TRABALLAR POR CAMBADOS TAMÉN É TRABALLAR POR GALIZA.

"A VERDADEIRA HISTORIA DE W. JOE"

"O DERRADEIRO CURTO DE CHOURIZO FILMS"

"PRÓXIMO ESTRENO"

"SEGURAMENTE  A FINAIS DE MAIO, SEGUIREMOS INFORMANDO"

(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

unhagrandechea cambados chourizo films

unhagranchea cambados chourizo films 1 (1) a victima Don Jose

Johny, "W" e Don José

unhagranchea cambados chourizo films 1 (2) Abella luci unhagranchea cambados chourizo films 1 (3)

O sheriff Peebodee, A bella Luci e os secuaces.

a mafia mexicana unhagranchea cambados chourizo films 1 (4) unhagranchea cambados chourizo films 1

A mafia mexicana, O barman e o enterrador, e os figurantes.

Mendoza A banda 

Mendoza e A banda.

"A VERDADEIRA HISTORIA DE DE W. JOE". Este é o titulo do primeiro westerm cambadés dirixido, producido e realizado pala afamada produtora cambadesa "CHOURIZO FILMS". No seu fotolog www.fotolog.com/chourizofilms  estanse a desgranar dende  hai varios días a trama, os personaxes e algúns fotograma do filme. Polo de agora aínda non hai data nin lugar para a estrea, polo que nos comentan parece ser que vai ser unha cinta de calidade, pero ben esperamos ansiosos o estrea. Dicir que para Unha Grande Chea, foi todo un pracer e unha honra participar no filme, do cal gozamos coma ananos dunha tarde de rodaxe no Bar Germán. Esperamos facer seguindo colaboracións con Chourizo Films e con calquer colectivo de Cambados, o importante é que o noso pobo saia na prensa por estas cousas e non por outras.

————————————————————FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: www.xuven.com

————————————————————

"CAMBADOS, PERLA DE AROUSA"

"MARISCOS LAUREANO" DE CAMBADOS É O PROVEEDOR DAS "RICAS" OSTRAS

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MARISCOS LAUREANO (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MARISCOS LAUREANO (3)

¡Ostras!

En menos dun ano, dous clientes atoparon perlas naturais nun restaurante galego de Sitges

Quen rexenta o restaurante galego Casa Hidalgo de Sitges desde fai 21 anos, José Yáñez, non sae do seu asombro. En menos dun ano os seus clientes atoparon xa dúas perlas naturais en dúas das ostras das que deron boa conta. E iso que as perlas naturais, as non cultivadas, son extremadamente raras posto que se forman fortuitamente, cando un corpo estraño alóxase no tecido da ostra.

A circunstancia fai que só se forme unha perla de cada 15.000 ostras. O tamaño, a forma e a cor pode depender do tamaño e forma do corpo estraño que se aloxa na ostra. En resposta á irritación que produce no animal, a ostra segrega nácar de forma considerable para envolver ao corpo estraño. Ao longo dos anos increméntanse as capas de nácar, tamén coñecido como madreperla.

A última perla atopoulla fai uns poucos días na boca unha clienta barcelonesa deste restaurante da rúa Sant Pau de Sitges. Apareceu nunha ostra especial (Ostrea edulis). A outra a achou Josep Rosell, un asiduo cliente de Vilanova i a Geltrú, nunha impoñente ostra Napoleón de carne desbordante (tamén da especie Ostrea edulis, pero de maior tamaño).

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MARISCOS LAUREANO (4)  UNHAGRANDECHEA CAMBADOS MARISCOS LAUREANO

Instalacións de Mariscos Lareuano e o seu propietario.

Josep Rosell conserva a perla adherida con papel adhesivo transparente a unha das valvas da ostra na que apareceu coma se tratásese dunha xoia, coma se fose un tesouro.

Converteuse nun dos motivos de interese para a clientela do antigo bar que rexenta na Rambla Principal da capital do Garraf. Rosell recorda haberse mostrado "moi sorprendido" tras achar a nacarada perla.

O propietario de Casa Hidalgo, que se dfine como un "prescriptor de felicidade", asegura que no seu restaurante serven contorna a 200 ostras semanais pero nunca antes, en dúas décadas, atopouse nin unha soa perla. As ostras e o resto do marisco chégalle directamente das Rías de Galicia, en concreto da vila de Cambados (Pontevedra). E fai xa 15 anos que José Yáñez ten ao mesmo provedor, Mariscos Laureano.

Josep Rosell conserva a perla adherida con papel adhesivo transparente a unha das valvas da ostra na que apareceu coma se tratásese dunha xoia, coma se fose un tesouro.

Converteuse nun dos motivos de interese para a clientela do antigo bar que rexenta na Rambla Principal da capital do Garraf. Rosell recorda haberse mostrado "moi sorprendido" tras achar a nacarada perla.

O propietario de Casa Hidalgo, que se dfine como un "prescriptor de felicidade", asegura que no seu restaurante serven contorna a 200 ostras semanais pero nunca antes, en dúas décadas, atopouse nin unha soa perla. As ostras e o resto do marisco chégalle directamente das Rías de Galicia, en concreto da vila de Cambados (Pontevedra). E fai xa 15 anos que José Yáñez ten ao mesmo provedor, Mariscos Laureano.

————————————————————

O RECITAL DE TINO BAZ, TODO UN ÉXITO. 

"ESPOSALNÉS ACOLLEU CON CARIÑO O CANTAUTOR"

lastscan SANY0400 SANY0401

SANY0402 SANY0403 SANY0404

Onte os Cambadeses que non estiveron en Exposalnés perderon un gran concerto dun gran home e dunha gran voz, Tino Baz. Haille que adxudicar un bo tanto os libreiros de Cambados, quen pese a todas as dificultades que se lle puxeron puideron celebrar este concerto nun marco o que non estamos acostumados, o patio de Exposalnés. Tino estivo a unha gran altura e fixo gozar os alí presentes. O final tivemos a sorte de compartir con el uns intres, manifestounos, para a nosa sorpresa, que coñecía a nosa páxina e fíxonos a seguinte dedicatoria: "Para Unha Grande Chea, dicíndolle moitas grazas pola súa complicidade. Pola liberdade. O corazón da terra". Tamén adicada especialmente os alí presentes interpretou a "canción molesta para algúns", pero un canto a liberdade "A Maruxa", aquela que interpretara tamén na homenaxe a Isaac Diaz Pardo. Unha gran velada na que non faltaron Paulo Nogueira, Magoia Bodega, Moncho Marin e Chilro, todos eles de Treixadura, os concelleiros Victor, María José e Amancio, a Delegada de Industria Montserrat Prado, o escritor Emilio Insua e outras persoas que realmente sentimos o concerto.

VICTOR CAAMAÑO REMATA DESMONTANDO A TRAMA DE ANABEL.

A actuación, organizada polos libreiros de Cambados, na que Tino Baz  presentaba o seu primeiro traballo discográfico, estaba prevista para o 25 de abril no Auditorio da Xuventude pero, finalmente, tivo lugar en Exposalnés xa que a utilización do auditorio foi denegada para dito acto.

A razón argumentada para esta denegación pola concelleira de cultura, foi que a actuación coincidía cun acto previamente concertado. Efectivamente, onte “improvisouse” un acto no Auditorio da Xuventude, consistente nunha  proxección para os alumnos do Conservatorio Municipal.

Poucas cousas cambiaron no Concello de Cambados nos últimos vinte anos  no eido cultural. Si, hai máis actos culturais e, en ocasións, como gran novidade somos invitados e, por certo, asistimos e o agradecemos a invitación. Pero as formas seguen a ser as de sempre, de xeito que segue a ser moi difícil facer cultura en Cambados se previamente necesitas da axuda do Concello. Aquí só se promociona unha cultura; a cultura oficialista, a cultura que non necesita de ninguén excepto para colaborar enchendo as cadeiras do público, é dicir, a súa cultura.

O excelente acto da noite do venres en Exposalnés, no que un tenro Tino Baz foi capaz de conmovernos a todos os presentes coa súa palabra e as súas cancións, non pode estar por detrás dunha improvisada proxección no Auditorio. Para promocionar a cultura o primeiro que se debe facer é  apoiar aos que verdadeiramente queren facer cultura en Cambados e non pensar sempre en acaparar o protagonismo. A participación veciñal é unha das eivas  dos consecutivos gobernos municipais do PP en Cambados, de xeito que aquí non se mova nada que eles non controlen. Pois a cultura non se pode controlar, pero si empobrecer que é o que se consegue con comportamentos como o apuntado nesta ocasión.

Resulta difícil entender porque se lle poñen trabas á organización dunha actuación cultural como esta, pero de ser certo que nos atopamos ante un “acto de censura” como apuntaron os organizadores, o salto ao pasado neste concello sería  tan grande que tal decisión só merecería a dimisión de quen a tomou ou a secundou.

foto

———————————————————— 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s