A Adega "Castro Rei" de Sampaio (Ribadavia) Propiedade de Rafael Castro Domínguez, fixo o viño branco gañador elaborado polo enólogo Jorge Hervella co nome de "Divino Rei". En tinto a gañadora foi o colleiteiro Antonio Cajide co seu viño "Viña do Avó".
A XLV Feira do Viño do Ribeiro chegou así seu fin en Ribadavia tras tres xornada de actividades. Os organizadores ven positivo o traslado do certame a xullo, para así poder amosar uns viños de calidade, e destacan a bonanza meteorolóxica.
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Visita os nosos video clips en: |
“R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
FUTBOL DE CAMBADOS EN | |
BALONCESTO DE CAMBADOS EN |
E con ela fixeron aparición as famosas empanadillas. Sérvense todos os sábados e os domingos e lograron converter a este establecemento nun local de obrigada visita durante os fins de semana. De feito, en ocasións resulta case imposible atopar un oco libre á hora do viño. Nestes oitenta anos, o Germán viu cambiar moito á súa clientela. «Agora vén moita mocidade», asegura Pepita . é lugar de cita obrigada para os amantes das partidas de carta e, ultimamente, de dominou. Tamén, lugar de fútbol, onde moitos cambadeses celebraron recentemente a última vitoria da selección española. Pero, sobre todo, é un local familiar, entrañable. Se detrás da barra estiveron xa tres xeracións de Pintos, entre os seus clientes figuran ata catro xeracións da mesma familia. Será polas empanadillas, será pola calor co que se acolle a todo o mundo pero ao Germán quédanlle aínda moitos anos máis de traballo.
Texto: MARUXA ALFONSO.
————————————————————
Enterármonos, polo menos nós, que pola venas de Gogue corre sangue cambadesa xa que o seu pai era natural de Cambados, casou no Grove e alí naceu Gogue, que un estudante en Dakota fixo a súa tese doutoral sobre a obra de Gogue etc. Logo tomou a palabra Benito Leiro quen falou sobre da traxectoria profesional de Gogue e por ultimo tomou a palabra o propio Gogue quen emocionado deu as grazas os alí presentes. Unha Grande Chea tamén tivo alí os seus representes, a así asistiron o acto Susa, Hadrián e Chon quen posaron co artista. Xi xa admirabamos a Gogue, dende admimrolo moito máis. Ah, por certo, o libro paga a pena compralo e cara o Alvariño deixamosvos coa derradeira viñeta do mesmo que ven valdría como lema nalgunha das camisetas deste ano. A presentación correu a cargo de Moncho Argibay en representación das librarias Contos, Castelao e Cabanillas.
————————————————————
Cambados 5 de xullo de 2008.
OS PAPAMOSCAS VOLTAN A SAN BIEITO
DA MAN DA ASOCIACIÓN OBRADOIRO "VOLANDEIRA"
PRESENTADOS ONTE NA PRAZA DE FEFIÑANS
Os danzantes de cobas e un dos papamoscas no ano 40, duas fotos de onte da Voz de do Diario de Arousa, dos novos papamoscas.
Vecinos e turistas víronse onte sorprendidos cando en plena praza de Fefiñáns apareceron dous bonecos xigantes, acompañados dun grupo de gaiteiros. E é que nin sequera moitos aldeáns acórdanse dos papamoscas, os cabezudos que acompañaban a imaxe de San Benito na súa procesión. Contan na asociación Obradoiro Volandeira, que se encargaron de elaborar estes bonecos, que das festas do San Benito desapareceron fai máis de 45 anos. Por iso os responsables desta agrupación pediron, axuda institucional para permitir que estes xigantes volvesen lucir todos os 11 de xullo, cando Cambados celebra unha das súas festas máis importantes.
Encargoronse de adquirir as enormes cabezas destes bonecos, que foron elaboradas nun taller de fallas de Valencia. E os mozos de Volandeira puxéronse ao choio para confeccionar, con todo luxo de detalles, os traxes e o armazón destas criaturas. Tres semanas levoulles coser saias e pantalóns, pendentes e camisas. Foron tan detallistas que ata coseron un a un os flocos do pano que leva a moza. Non resulta fácil, explican, atopar tea con floco de tales dimensións.
Mar Martinez e Manuel Rial (no foto con Montse que pertence as duas asociaicóns Unha Grande Chea e Volandeira) foron os que dirixiron os seus cara a consecución destes papamocas.
Os integrantes de Volandeira coidaron ata o último detalle na recuperación desta tradición. Informáronse de que, por exemplo, á moza coñecíalla en Cambados como Petra , pois contan que se parecía a unha señora de Corrubedo que todos os ano traía unha atraccións á festa cambadesa. Ao home, en cambio, bautizárono como Benito, xa que ninguén recorda como se lle chamaba outrora. A asociación preparou tamén a presentación con todo luxo de detalles. Fixo que os papamoscas saísen do palacio, como se facía entón, e que fosen acompañados dun grupo de gaiteiros. Así percorreron durante un intre a praza de Fefiñáns. Os que llo perderon deben saber que poderán volver ver estes papamoscas o próximo 11 de xullo. Durante as festas do San Benito percorrerán as rúas pola mañá e participarán na procesión pola tarde. Os novos bonecos en cifras. Moitos poden pensar que esta celebración é completamente pagá, pero en Volandeira aseguran que non. «Naceron para engrandecer o divino», explica Manuel Rial , integrante de Volandeira. Eran típicos dos festexos en toda Galicia, pero en Cambados tiñan un nome especial. Chamaronlle papamoscas porque abrían e pechaban a mandíbula mentres desfilaban. Os que agora elaboraron estes mozos miden 3,60 metros de altura e pesan, cada un, ao redor de vinte quilos. De sacalos á rúa encargaranse tamén os de Volandeira. Unha persoa situarase baixo a roupaxe, pero outras deberán axudalo a guiarse polas rúas do municipio. Así polo menos explicouno onte a presidenta da asociación, Mar Martinez . Ao final, a presentación acabou converténdose en toda unha festa. á mesma acudiron numerosos veciños e integrantes de Volandeira. Os presentes arrincáronse a bailar ao ritmo das gaitas e demostraron que de tradición saben o seu. Felicidades por esta iniciativa que, seguro, encantará a todos os veciños.
Texto: Maruxa Alfonso.
————————————————————
Cambados 5 de xullo do 2008.
ACTO DO BNG EN CAMBADOS
INVITAN OS CAMBADESES A UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O DIA DA PATRIA
O ACTO TERÁ LUGAR EN EXPOSALNÉS
Victor Caamaño, Montse Prado e Alfredo Suárez Canal quenes falaran no acto.
————————————————————
Cambaados, 5 de Xullo do 2008.
100.OOO VISITAS CHOURIZO FILMS
UN RECORD SEN PROCEDENTES NA BISBARRA
O SEU CURTO "NO VOLVERÉ" ACADOU ESA CIFRA
Non por esperado non deixa de ser sorprendente, o curto “NO VOLVERÉ” de produtora cambadesa Chourizo Films acadou as 100.000 visitas que como sabedes en you tube son moitas porque a recoñecer a IP do ordenador si repites para ver novamente o film só che conta unha vez. Din os nosos colegas no seu fotolog www.fotolog.com/chourizofilms que non saben o motivo de tantas visitas pero que teñen entradas de Chile, México, California, Arkansas, Brasil etc. Danos as gracias a todos os que visitamos o film incluíndo aos que pensan que estan todo o día pinchando nos vídeos para acordar maior repercusión. Nos dámoslle os nosos parabéns a Chourizo Films e para os poucos que aínda non o virades aquí o tedes novamente:
————————————————————