PINTAR GALIZA, É PINTAR AS NOSAS INQUEDANZAS.

ENTREVISTA A MON COSTA, PINTOR CAMBADÉS.
"MON DEMANDA NESTA ENTREVISTA UNHA GRAN EXPOSICIÓN ANUAL DE TODOLOS PINTORES CAMBADESES NO PAZO DE TORRADO"
unhagrandechea cambados mon costa (3)      Ramon Vieites

Mon Costa é un pintor cambadés figurativo, tal é como él se define, descendente dunha familia eminentemente mariñeira coñecidos en Cambados coma “os polos” armadores do cerco de longa tradición en Cambados, toda a su familia se adicou o mar, pero a él douselle por esto da pintura, e ven a ser un dos pintores galegos máis destacados, o seu derradeiro galardón foi ser gañador da II concurso “Paisaxes de Sanxenxo, coa súa obra “As lagoas de Vilalonga.

Unha Grande Chea.- De donde che ven a afección a pintura?

Mon Costa.-  Ben, recordo que cando era moi neno, indo dos Catro Camiños cara a Santomé á casa dos meus avós, onde nacín -aínda a tenda de flores (Hedra?) era un taller de zapateiro-, sorprendéume alí mesmo diante da primeira das árbores da Alameda un home sentado pintando… quedéi aparvado mirando a súa indumentaria co seu gorro, bata, e os seus útiles, o cabalete, os pincéis, a paleta chea de cores e misturas… e o lenzo onde xa se vía o esplendor daquela “Alameda” que gardo no meu corazón xunto con tantos recordos daquela época. Penséi que aquelo era unha especie de maxia e sentín como se aquelo pertencese a outra dimensión e aquel home fose un deus. Non o sabía explicar pero gustóume tanto que me quedóu impreso na alma ata hoxe.

   Segundo ía crecendo, esa inquietude de facer cousas me levóu a debuxar, facer barcos de madeira ou castelos de cartón ou con calquera material que topaba. Creo que esta “sensibilidade”, por chamarlle de algún xeito, é algo innato nas persoas e a súa evolución dependerá das circunstancias vividas.

 unhagrandechea cambados mon costa (1)  unhagrandechea cambados mon costa (10)  unhagrandechea cambados mon costa (11)

U.G.CH.- Como definirias a túa pintura.

M.C.- Definir a miña pintura resúltame un pouco difícil, pois como pasa con moitas outras persoas con esta inquedanza, hai épocas de cambio de tendenzas. Quizás seréi figurativo toda a miña vida, ainda que gardo algún estudos abstractos que quizáis vexan a luz algún día. Agora mesmo, estóu nunha fase máis colorista, escapando un pouco do realismo, buscando máis o efecto da cor que o do dibuxo en sí. Penso que de algunha maneira se debe investigar na imaxinación para non quedar estancado, e menos agora, cando esta sociedade ten un xuicio estético tan cambiante. ¿Acórdaste de cando levar un pantalón roto era vergonza? Xa ves, agora é o revés, pero eso sí, de “marca”.

   De xeito que esta sociedade voltouse un tanto pseudoecléctica, compulsiva na imitación, e se aquel ten na casa un “Modigliani” (sexa porque sabe, sexa porque ten cartos que gastar), eu tamén o quero igual. E a arte muda nun subproduto similar a un “todo a 100” onde importa máis a “marca” -ainda que sexa unha reproducción barata (ás veces numerada)- que o gusto persoal. Moita xente lémbrame a procuradores de reliquias de santos. Pobres eles, se o cadro que ven non lles transmite nada, se non o viven, de que serve telo na casa. Outra cousa sería mercar “marcas” como inversión de futuro, aínda que non todo guste, pero isto non é arte, senón coleccionismo… ou negocio.

   É triste deixar que outros nos impoñan o seu criterio coa escusa de ser entendidos na materia. Cantas patadas levaron os “Impresionistas” por eso. ¿E agora qué?

   En fin, eu trato de seguir os dictados do meu corazón e as veces quedo máis contento e outras non tanto… pero, ao pasar un tempo, e tornar para mirar algúnha cousa que non me convencía, vexo que xa non é tan rara. Estas experiencias anímanme, como dixen antes, a buscar novos sendeiros.

unhagrandechea cambados mon costa (12)  unhagrandechea cambados mon costa (13)  unhagrandechea cambados mon costa (14)

U.G.CH.- Influe o estado de ánimo a hora de pintar (luz, cór etc).

M.C.- O estado de ánimo é a metade do cadro. A outra metade é a técnica que teñas. Hay días que teño desexos de revolucionar o que fixen o anterior. Tamén hai tempadas de continuismo e de plena satisfacción de pintar por pintar.

   Coas estacións -e creo que lle pasa a todo o mundo- tamén sinto, a medida que a natureza vai amosándonos cada cambio, coa súa particular riqueza cromática, unha necesidade de acompañala. E me vale igual un canaval mecido co vento húmido do sur que o xacer dunha folla outonal ou o murmurio dun regato en primavera.

   Ás veces, saindo ó campo ou na beira do mar, teño visto imáxes tan fermosas e tan delicadamente cambiantes que me preguntaba, ¿qué cuadro pode amosar todo isto? Ou ¿Qué instante pode mostrar todo este basto esplendor? ¡Hai momentos tan efímeros e tan intensos á vez! De cando en vez conducindo por algunha autoestrada ou rondando polos camiños, unha destas imaxes ten cabida nas miñas pupilas. Paro onde podo e cando chego ó sitio xa non é igual.Mudou a luz, xa pasou a nube ou comeza a chover. Ás veces quedo tan abraiado mirando ó espello retrovisor que teño levado algún susto o voltar a mirada o frente. Nese intre tan só existe aquela imaxe, case máxica, na retina.

   Por iso é tan difícil pintar ao aire libre, queres abranguer todo coma un tesouro  e só podes levar contigo un anaco. Pero esa doce contemplación da paisaxe   infunda, cos seus aromas e susurros queda na mente coma a parte espiritual da obra pictórica.

unhagrandechea cambados mon costa (15)  unhagrandechea cambados mon costa (16)  unhagrandechea cambados mon costa (17)

U.G.CH.- A hora de pintar que prefires obxectos ou persoas?

M.C- O impulso que te leva a pintar é unha interpretación persoal do que ves e sentes, así que se pinto unha paisaxe, gústame enmarcar aquilo que máis me move a facelo, trato de gozar da pintura antes de mirar a súa saída comercial.

   Non teño unha preferencia marcada hacia uns motivos en particular. Vou pola rúa e vexo a unha anciá labrega e a sua tenrra figura anímame a recoller ese instante de traballo cheo de esforzo e á vez de sensibilidade artística. Do mesmo xeito, un mendigo, unha mariscadora ou unha paisaxe móstra dita sensibilidade. O difícil é captar o intre exacto que encadre a acción.

   As persoas teñen alma e a min gústame transmitir iso cando as pinto, en cambio nas paisaxes  ou bodegóns busco armonía formal ou impacto cromático. Nestes tes a vantaxe de modificar algúns parámetros e axustar o modelo á obra. Pero a figura humana limítate un pouco máis e non sempre tes un modelo disposto a soportar a tortura de analizar tódalas posibilidades dunha pose; a búsqueda dos volúmenes luces ou expresión;supón un esforzo extra a non ser que se trate de un modelo profesional ou amigo moi paciente.

unhagrandechea cambados mon costa (18)  unhagrandechea cambados mon costa (19)  unhagrandechea cambados mon costa (20)

U.G.CH.- Que pintores influiron no teu estilo , se influeu algún.

M.C.- Cando comecei a pintar “en serio” alá polos catorce anos, miraba ós clásicos foráneos e españoles como Velázquez, Goya ou Murillo e pensaba que eran metas a buscar. Logo co tempo ves outras riquezas como Fortuny ou Van Gogh, e de súpeto descobres a Picasso, pero con outra perspectiva te das de conta de que prácticamente xa o fixo todo.

   Non podo falar de que condicionaran o meu estilo. Asumo algunhas influenzas propiamente suas pero vou ó encontro dun camiño de expresión persoal. Así que recolles algo de todos, de Durero a Kandinsky, de Leonardo a Klimt… Todos son mestres dos que apetece aprender. O que acontece é que hai que ter a calidade e valentía deles para chegar tan lonxe.

   E dende una miña modesta posición, penso buscar o que para min é novedade e seguir  pintando, tratando de vencer con humildade as miñas limitacións, sendo esta unha  dedicación intimista e á vez aberta  á interpretación do observador.

unhagrandechea cambados mon costa (21)  unhagrandechea cambados mon costa (22)  unhagrandechea cambados mon costa (23)

U.G.CH..-Como levas o de ensinar a pintar ¿pros e contras?.

M.C.-  Ensinar os alicerces do debuxo e desenvolver éste a ámbitos mais extensos como son as diversas técnicas pictóricas, era algo descoñecido para min. E non por ter máis ou menos dominio dunha técnica específica, senón porque cada receptor é un mundo. Teño persoas que necesitan unha explicación paso a paso, e outras con catro conceptos básicos mostran unha soltura sorprendente. Esto é independente da súa idade, dada a diferenza de madurez entre alumnos da mesma xeración. Tamén existen varios graos de sensibilidade artística independientemente do sexo. É por iso que eu atopo mais audaces.   

   Levo sorpresas moi agradables cando un adulto comenza  por que ten esa gana latente e, ó fin, decide da-lo paso. Son moi agradecidas e encántame velas disfrutar  aínda cando teñen que corrixir algo, porque  sinten que están aprendendo.

   Os nenos son diferentes. ¿Cal é o neno ó que non lle gusta pintar? Poucos. Pero claro, se eu abro a porta a ese estímulo tan precoz, estou ben seguro que teria moita dor de cabeza. De feito cando din clase ós cativos da A.P.A. trataba de levar a actividade de forma amena pero sempre saía  canso. Algúns daqueles nenos  viñeron despóis á miña academia e hoxe pintan mellor. Outros o deixaron daquela pero tamén lle estou agradecido porque me axudaron a coñecé-la psicoloxía infantil e pasamos bos ratos de inxenio e risas.

   Pero, ó fin, tiven que por unha idade mínima de dez anos para evitar nenos que non tiñan ben definido o seu gusto pola pintura. Esto non significa que nenos de menos tempo non sexan merecedores de comezar, pero o certo é que os outros xa chegan cunha disposición un chisco máis seria.

   Pintar cansa moito aínda que tamén relaxe ás veces. O mesmo ocorre co ensino, é canso pero é tamén infinitamente agradábel ver firmar un cuadro con orgullo contenido. Como en todo hai días bos e outros non tanto, pero cando un ve as cousas coa perspectiva do tempo é gratificante ver que algún daqueles nenos chegou lonxe ou simplemente mostra os seus cadros na casa ou nunha exposición con orgullo.

unhagrandechea cambados mon costa (4)    unhagrandechea cambados mon costa (5)    unhagrandechea cambados mon costa (6)

U.G.CH.- A que pintor admiras.

M.C.- Antes nomeei a algúns pintores da historia que me gustaban. Actualmente hay moitos que tamén me gustan como Quesada (o dos chistes tamén), Xavier Pousa, Goday, Isabel Guerra, Antonio López, Ricardo Sanz, Royo, Lladó… Estranxeiros como Francine Van Hove e algún máis que agora non lembro pero ós que sempre teño presentes.

   De Cambados merecen moitos o meu recoñecemento por diversos motivos, Lino por ser esencia da “Bohème” ou Baamonde por a súa fantasía. Todos aportan o seu espírito a unha disciplina que hoxe ten un rexistro e que co paso do tempo será recoñecida a súa valía.

unhagrandechea cambados mon costa (7)    unhagrandechea cambados mon costa (9)    unhagrandechea cambados mon costa

U.G.CH..- Cando tes previsto unha nova exposición e donde

M.C.- Agora mesmo teño dúas exposicións permanentes, unha no meu estudio e outra en Santiago. Estou pendente dun concurso en Padrón para maio. Teño tamén prevista unha en Sanxenxo e outra en Poio e a curto prazo é posible que poña algún cuadro no verán en Cambados pero só unha mostra das últimas obras en algunha cafetería. Logo quizáis en Ribadumia, non sei… Estou un pouco canso de deambular cos cadros de sala en sala porque se acaban danando. Gustaríame facer unha exposición cos meus alumnos cara a fin de ano, probablemente en Exposalnés, depende das datas que teñan libres.

   En fin, voto de menos outras salas no Concello pero é o que hai.

  ¿Imaxinádesvos unha exposición ó aire libre na Pazo de Fefiñáns ou unha carpa no de Torrado con tódolos artistas de Cambados? Poderíase facer anual e sería un atractivo cultural extraordinario. E, xa metidos, un concurso ó aire libre, que non vale nada en comparación a outros eventos menos enriquecedores. Ese é un soño que me gustaría ver cumprido. Non me serve oir que vivimos en terra de artistas e non facer nada por apoialos.

   Mon moitas grazas por darnos esta entrevista e faremos todo o posible para que a túa derradeira inquedanza non caia en saco roto.

unhagrandechea cambados mon costa (8)

Os que queiran contactar con él  poden facelo por medio do seu correo joseramoncosta@gmail.com , ou ben por correo ordinario dirixindoo  a súa academia sita na Rua Rosalía de Castro de Cambados, máis información sobre o pintor na súa páxina web www.moncosta.tk .

 

————————————————————

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: www.xuven.com

————————————————————

CARACOL REMATOU CUN ÉXITO TOTAL O SEU TRABALLO

SANY0379     p16c8f1

Remate de teatro coracol o que asistiu a delegada provincial de cultura marta patrcia souto.

Teatro Caracol puxo un brillante peche no día de onte a quince días de actuación para os nenos da comarca e tamén en funcións de domingo para os maiores. Os actores e a súa directora remataron cansos, o mesmo tempo que satisfeitos e emocionados polo éxito acadado. No función das oito de onte asistiu a mesma a Delegada provincial de cultura e Deportes Dª Marta Patricia Souto, quen quedou gratamente sorprendida en marabillada pola actuación de Teatro Caracol. Dicir por último que tódolos colectivos cambadeses debemos apoiar, comezando polo Concello, a Teatro Caracol  na súa proposta os Premios da Cultura Galega no eido Iniciativa Cultural.

————————————————————

O TENIS DE MESA CAMBADOS ACADA DE XEITO BRILLANTE O ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA 

SANY0412   SANY0414   SANY0417

O equipo cambadés, nun abarrotado pavillón de San Tome, superou o seu duelo con Brunete (4-1) e volve a División de Honra. 
O Establecementos Otero xa é novo equipo de División de Honra tras un ano no duro exilio da primeira nacional. Restaba superar na mañá de onte ao Brunete para certificar o ascenso e os cambadeses fixérono nunha competidísima contenda a pesar do que poida indicar o 4-1 final.
Karol Hasek sumou dous puntos e medio mercé aos seus triunfos en individuais, un deles sobre o romanés Diamandi, xunto á vitoria no dobres formado con Jacobo Enseñat ante Diamandi e Raúl Díaz.
Tamén contribuíu de xeito notable Eduardo Barreiro no logro conseguido grazas ao seu triunfo en individuais, partidos todos eles dunha igualdade manifesta. Aos seus 14 anos, o mozo cambadés completou unha fase de ascenso máis que brillante mentres que Karol Hasek deu continuidade á condición de invicto que mostrou durante toda a tempada.
Ademais do Establecementos Otero, tamén estarán o próximo ano en División de Honra Figueres, Linares e Miguelturra de Cidade Real mentres que o Avilés situouse quinto á espera de que se confirme un ascenso máis.
Desde o Club Cambados Tenis de Mesa agradeceuse á afección o gran apoio prestado, así como á Adega Terras de Asorei a colaboración prestada en concepto de patrocinio desta fase de ascenso.

Texto: Diego Doval (Faro de Vigo).

————————————————————

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s