Un dos nosos asiduos mandunos o seguinte correo: Despois de moitas horas de arduo traballo, os científicos da escola técnica superior de enxeñeiros industriais de lepe, conseguiron o primeiro reloxo dixital en internet, que ademais,funciona. Picade nesta dirección para comprobar o seu funcionamento:
http://www.yugop.com/ver3/stuff/03/fla.html
————————————————————
PREMIOS ANTILINGUA
NA BITÁCORA GaliciaProfunda.com
Os premios "Antilingua": Franco, Paco Vázquez e Galicia Bilingüe
Velaí a decisión dos internautas, que votaron os gañadores dos premios Sacho de Ouro, Boina de Ouro e Fouciño de Ouro.
Franco foi o elixido para a "Boina de Ouro" ao personaxe histórico que máis perseguiu o galego. Os internautas coincidiron en cualificalo como unha "mazá podre, podre" para o idioma.
Francisco Vázquez recibe o "Sacho de Ouro" ao que máis dano lle fixo ao galego nos últimos anos. "O seu rexeitamento frontal a que "A Coruña" quedase sen o "L" quedará marcado para sempre na memoria dos galegofalantes", apuntan os promotores do premio.
Por último, Galicia Bilingüe foi a escollida para o "Fouciño de Ouro". "Esta asociación pretende botar abaixo o decreto de galeguización do ensino, no que se establece que, cando menos, o 50% das materias estarán impartidas en galego, un dos poucos grandes logros que conseguiu o galego nos últimos anos", sinálase no fallo.
————————————————————