O WESTERN DE CHOURIZO FILMS "A verdadeira historia de W. Joe" CAUSA GRAN ESPECTACIÓN EN CAMBADOS E NA COMARCA
DIARIO DE AROUSA ADICOULLE UNHA PÁXINA ENTEIRA O DOMINGO PASADO.
Gran espectación está a despertar o novo curto de CHOURIZO FILMS "A verdadeira historia de W. Joe" , que como coidamos todos sabedes vaise estrear o vindeiro 30 de maio as 21.30 horas no Auditorio de Cambados, sen ir máis lonxe, o pasado domingo Diario de Arousa, adicoulle unha páxina enteira no suplemento dominical, donde contaba pormenorizado o argumento do film. Os dous "alma mater" da produtora Rodrigo Piñeiro e Jacobo Dominguez teñen todo xa disposto para estrea e de seguro que haberá algúnha que outra sorpresa na mesma. Serie todo un acontecemento de esta humilde produtora enchera o Auditorio, seria todo un reto e como non un grande éxito.
MÁIS INFORMACIÓN EN:
————————————————————
venres 9 dMaio
(dende as 23:50h. aprox.)
JAGARWAKAS & MESHKALINA
ARTEFACTOS SICODÉLICOS SUDAMERICANOS
con MUNSTAPHA
Un homenaxe á escena peruana dos sesenta, o proto-punk de Lince, o rhythm’n’blues criollo, a psychodelia andina, extendida por Chile e cunha vertente moito máis beat por Arxentina e Uruguay. A outra parada obrigada é Mexico, dende a loucura do distrito federal ata o tex-mex fronteirizo pasando polo glamour do surf instrumental de Acapulco… aquí está.
Unha sesión moi solicitada e da que seguro que haberá novas entregas.
————————————————————