullo de 2008
UNHA APOSTA É UNHA APOSTA
MONCHO BOTANA GAÑOULLE A APOSTA A DOMINGUEZ
TENLLE QUE PAGAR UNHA SUCULENTA CEA
Moncho Botana antes do 1 de Xullo e despoís do 1 de Xullo
Ramón Botana Cabanillas o neto do do noso egrexio escritor Ramón Cabanillas , gañoulle a aposta o membro de Unha Grande Chea Dominguez, apostaralle este último a Moncho Botana que non era capaz de deixar o pelo longo ata o primeiro de xullo de 2008, Moncho aceptou o desafío i é mais gañoullo, así Domin ¡Tes que pagar! mal que che pese. O noso amigo Paco Guerra foi autor da reportaxe gráfica.
————————————————————
Cambados 9 de Xullo de 2008
O MONUMENTO O CHE SOFRE UN ATENTADO
HADRIÁN E SUSA ACUDIRAN A SÚA INAUGURACIÓN EN REPRESENTACIÓN DE UNHA GRANDE CHEA
OS BÁRBAROS NON TARDARÁN EN CAIR
A Policia Local de Oleiros levantando acta do atentato, Susa e Hadrián no día da súa inauguración e un primeiro plano do monumento.
Uns indeseables probablemente radicais de dereitas foron os autores do atentado contra a o monumento erixido o Che en Oleiros na noite de onte. A inauguración do mesmo acudiron en representación de Unha Grande Chea, Susa e Hadrián. Pese a todo probablemente non sexa moi difícil identificar os autores xa que unha cámara de vixiancia grava o monumento as 24 horas do día.
————————————————————
Cambados 9 de Xullo de 2008
Como din no seu blog: vós veredes que ides facer, pero eu pasaría de tanto festival, porque este Sábado 12 de Xullo volve á cabina do Rif-Rock o alter-ego máis quente: BLACKY SANTÓRUM feat. Kurco SoundSystem SUMMER FUN!!!
————————————————————
Cambados 9 de Xullo de 2008
VOLVE www.cambados.tk
POR DIVERSAS RAZÓNS A PÁXINA ESTIVO UN POUCO ABANDONADA
¡¡¡ TEMBLADE POLÍTICOS CAMBADESES!!!
A páxina volve con novos folgos.
Volve www.cambados.tk, despois como eles din dunha "breve" paréntese. A páxina que máis dor de cabeza lle levanta os nosos políticos, volve con novas forzas e ademais reclamando o apoio de colaboradores, ou sexa que xa sabes se tes ánima de periodista ponte en contacto con eles. O que si notamos bastante desmellorado é o seu famoso foro, a calidade brila pola súa ausencia e os comanterios a maioria son fútiles e vacios de contido, un aspecto a mellorar pero que pouco depende dos promotores da páxina. Benvidos de novo e unha aperta
————————————————————
Cambados 9 de Xullo de 2008
HOMENAXE O GAITEIRO RICARDO PORTELA
PRESENTACIÓN DO CD "FOLIADA NAS RIAS BAIXAS"
NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
Dúas instantaneas de Ricardo Portela e a portada do CD.
O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a *gala presentación* do dobre CD *Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre*.
O acto, de *entrada libre*, será conducido por *Xurxo Souto* e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro "Polo", Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promovida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio.
O traballo discográfico recolle as aportacións de máis de trinta artistas do mundo da música tradicional que renden homenaxe ao gaiteiro de Viascón. Trátase dun dobre CD publicado por Edicións do Cumio pola iniciativa da Asociación Toque Pechado de Pontevedra, encabezada Oscar Ibáñez, no que os músicos reinterpretan o repertorio de Ricardo Portela e que se acompaña de fragmentos de conversas con amigos e alumnos de Portela. A edición complétase cun libriño onde se recollen os textos de cada un dos participantes a modo de semblanza do mestre de Viascón. O traballo está promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e os Concellos de Pontevedra e Cotobade.

Cambados 8 de xullo de 2008
A CONSELLERÍA DE CULTURA CON CAMBADOS A TOPE
FINCANCIARÁ O ANO CABANILLAS
UN COMPROMISO PERSONAL DE ANXELA BUGALLO
Anxela Buballo, Conselleira de Cultura e Deporte, Luis Bará Director Xeral de Cultura, Maria Xesús López Delegada Provincial de Cultura e Ramón Cabanillas: Póker de ases.
A Consellería de Cultura e Deporte, en máns do BNG, vólcase coa a celebración do ano Cabanillas como non podía ser menos. En representación da Conselleira Sra. Bugallo, Luis Bará o Director Xeral de Cultura díxolle os representantes cambadeses que a financiación do Ano Cabanillas estaba asegurada. E para canalizar toda esa axuda está a Delegada Provincial de Cultura María Xesús López. As criticas primeiras da Concelleira de Cultura de Cambados e do noso Alcalde a Consellería de Cultura como todos sabiamos eran infundadas, coma sempre. Teremos coa axuda de Cultura un bo ano Cabanillas, sobre todo se a dirección corre a cargo de Paco o de Xenxa e de Luis Rei.
————————————————————
Cambados 8 de xullo de 2008
LINO SILVA EXPÓN EN BORRÓN 4
TEBRAS E CLAROS É O TITULO DA EXPOSICIÓN
ESTARÁ ATA O 8 DE AGOSTO
Unha das súas obras que se expoñen e a segunda imaxe é un autoretrato do propio Lino Silva.
O vindeiro xóves ás 20.30 horas a recoñecida Galeria Borrón 4 inaugura a Exposición de Pintura de fomoso artista cambadés Lino Silva que leva por nome “Tebras e Claros”.
A exposición poderrase visitar de martes a sábado de 11.30 a 14.00 horas en horario de maña e de 18.30 a 21.30 horas en horario de tarde, áta o 9 de Agosto.
A Galeria Borrón está situada na Avda de Galicia Nº 39 de Cambados, o seu telefono é o 986520122 e o seu correo electrónico borrón4@terra.es.
————————————————————