INTRES DE ESPERA
NERVOS ANTES DE ACTUAR NO I SERÁN RAMON CABANILLAS
(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)
Antes de empezar a actuar a tensión notabase no ambiente sobre os que actuaban por primeira vez diante de tanto publico e aí tedes varias instantáneas dese momento, recibimos varias felicitacións pola organización do evento que agradecemos, e aínda faltas as mellores fotos as do Serán Ceibe que houbo o rematar. Aínda temos un monte de fotos sen publico e irémolo facendo pouco a pouco para non "empachar".
NOVA XENTILEZA DE
————————————————————
O RIO DE LAVAR DE SAN ANTÓN
(Preme nas fotos para velas ampliadas)
Estas fotos que vos amosamos nesta espazo fóronnos enviadas por un veciño da Modia que se prefire manter no anonimato, nelas podedes ver un rio de lavar o pe da Capela de San Antón na Modia (Cambados) que se atopa nun estado lamentable, sen coidar, con porquería, antiestético, non sabemos quen ou quenes son os encargados do seu mantemento, pero alguén responsable debía de pasar polo lugar a arreglalo un pouco, polos menos para estes meses de verán onde nos visitan tantos turistas. Temos que ser un pouco máis coidadosos co noso patrimonio cultural.
NOVA XENTILEZA DE
————————————————————
"POLÉMICA" COMISIÓN
O nove de Novembro de 2007 no Pleno do Concello de Cambados, e por unanimidade dos tres grupos políticos aprobouse o seguinte: "A creación dunha comisión organizadora con todos os representantes da sociedade que acollería a todas as asociacións que queiran participar nos actos a organizar". Nese mesmo pleno o Alcalde Touris dicía textualmente: "…habería que facer un esforzo para que fose representativa de todo o mundo…". Despois de oito meses convócase a constitución desta comisión, que se viu "capada" polo Concello desconvocando as organizacións interesadas en participar no evento e convocando soamente as institucións. Ata o de agora o único que se fixo relativo a Cabanillas foi o I Serán Ramón Cabanillas organizado por Unha Grande Chea. Coidamos que debemos participar todos os que queiran por que cantos máis sexamos a pensar máis cousas interesantes poden xurdir. Hoxe parece ser que houbo esa reunión e que foi bastante polémica seguramente maña veremos información na prensa escrita. A prensa fíxose eco desta convocatoria falida para as asociacións que podedes ver na seguinte ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/06/26/0003_6936394.htm?idioma=galego
NOVA XENTILEZA DE
————————————————————