PESE A TODO…OUBIÑA TAMÉN EXISTE

XIX MARATÓN POPULAR DE OUBIÑA
ORGANIZA, COORDINA E DIRIXE: A ASOCIACIÓN CULTURAL SAN VICENTE DE OUBIÑA.
MARATON_J..
Mercedes Prado Presidenta da Asociación presentado o acto (Foto J. L Oubiña)
 

No ano 1990 a Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña  organizou a 1ª carreira  co obxectivo de fomentar o deporte entre os veciños e veciñas da nosa parroquia e ofertar a deportistas de outros concellos a posibilidade de vir correr a Oubiña un domingo pola mañán.

E o vindeiro domingo celebraremos  a 19 Edición do Marathón Popular de Oubiña. “Memorial Manuel Mariño Castro”.

Esta carreira conta coa participación de deportistas de todas as edades:

§       conta con 8   categorías divididas por idades, nas que poden participar homes e mulleres de todas as edades; e así noutras edicións houbo participantes desde  3 até 65 anos.

§       Con unha categoría absoluta.

A carreira discurre  polas pistas da parroquia de Oubiña con dous recorridos,

§       Un de 5 Kilómetros para as 8 primeiras categorías

§       Outro de 10 Kilómetros para a categoriá absoluta.

No Maratón Popular de Oubiña entréganse máis de 50 premios, xa que en cada categoría se entregan  6 premios: 1º,2º e 3º  aos corredores masculinos e 1º,2º e 3º ás corredoras femeninas.

Na organización do evento participan arredor de 50 persoas, da Xunta Directiva, socios e socias e veciños e veciñas que colaboran activamente en distintas tarefas de organización (inscripción, reparto de dorsais, avituallamento, controles…).Aos que quero dar as gracias ao igual que a todos os patrocinadores que fan posible a realización desta carreira.

A saída será ás 11.30 horas de aquí do Centro Cultual e a meta será tamén aquí.

Montse Prado 3 2007-07-27_IMG_2007-07-20_02_45_07__108-EDRENR-20072007 1176107024gustavo_veloso

Montserrat Prado, Maria Xesús López e Gustavo Veloso

Queremos mostrar a nosa satisfacción porque nesta 19 edición contaremos para a entrega de premios coa presencia de:

·       Delegada da Consellaría de Innovación e Industria Montserrat Prado

·       a Delegada Provincial da Consellería de Cultura e  Deporte   Mª Xesús López Escudeiro

·       e de Gustavo César Veloso, o gañador da Volta Ciclista a Catalunya 2008, moi vinculado coa Asociación de Veciños de Oubiña, e aproveitaremos para facerlle un recoñecemento ao seu gran mérito deportivo.

Despois da entrega de premios haberá festa con música, comida e bebidas para todos os participantes e para o público que se acerque hasta Oubiña.

NOVA XENTILEZA DE:

unhagrandechea cambados o chilro

————————————————————

Galiza Nova anima as mozas e mozos do Salnés a acudir ao estreo de Pradolongo, en Vilagarcía de Arousa

cartel_pradolongo_0 

A proxección deste filme, en Vilagarcía de Arousa, terá lugar a partir deste venres, 30 de maio e durante toda a 1ª semana de xuño nos Multicines Gran Arousa. Galiza Nova amosa publicamente o seu apoio ao filme, e a todo o cinema galego feito na nosa lingua, e anima as mozas e mozos da comarca a acudir a calquera das sesións que dende este venres e ata o próximo xoves se van a proxectar en Vilagarcía de Arousa . Galiza Nova parabenízase pola proxección en Vilagarcía de Arousa do filme Pradolongo, dirixido por Ignacio Vilar e producido por Vía Lactea Films, co apoio da TVG, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galiza, a Deputación de Ourense, a Axencia Galega do Audiovisual ou Turgalicia, entre outras entidades. O filme, feito integramente en galego e participado, entre outros, por actores como Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto ou Mela Casal está case integramente rodado en espazos da comarca de Valdeorras, moitos deles coincidentes con aqueles onde foi rodado hai agora uns vinte anos o mítico filme Sempre Xonxa. O galego empregado é maioritariamente o propio da zona valdeorrá.Galiza Nova difundirá socialmente durante esta semana a nova estrea do noso cinema e apoiará así o dereito das galegas e galegos a podermos gozar de todo tipo de producións cinematográficas e audiovisuais feitas na nosa lingua. No entanto, desexámoslle a Ignacio Vilar e a todo o seu equipo o mellor dos éxitos nesta súa andaina.

unhagrandechea cambados galiza nova

NOVA XENTILEZA DE:

Treixadura

————————————————————

OBRADOIRO PARA MAIORES 

logo CC O[1]..

O Centro Comarcal do Salnés – Rede de Dinamización da Sociedade da Información – O Concello de Vilagarcía de Arousa

Comezan en xuño unha serie de obradoiros sobre informática enfocados cara asPersoas Maiores.

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con

maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes

necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

mayores1_02

O Centro Comarcal do Salnés e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa, ten proxectado desenvolver neste mes de Xuño unha serie de obradoiros enfocados cara as Persoas Maiores, que terán lugar na Casa da Xuventude en horario de mañá (10:00 a 12:00 horas):

 Na primeira semana realizarase o obradoiro sobre o “Manexo do teclado e o rato”. Debido ao número de participantes inscritos (20 en total), formaranse dous grupos de 10: un grupo para os días 3 e 4 e outro grupo para os días 5 e 6. A duración de cada obradoiro

será de duas sesións de dúas horas cada unha.

 Na segunda semana realizarase desde o día 9 até o 12 o obradoiro “Iniciación a Internet”.

A duración será de catro sesións de dúas horas.

 Na terceira semana durante os días 16 e 18 realizarase un obradoiro sobre o manexo do Google (“Googlear”) e, ao igual que sucede no obradoiro sobre o Manexo do Teclado,

volverase a repetir os días 19 e 20. A duración será de duas sesións de dúas horas cada unha.

 Xa por último, e desde os días 23 até o 26, realizarase de novo a obradoiro de “Iniciación a Internet”. A duración será a mesma, catro sesións de dúas horas cada unha.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

NOVA XENTILEZA DE:

CLAREO

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s