NOVA CONVOCATORIA DO CONCELLO

CULTURA CONVOCA NOVAMENTE A UNHA GRANDE CHEA
E AS DEMAIS ASOCIACIÓNS DE CAMBADOS
A CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN "ANO CABANILLAS"
concello con cabanillas        I Seran Ramon cabanillas 22-6-08 109
A comisión de Cultura do Concello de Cambados, convocou a Unha Grande Chea a unha xuntanza que está prevista para mañá no Salón de Plenos do Concello de Cambados, ás 20.30 horas. Polo pouco que sabemos é para cumplir un acordo plenario do Concello de Cambados do ano 2007  que acordado a unha creación dunha Comisión Mixta para a organización de Ano Cabanillas 2009.  Falando con outras asociacións culturais o mediodia algunha ainda non recibirá a invitación.
NOVA XENTILEZA DE:
Treixadura
————————————————————
GOGUE PRESENTA O SEU LIBRO
"HISTORIAS FLOREÁNICAS"
ACTÚAN  COMO MESTRES DE CEREMONIA BENITO LEIRO E LUIS REY
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GOGUE (1)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GOGUE (4)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GOGUE (6)UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GOGUE
Luis Rei, Benito Leiro, Gogue e a portada do libro.

O vindeiro venres 4 de xullo ás 21 horas e no Salón de actos de Exposalnés presentación do libro "Historias Floreánicas" do caricaturista grovense Gogue. Presentarán o acto o Xefe de Prensa do Concello Benito Leiro e historiador Luis Rei. E por suposto tamén falara no acto Gogue. Organizan o acto as librerías Contos – Castelao e Cabanillas.

NOVA XENTILEZA DE:

unhagrandechea cambados libraria Ramón Cabanillas UNHAGRANDECHEA LIBRARIA CASTELAO unhagrandechea libraria contos

————————————————————

PRESENTACIÓN DA EMPRESA CAMBADESA "A TRAIÑA SELECCIÓN GASTRONÓMICA"

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS (2) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS

Esta empresa dirixida por Chicha Rodríguez Vieites e Alfonso Cordal Rodríguez, comenzou a súa andadura hai aproximadamente 7 meses; aínda que existe na longa carreira familiar, dende máis de 3 xeracións. As labores comerciais dos noso antecesores, comenzaron só con peixe; máis tarde engadiuse o marisco ao noso catálogo. A continuación foron o viño e a augardente os protagonistas. Agora a estrela é a grandeza da nosa gastronomía na súa totalidade.
    Sen dúbida, unha das máis recoñecidas mundialmente.
    Unha vez que os seus clientes demandan algún dos productos gastronómicos galegos, os seus empregados acoden ao mercado onde se atope a mellor relación calidade/prezo.
    Contan coa distribución en Pontevedra de 4 marcas de viño albariño 100% (Castrobrey, Albariño Illó, Lagar da Cachada e Señorío de Cruces), un Albariño Plurivarietal (Señorío das Regas), un viño Mencía Rías Baixas (tinto Castrobrey), un viño branco de mesa, e outro tinto (ambos Val Dourado); e diversas clases de augardente. Contan tamén como colaborador a unha das adegas con máis tradicción deste país (Bodegas Rivera, con D.O. Ribeiro e os seus viños son: Rivera Blanco, Ribera tinto, Mouchiño Blanco, Mouchiño Tinto, e Gran Rivera).
Dende hai xa un ano, teñen parte do catálogo nunha páxina web ( http:www.mibodegon.es ), tamén en maio abren unha Delegación en Levante, onde forman parte dun proxecto empresarial. Trátase de prestar servizo de  Restaurante aos fogares de que así o soliciten. O seu maior índice de ventas atópase en Cataluña, Valencia, Euskade e Cambados, no Restaurante fundador chamado Restaurante A Traíña. Comercializan diferentes firmas conserveiras, onde con anterioridade comproban a calidade de todas elas. Gozan de ter cos mellores proveedores de moluscos bivalvos, tamén de crustáceos e Cefalópodos.
    Se alguén ten algunha dúbida sobre a sua forma de operar, será un pracer resposta-las súas dúbidas no Rataurante A Traiña – Riveira de Fefiñans  – Cambados.

NOVA XENTILEZA DE:

unhagrandechea cambados a Traiñaunhagrandechea cambados a Traiñaunhagrandechea cambados a Traiña

————————————————————

Ao longo do mes de xullo, as nenas e nenos de entre 4 e 12 anos poderan interectuar coas Novas Tecnoloxías.

01_ninos_con_ordenador-4075e 14108746 ordenador222--222x254

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas. As nenas e os nenos, cada vez a unha idade máis temperá, achéganse ao ordenador coa mesma curiosidade que ao mundo real, ben sexa para xogar, navegar, conversar etc. Aproveitando as vacacións de verán, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, realiza 2 obradoiros, os cales están encamiñados a mostrar o contido dun espazo como é a Internet, onde a aprendizaxe se combina coa diversión e o entretemento.

Ao longo do mes de xullo, os martes e o xoves en horario de 11:00 a 12:00 o primeiro grupo e de 12:00 a 13:00 o segundo grupo terán ocasión de familiarizarse un pouco máis co ordenador e a internet.

Os grupos dividironse en función da idade das e dos participantes. Así os máis pequenos (ata 7 anos) interectuaran entre eles e co ordenador mediante xogos educativos en software libre. Pola súa parte, os maiores (entre 7 e 12 anos) faran un traballo colaborativo, onde ademais de traballar en grupo terán que empregar distintas ferramentas ofimáticas e internet: software específico para a elaboración de presentacións dinámicas, google, descarga de música legal…

Prévese unha alta participación xa que o número de nenas e nenos anotados ascende a corenta e seis.

Datos de contacto:

Alberto Fandiño Mariño

Eliana Bouzas Collazo

Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Centro Comarcal do Salnés

Tlf.: 986 52 60 13

Fax: 986 54 33 66

http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=77

NOVA XENTILEZA DE:

logo CC O[1]..logo CC O[1]..logo CC O[1]..

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s