A GAITA E O CINE DE GALIZA ELEVADO OS ALTARES

O CONCELLO DE CAMBADOS PROPÓN A UN MEMBRO DE "UNHA GRANDE CHEA" OS PREMIOS NACIONAIS DA CULTURA GALEGA.
XAQUIN XESTEIRA, DE TREIXADURA GAITEIROS E DE "UNHA GRANDE CHEA" E JUAN GALIÑANES PROPOSTOS PARA OS PREMIOS NACIONAIS DA CULTURA GALEGA.
– O NOUTRA HORA VETADO E CRITICADO XESTERIA E AGORA PROPOSTO POLO CONCELLO, NUNCA É TARDE PARA RECTIFICAR –
unha grande chea cambados unha grande chea cambados (2)
Xaquin Xesteira en plena actuación con "UNHA GRANDE CHEA" e Juan Galiñanes con varios membros de "UNHA GRANDE CHEA", propostas para uns merecidos premios.
O Concello de Cambados propuxo o gaiteiro Xaquín Xesteira a o cineasta Juan Galiñanes para os Premios Nacionais da Cultura Galega, o primeiro no eido de Promoción e Difusión da Música Tradicional, nos esquezamos que entre as súas múltiples tarefas o noso Xaquín foi o autor do Método de Gaita Galega I e II, e Juan Galiñanes foi proposto no eido de difusión do mundo audiovisual. Con este proposta Anabel Carro da un paso adiante cara a levantarlle o veto o mestre Xaquín Xesteira para dar clase de gaita no Auditorio da Xuventude, a ver si para o vindeiro curso escolar podemos ver o mellor gaiteiro de Galiza dando clase na Xuventude. Entendemos tamén que así o alcalde Toruis rectifica as súas  feroces criticas a Xesteira verquidas en público nun mitin nas derradeiras eleccións municipais na Sociedade Cultural.
Estes dous cambadeses ilustres, Xaquin e Juan , veñense a sumarse asi a Teatro Caracol para acadar estes premios.
————————————————————

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: www.xuven.com

————————————————————

NOTABLE ACTUACIÓN DE MIGUEL PALACIOS EN OURENSE

unhagrandechea cambados miguel palacios (1) unhagrandechea cambados miguel palacios (2) unhagrandechea cambados miguel palacios (3)

unhagrandechea cambados miguel palacios (5) unhagrandechea cambados miguel palacios

O xadrecista cambadés Miguel Palacios conseguiu a terceira praza do Primeiro Festival Internacional de Xadrez "Ourense 2008", categoría infantil, celebrado o pasado domingo na cidade das burgas dentro do programa de "Deporte e Ciencia para a Xuventude". Ao torneo asistiron 300 mozos de idades comprendidas entre os 7 e 16 anos, competindo na categoría infantil un total de 50 xogadores.
Palacios, que conseguiu 6 vitorias, por unha única derrota, finalizou o torneo cos mesmos puntos que o ourensán Samuel Cruz e o santiagués Luís Medarde, que serían primeiro e segundo, respectivamente. A única derrota produciuse na cuarta rolda ante Cruz, destacando as vitorias ante o ex campión galego Cristian Freire, a subcampioa galega Aranzazu Sánchez e, especialmente, na última rolda, ante o actual medalla de bronce de Galicia, Sergio Blázquez.
Ademais do trofeo acreditativo do terceiro clasificado, Miguel conseguiu unha bicicleta como premio adicional, trofeos ambos os que recibiu de mans do Gran Mestre Internacional, o mozo ourensán de 16 anos Iván Salgado*
A actuación de Miguel en Ourense veu redondear un fin de semana sensacional, xa que na tarde do sábado Palacios conseguiu co seu equipo da Escola de Xadrez Pontevedra, a permanencia na Segunda División galega, categoría na que tamén continuarán un ano máis os cambadeses do club Albariño de Xadrez.

unhagrandechea cambados miguel palacios (4)

MIGUEL PALACIOS CON IVAN SALGADO. IVÁN SALGADO quen  aos seus 16 anos (cun "elo internacional" de máis de 2500 puntos) converteuse no primeiro xogador galego da historia en conseguir o máximo título que se pode alcanzar no mundo do xadrez: Gran Mestre Internacional, e no segundo xogador español máis novo en conseguilo. O pasado mes de febreiro Iván foi recibido por Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, en recoñecemento á súa traxectoria deportiva e persoal. Estamos ante, non unha promesa, senón xa unha realidade do xadrez galego e nacional, que é o exemplo e ídolo de todos os novos xadrecistas de Galicia.

————————————————————

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s