O PAMDEMONIUM ORGANIZA UN CONCERTO
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA ACTUACIÓN DE XOAN SILVA E BLAS E O GRUPO DE GAITAS "UNHA GRANDE CHEA" COMO TELONEIROS
O vindeiro Sábado Día 17 de Maio e sobre da 1 da mañán, entre a gran variedade actos existentes na nosa vila, vai estar o que organiza o PÁNDEMONIUM, trátase dun concerto que XOÁN SILVA E BLAS no que van a abrir o lume Grupo de Gaitas UNHA GRANDE CHEA, estes son os protagonistas comprometidos ate o de agora, aínda que de aquí a sábado non se descarten outras fichaxes por parte da vinoteca organizadora do evento. Os que non coñezades a Xoan Silva e Blas podedes velos nunha actuación no Homenaxe a Ramón Cabanillas organizado por UNHA GRANDE CHEA, na compaña o oboe do mestre XAQUIN XESTEIRA, más arriba na sección videos.
NOVA XENTILEZA DE
————————————————————
A "BANDA DE TIZÓN" TIVO UN PROTAGONISMO ESPECIAL NA VISITA A CARRIL DE ALFONSO XIII
DERONLLE A BENVIDA O MONARCA CON TRAXES PRESTADOS
A banza de Tizón, bisavó de Chon, é o unico que se atopa sentado.
O outro día saia na Voz de Galicia saiu unha nova histórica na cal se reflectía que Alfonso XIII visitara Carril e Vilagarcía, concretamente no ano 1907 que daquela eran concellos distintos. Nesa visita os de Carril doáronlle a Illa de Cortegada a Alfonso XIII para que nel construirá un Pazo de verán, promesa do rei que nunca viu a luz. Pois ben nesa visita un grupo de xentes de Cambados tivo un protagonismo especial ese grupo non foi outro que a banda coñecida vulgarmente pola Banda de Tizón. Tizón ven sendo bisavó por parte materna do Secretario da nosa Asociación Chon, e nela tamén estaban os bisavós de dous membros membros de Unha Grande Chea Javito e Xesteira, toda unha premonición, polo que aínda que no devandito artigo non se dixo é de xustiza facerlle esta homenaxe a aqueles valentes cambadeses que foron recibir o rei Alfonso XIII a Carril e Vilagarcía, aínda que para elo tiveran que prestarlle os traxes. A foto en cuestión atópase no poder de Chon quen a recibiu en herdanza da súa nai "Chonita".
NOVA XENTILEZA DE
————————————————————
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
MONOLOGO DE CARLOS BLANCO NUNHA SALA DE FESTAS DE MADRID
ILUSTRADO CON FOTOS DE CANDO O NOMEAMOS CHALEQUEIRO E DE FOTOS DE MEMBROS DE UNHA GRANDE CHEA CON OUTROS FAMOSOS.
NOVA XENTILEZA DE:
————————————————————
O PAZO DE TORRADO PÓDESE ALUGAR PARA FESTAS PRIVADAS
Este fin de semana unha determinada Cia de Seguros que estreaba local en Cambados, sendo o seu propietario fillo dun ex-concellal "alugou" o Pazo de Torrado para a realización dunha festa privada de presentación da oficina. Imaxinamos que calqueina empresa ou asociación tamén pode alugar o mesmo para calquer evento. O precedente é moi bo e hoxe aínda se podía ver a carpa montada o efecto no devandito pazo.
————————————————————