CON MOTIVO DA ESTREA DE CHOURIZO FILMS
Moita xente pregúntanos quen é ou que son Chourizo Films, afortunadamente cada vez menos porque grazas o seu traballo e a difusión do mesmo tanto no Auditorio como na prensa van sendo máis coñecidos. Antes que nada sempre dicimos a quen nos pregunta que Chourizo Films primeiramente son un grupo de amigos de Cambados, son un verdadeiro arco parlamentario porque nese grupo hai de todo, de esquerdas, de dereitas, de centro, apolíticos pero iso non é óbice para que se leven ben, e todos eles teñen un nexo en común “Pasalo ben”. Empezaron facendo curtos para velos elos mesmos, divertíanse e comezaron a exhibir os seus curtos no Pub A Leria, local onde habitualmente se reúnen, é como o seu local social. O seu primeiro gran éxito a nivel gran público foi cando fai uns meses fixeron unha exhibición no auditorio de tres dos seus curtos e concretamente coa estrea de “To die in Tragove II” . Teñen a súa propia páxina en you tube http://es.youtube.com/Chourizofilms e un gran éxito xa que un dos seus curtos titulado “No volveré” está próximo a acadar as 90.000 vistas , todo un logro.
Tamén fan colaboracións con outros colectivos e a destacar que entre eles están os artífices do calendario de espidos “Tende unha man” no que recadaron un gran cantidade de cartos facendo entrega da mesma a Asociación “Esperanza Salnés” que se adica o coidado de nenos diminuídos. Mañá venres estrean unha de vaqueiros “a cambadesa” : “A verdadeira historia de W. Joe” no Auditorio de Cambados as 21.30 horas. Por primeira vez na súa curta pero prometedora carreira cinematográfica o curto ten unha duración de 18 minutos, todo unha incógnita pero dende este espazo queremos animar a todos a que asistades a estrea, de seguro que vos ides divertir. Nesta ocasión pedíronos a súa colaboración tanto no reparto como na música, UNHA GRANDE CHEA non dubidou nin un intre en participar con eles, porque estamos seguros que eles están a facer historia en Cambados. É incrible o que se pode facer cunha simple cámara de vídeo, moitas ideas e amizade infinda, que non farían “estes” si tiveran medios dabondo ¿sabe Deus?.
UNHA NOVA XENTILEZA DE:
————————————————————
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Visita os nosos video clips en: |
“R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
FUTBOL DE CAMBADOS EN | |
BALONCESTO DE CAMBADOS EN |
————————————————————
FALTAN POUCOS DÍAS PARA DESCUBRIR O SEGREDO
Este sitio, este monumento, este lugar tan emblemático de Cambados vaise ser o noso "leit motive" do que pensamos facer neste paseo o vindeiro 21 de xuño, insistimos que aínda non podemos dicir nada porque estamos ultimando detalles e non queremos que se nos escape ningún, queremos ir creando expectación , pero tede en conta que se vai falar de Cambados e aínda por riba ben, porque o 21 de xuño, reservada a data, UNHA GRANDE CHEA vai botar a casa pola ventá, todo un reto. Manterémosvos informados.
NOVA XENTILEZA DE:
————————————————————UNHA GRAN PROFESIONAL DO PERIODISMO
Os periodistas son como os cámaras no cine o persoal de atrezzo no teatro, a xente de protocolo etc , son os que fan case todo pero nunca saen en nada, nos hoxe queremos destacar o traballo dunha gran profesional, a periodista cambadesa Maruxa Alfonso. Maruxa como todos sabedes traballa para a "La Voz de Galicia" e cando pode fai todo o posible porque o seu pobo destaque no seu medio de traballo. Hoxe queremos darlle os nosos parabens polo seu traballo en xeral e en particular polas súas novidosas entrevistas a dúas políticos cambadeses Victor Caamaño e Domingo Tabuyo, podedes velas en:
Entrevista a Victor Caamaño:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/05/28/0003_6855459.htm?idioma=galego
Entrevista a Domingo Tabuyo:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/05/29/0003_6858909.htm?idioma=galego
NOVA XENTILEZA DE:
————————————————————
UNHA GRANDE CHEA TV
PRESENTA O VIDEO ¡¡¡ALA MADRI!!!
UN VIDEO ANÓNIMO QUE AMOSA A CELEBRACIÓN DA LIGA DO MADRID POLA PEÑA DO BAR GERMAN DE CAMBADOS
¡¡¡ABSTERSE OS BARCELONISTAS NON É UN ESPECTÁCULO AGRADABLE PARA VOS!!!
NOVA XENTILEZA DE:
———————————————————–