TABUYO TAMÉN SE MOVE PARA CONSEGUIR FINANCIACIÓN PARA O ANO CABANILLAS

DOMINGO TABUYO CONSEGUE UNHA IMPORTANTE FINANCIACIÓN PARA O ANO CABANILLAS

O DEPUTADO CAMBADÉS LOGROU O APOIO DA SOCIEDADE ESTATAL DE CONMEMORACIÓNS CULTURAIS

20070525_014327 P013GENN01_1 taboyo e Pepe

O deputado e concelleiro do PSOE en Cambados, Domingo Tabuyo, reuniuse a pasada semana co presidente da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, José Luis García Velasco, para exporlle o proxecto que o municipio pretende pór en marcha durante o próximo Ano Cabanillas, que se celebrará no 2009. O cambadés aproveitou o encontro para solicitar a colaboración desta institución na organización dos festexos cos que se celebrará o aniversario da morte do poeta. Segundo explica o propio Tabuyo, García Velasco mostrou a súa boa disposición e o seu compromiso a colaborar e participar en varias das actividades que se organizarán o próximo ano. En concreto, estivo de acordo en financiar todo o relacionado con seminarios, exposicións, publicacións e cun congreso de poesía. Actos todos eles que figuran no borrador elaborado polo académico Francisco Fernández Rei e polo técnico municipal, Luis Rei, encargados de organizar os festexos.

NOVA XENTILEZA DE

ZAoZAoZAo

————————————————————

 
 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s