A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
1º PREMIO A FOTO DE UNHAGRANDECHEA "QUE SINALA" E 2º PREMIO "CATARATA"
O Centro Comarcal de O Salnés en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da información celebrou o sorteo do concurso “1 Foto, 100 Fotos” o venres 23 de maio ás 17:00 horas.
A pesares de non acadarse as 100 fotos, a participación foi bastante alta, cun total de 28 fotos presentadas, o que duplicou en algo máis dun mes, o número de fotos colgadas en Abre os ollos ao Salnés.
A fotografía gañadora do Mp4 foi “Sinal” enviada pola Asociación Unha Grande Chea, de Cambados,, mentras que o Mp3 correspondeu a “Catarata”, enviada por Natividad Fortes Eiré, de Vilagarcía de Arousa .
Noraboa ás premiadas!!!
Grazas por participar e recordade que podedes seguir enviando as vosas fotos ao seguinte enderezo de correo electrónico alberto.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.
Visita o fotolog no seguinte enderezo web http://www.blogoteca.com/olladaosalnes/
Datos de contacto:
Alberto Fandiño Mariño
Eliana Bouzas Collazo
Rede de Dinamización da Sociedade da Información
Centro Comarcal do Salnés
Tlf.: 986 52 60 13
Fax: 986 54 33 66
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=77
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
UNHA NOVA XENTILEZA DE:
————————————————————
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Visita os nosos video clips en: |
“R.I.P” : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc “O sida”: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE “Lo dudo”: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM “Farmacias” : http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY “Barrucadas” : http://es.youtube.com/watch?v=M2RtatAtwNA |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
FUTBOL DE CAMBADOS EN | |
BALONCESTO DE CAMBADOS EN |
————————————————————
O CAMBADÉS FRANCISCO LEIRO PREMIO NACIONAL DA CULTURA GALEGA
NA CATEGORÍA DE ARTES VISUAIS
O escultor cambadés Francisco Leiro recibirá o Premio Nacional dá Cultura Galega, na categoría de Artes Visuais, despois de que o xurado valorase a proxección internacional da obra do artista e entendese que era a mellor das 200 propostas que recibiu.
O xurado dos Premios Nacionais dá Cultura Galega fallou onte os primeiros catro dos seus dez galardóns, que recaeron no arquitecto Manuel Jorreto (Arquitectura e Espazos Públicos), o escultor cambadés Francisco Leiro (Artes Visuais), a profesora Margarita Ledo (Cine e Audiovisual) e no Museo do Pobo Galego (Cultura Tradicional e de Base).
Na categoría de Artes Visuais, os membros do xurado escolleron ao escultor Francisco Leiro polo seu prestixio internacional e a súa forza creativa, que parte dunha tradición e dunha iconografía vinculada a Galicia e que proxecta a través de novas linguaxes e soportes. Francisco Leiro Lois é un dos artistas galegos actuais máis relevantes e conta cunha extraordinaria proxección internacional. Dacabalo entre o seu Cambados natal e os seus estudos en Madrid e New York, Leiro é un dos grandes renovadores da plástica contemporánea na Península.
UNHA NOVA XENTILEZA DE
————————————————————
A PLANTA DE FINA
Fina a "Fica" ten unha grande cantidade de plantas na eira da súa casa, cada vez menos porque o "cemento" invadiu parte das súas propiedade, aínda así garda un grande número delas. Fisgando atopámonos este curioso cactus o cal téndeslle que buscar vos o parecido, nos deixármolo o traballo da vosa imaxinación.
UNHA NOVA XENTILEZA DE
————————————————————
IÑIGO SILVA PARTICIPANTE NO MEDIO IRONMAN
«O Iroman foi só o principio. Xa fixen todos os dúatlons de Galicia»
Íñigo Silva foi un dos tres cambadeses que participou nun Ironman, unha proba deportiva na que se percorren centos de quilómetros en bicicleta, correndo e nadando. Agora volve ás Canarias para competir nas Tres Illas, unha competición menos dura pero moito máis intensa.
-Despois do Ironman ¿quedan ganas para seguir facendo deporte?
-Este ano xa participamos no medio Ironman de Lisboa e se non fixemos o Ironman foi por falta de horas para adestrar. Despois, vin a páxina das Tres Illas en Internet e gustoume moito, porque inclúe windsurf. Ao final, o Ironman foi só o principio. Xa fixen todos os dúatlons de Galicia.
-Imos, que isto engancha.
-O ano que vén pensamos ir outra vez a Lanzarote. Entras nunha dinámica que, ao final, acábache enganchando. Agora cando adestras dúas horas en bicicleta non chegan a nada porque estás afeito facer cinco.
-Cóntenos en que consiste a proba das Tres Illas
-Sáese nadando do porto da Graciosa. Son dous quilómetros, pero hai moita corrente. Despois hai que subir un barranco de 650 metros, e coller unha bici para percorrer 69 quilómetros ata o sur de Lanzarote. Para terminar usamos unha embarcación, que no meu caso é unha táboa de windsurf, para chegar a Forteventura.
-é unha competición benéfica
-Si. Teñen moitos proxectos no Sahara e este ano queren recadar para cambiar o motor dun autobús.
Texto: Maruxa Alfonso.- Foto: Martina Miser.
UNHA NOVA XENTILEZA DE
A RE-VODA
Como xa vos anunciamos neste espazo o pasado sábado tivo lugar o 25 aniversario da voda do Presidente de Unha Grande Chea Salvador e da súa dona Irene. Aínda que non é un acto en estrictu sensu da Asociación senón que era unha festa privada que organizaban Salva e Irene, alí estabamos case todos, a festa foi colosal en todos os sentidos e durou ata altas horas da madrugada. Entre os diversos agasallos que recibiu a parella destacamos dous que nos chamaron a atención, primeiramente unha obra do escultor internacional cambadés Manolo Paz, foi un regalo que se lle fixo entre todos invitados e tamén recibiron como agasallo por parte de un dos asistentes dun porquiño de nome "Enchufe", que non nos estranaría nada que formara parte doutra das nosas festas nun futuro non moi afastado.
Destacar que repetiron a voda, esta vez polo rito civil e vestidos co noso traxe nacional. Pasámolo de marabilla.
UNHA NOVA XENTILEZA DE
————————————————————
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
UN VIDEO DE CHOURIZO FILMS
"HOMENAXE A JUAN GALIÑANES"
UNHA NOVA XENTILEZA DE
————————————————————