O MES DE XULLO É O MES DE GALIZA, PARTICIPA NOS ACTOS QUE HONRAN O TEU PAÍS

Cambados 4 de xullo de 2008
AS REVENIDAS 2008
"TODO UN ESPECTÁCULO"
folleto_periodico_reve08          cartelreve08

As Revenidas cada ano que pasa van adquirindo unha forza e fama  moi merecidas, é toda grazas os homes e mulleres de Vilaxoan e en espacial a Asociación Cultural Repicocha, este ano téñennos preparado o seguinte programa:

Día 18 de xullo: As 22.30 horas no escenario Caixagalicia actuación de ATAQUE ESCAMPE, CAPITÁN SINHO, SON DO GALPOM, ARPIONI, GALEGOZ e MARCOS PAYNO.

ATAQUE ESCAMPESOM DO GALPOMARPIONIGALEGOZ

Ataque Escampe, Som do Galpóm, Arpioni e Galegoz

Día 19 de xullo: A partir das 12 horas alborada a cargo dos XIRIFEIROS. A partir das 14 horas chupinaso e sardiñada popular Revenidas. A partir das 16 horas, animación , zancudos, monociclistas, percusión, malavares, e música a cargo de OS TERRIBLES DE AROUSA e PETER PUNK

OS XIRIFEIROS OS TERRIBLES DE AROUSA PETER PUNK

Os Xirifieiros. Os Terribles de Arousa e Pieter Punk

. A partir das 20.30 horas sardiña popular Revenidas, e no escenario Revenidas actuación de TITERES ALAKRAN e a actuación especial de TINO BAZ.

TINO BAZTITERES ALAKRAN Tino Baz

Titeres Alakran e Tino Baz

E xa a partir das 22.30 horas e no escenario Caixagalicia actuación de SERRA-LHE-AI, CAPITÁN SINHO, O SONORO MAXIN, CHE SUDAKA, e O INFANTE TERRIBLE.

Ademais máis actividades, acampada, buses, todo de balde.

SERRA-LHE-AI O SONO MAXIN CHE SUDAKA

Serra-Lhe-Ai, Sonoro Maxin e Che Sudaka

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS REVENIDASUNHAGRANDECHEA CAMBADOS REVENIDASUNHAGRANDECHEA CAMBADOS REVENIDASUNHAGRANDECHEA CAMBADOS REVENIDASUNHAGRANDECHEA CAMBADOS REVENIDAS

————————————————————

 

Cambados 4 de Xullo de 2008
PEREIRO = PERERO
1215033907057_f pereiro

 A veces “paseando polos fotologs cambadeses atopaste cousas moi interesantes, concretamente no de www.fotolog.com/bullock84 vemos unha foto de Pereiro o revés e nos enteramos que este elemento, este personaxiño ven de asinar o manifesto promovido polos entes fascistoides españois e que prepara o famoso director dun peridico mundano que facia o amor cun corsé e non precisamente coa súa colorida muller,  un manifesto claramente contrario as linguas galega, vasca e catalá .Pola parte que nos toca queda desterrado da nosa páxina web. Oscar Pereiro nunha entrevista a Vieiros que non ten desperdicio, é un cúmulo de contradicións,  podedes lela na seguinte ligazón http://www.vieiros.com/nova/67602/non-estou-de-acordo-con-que-nos-colexios-sexa-obrigatorio-o-uso-do-galego  , chega a dicir que non está de acordo en que nos colexios sexa obrigatorio o uso do galego,  incluso Chourizo Films, coa relavancia que ten este colectivo chega a pedir a retirada do maillot de Pereiro do Pub a Leria , apoiamos esta moción tamén. Non sabe este elemento que  o idioma que está en perigo é o galego, non sabe que na prensa uso do galego sendo optimistas non pasa do 10%, que na administración de xustiza non chega o 3%, que nos rexistros da Propiedade e Notarias non chega o 1% , ou que só o 35% dos nosos mozos falan en galego etc. etc.. Pereiro non mereces ser galego, de agora endiente imoche castelanizar o teu nome e rebautizamote como “PERERO”.

unhagrandechea cambados pirata-.unhagrandechea cambados pirata-.unhagrandechea cambados pirata-.

————————————————————

 

Cambados 3 de xullo de 2008
¿CANDO NOS DARÁN A COÑECER AS ACTUACIÓNS DO ALBARIÑO?
DE MOMENTO ALIS E  DE LUXE E DOS UNICOS QUE SE SABE ALGO.
alis1 alis3 promo3
A estas alturas o ano pasado xa se coñecían as actuacións do Albariño, e pensabamos que era tarde porque estabamos en ano electoral o al menos esa era a exucsa do concello, pero resulta que este ano estamos xa en xullo e só coñecemos unha das actuacións e non de xeito oficial aínda que si xa consta na súa páxina web www.alismusic.com , a actuación de Alis máis Deluxe. Alis este ano actuará tamén en moitos concertos como artista invitado de Amaral. Pero ¿que pasa cos outros días?, e imposible que a estas alturas de tempada non teñan contratados os artistas que van actuar no Albariño. ¿Por que nos dan a coñecer?. ¿Levarán a cabo a nosa famosa idea de darlle un días os grupos cambadeses? en fin esperemos que nos despexen todas estás dúbidas en breve.
 
unhagrandechea cambados hedra.unhagrandechea cambados hedra.unhagrandechea cambados hedra.
————————————————————
Cambados 3 de Xullo de 2008
UNHA GRANDE CHEA NON PODE IR AS REVENIDAS
POR RAZONS PERSONAIS INAPRAZABLES TEMOS QUE SUSPENDER A ACTUACÓN
PEDIMOS PERDÓN A ORGANIZACIÓN E DESEXAMOSLLE MOITOS ÉXITOS.
unhagrandechea cambados as revenidas
Dende logo os días 18 e 19 de xullo, toda aquel que pertenza o Planeta Arousa, non se pode nin debe aburrir porque ten unha cita en Vilaxoán. O programa amplísimo en todos os sentidos incluídos o culinario con máis de mil quilos de sardiña para xantar gratuitamente e non digamos nada do musical que puídechevos ver todos na prensa. Nos desafortunadamente , pese a estar invitados pola organización para actuar , por razóns persoais inaprazables non podemos acudir, xa lle presentamos as nosas escusas a organización, a cal dexémoslle moitos éxitos no evento que de seguro que o van ter.
unhagrandechea cambados continentalunhagrandechea cambados continentalunhagrandechea cambados continentalunhagrandechea cambados continental
————————————————————
Cambados 3 de Xullo de 2008
NIN COMISIÓN NI REUNIÓN, UNHA SIMPLE CHARLA INFORMATIVA
O PP INCUMPRE UN ACORDO PLENARIO TOMADO POR UNANIMIDADE
PESE A TODO D. RAMÓN CABANILLAS ESTA POR RIBA "POLITIQUEOS BARATOS".
unhagrandechea cambados ramón cabanillas (1) unhagrandechea cambados ramón cabanillas (2) unhagrandechea cambados ramón cabanillas
As 20.30 horas no Salón de Plenos do Concello de Cambados tivo lugar unha reunión entre a Comisión de Cultura do Concello de Cambados e algunhas das asociacións cambadesas, presidía a reunión a Concelleira de Cultura Anabel Carro, a cal nun perfecto castelán explicou por encima en que vai consistir o Ano Cabanillas, logo Luis Rei, o home que máis sabe de Cabanillas, explicou polo miúdo en que van consistir os actos e como poden participar as asociacións nos mesmos.
Ata aquí todo máis ou menos ben, pero o pleno de Novembro de 2007 quedou sen cumprir, lembramos o que dicía a periodista da Voz presente naquel pleno o 11/11/2007, Maruxa Alfonso: """…O remate foi o socialista Domingo Tabuyo o que propuxo unha decisión salomónica. «Podemos crear una comisión organizadora, con todos os representantes da sociedade, e unha máis executiva», afirmou E esta foi a proposta que tamén triunfou entre os presentes. Así, a comisión de Cultura encargarase de tomar todas as decisións e, periodicamente, reunirase con todas as asociacións que queiran colaborar nos festexos…""". Isto que dicía Maruxa e que se acordou no pleno non ten nada que ver coa "REUNIÓN" de onte que foi somentes iso , unha mera charla informativa  e non unha Comisión Organizadora como se acordou no pleno. Non é que queiramos aguar a festa pero Touris e Anabel non cumpriron nin pensan cumprir o acordado plenario. Algo terán que dicir os demais partidos políticos  o respecto. O remate da reunión un membro de Unha Grande Chea preguntoulle a concelleira que era isto unha reunión ou a constitución dunha comisión a resposta de Anabel foi "…isto é unha comisión-reunión…", vaia híbrido,  non isto non é Sra. Concelleira nin unha Comisión nin unha reunión, isto é unha simple charla informativa. Si estivera Don Ramón no Salón de Plenos diríalle a Anabel aquela frase  do seu poema "Amor de Neno" que dicía: "Non finxas o que non sintes, porque non hai quen cho crea". Por certo no Diario de Arousa de hoxe podemos ler esta frase textual: "…La concejala convocará nuevamente a todos las asociaciones en el momento en el que disponga de un programa definitivo y a medida en que las gestiones que está realizando fructifiquen…", temolle que decir os nosos amigos de Diario de Arousa que esto non é verdade, é mais o Concelleira de Cultura dixo que non se volveria a convocar porque é moi díficil reunir a todos.
Pero pese a incumprimentos plenarios D. Ramón esta por riba de todo isto e entre todos témolle que facer un bo ano.
 
unhagrandechea cambados marelunhagrandechea cambados marelunhagrandechea cambados marel
————————————————————
Cambados, 2 de Xullo do 2008
O RIF-ROCK, UN DOS PUBS MÁIS EMBLEMÁTICOS DE CAMBADOS CUMPRE NOVE ANOS
untitleduntitleduntitleduntitleduntitleduntitled
 

Hoxe 2 de Xullo o RiF-Rock cumpre 9 anos de vida. Un venres 2 de xulllo de 1999 abría as súas portas na Rúa Infantas de Cambados, segundo os donos sen saber moi ben o que estaban a facer , pero nos engadimos que están a facer unha boa labor social e cultural aparte de lúdica e que continuen por moitos anos. Invitanos a tomar unha copa a súa saude, pero as celebracións oficias deixanas para finais do verán.  !!!Felicidades Rifeños¡¡¡

NOVA XENTILEZA DE

unhagrandechea cambados rif

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s