Treixadura son úas concepcións ben arraigadas na música da nosa terra: O CANTO e A GAITA.
Música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos . Cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado . Melodías de gaita que máis prenden nos galegos. Novas cantigas que Treixadura “peneira no seu tremiñado” ademais de contribuír á divulgación e normalización da música tradicional, comparte co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
Para contactar con Treixadura: Apartado de correos nº 76 , 36630 CAMBADOS , 986 414 196, 609 805 837 , correo@treixadura.com , www.treixadura.com . Como xa anunciamos o vindeiro sábado están no Teatro Principal de Pontevedra as 20.30 horas.
Doutra banda temos que decir que un video de Xaquin Xesteira acaba de acadar as 3000 visitas en You tube, este non é outro que himno galego gravado por Unha Grande Chea no Café Continental co gallo das Letras Galegas 2007.
UNHA NOVA XENTILEZA DE :
————————————————————
NOVA EXPOSICIÓN DE LINO
Lino Silva e o Palacete de Mendoza
Hoxe abre unha mostra o pintor cambadés Lino Silva no Palacete de Mendoza.
Hoxe é acto inaugural da exposición do pintor cambadés Lino Silva titulada “As pantasmas de Lino Silva”.
Nesta ocasión, o artista, sempre fiel aos seus principios, mostra unha serie de obras innovadoras que sorprenden pola súa ironía, retranca e, ata, descaro. Emprega un ton burlesco que quizais esconda sentimentos máis profundos máis persoais e intimistas do pintor, de modo que se trata dun xeito indirecto de mostrar, a través destas obras, a súa persoal visión da vida e da arte.
Os inicios artísticos de Lino Silva, que naceu en Cambados en 1950, remóntanse ás primeiras nocións de escultura impartidas polo seu tío José Vaamonde Silva. Entre 1966 e 1972 estuda Escultura na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago e na Escola de Belas Artes de Madrid.
A súa primeira exposición data de 1970 con pezas escultóricas, que se repetiron ao longo dos anos en diferentes puntos da comarca do Salnés.
NOVA XENTILEZA DE :
————————————————————
PREMIO CONTOS NA LAREIRA
CECILIA MÉNDEZ OBTÉN O SEGUNDO PREMIO
Unha Cambasesa obtén o 2º premio "Contos na Lareira", que organiza a asociación O Arrieiro de Moraña.
Na categoría de menores de dezaseis anos recibiu ou segundo premio Cecilia Méndez Troncoso, de Oubiña. Esta rapaza, de nove anos, concursou co conto A miña amiga a serpe .
————————————————————