A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou esta mañá no CGAC os Premios Nacionais da Cultura Galega, acompañada polos quince membros do xurado que elixirán as dez modalidades dos galardóns: Arquitectura e Espazos Públicos, Artes Visuais, Artes Escénicas, Literatura, Música, Patrimonio Cultural, Pensamento e Cultura Científica, Cine e Audiovisual, Iniciativa Cultural e Cultura Tradicional e de Base.
Cultura convoca estes Premios coa finalidade de facer unha mención pública a aquelas persoas ou colectivos que se teñan destacado no enriquecemento da cultura galega, tanto coas súas obras como coa súa participación en distintas iniciativas no eido da creación ou do fortalecemento do noso patrimonio cultural, tal e como aparece hoxe no DOG.
Pois ben Teatro Caracol de Cambados, foi nominada oficialmente pola Asociación Cultural Candea, como candidata o Premio Nacional a Iniciativa Cultural. Xa estar nominados é todo un premio para Teatro Caracol, encarnado na persoa da súa directora Olga González Vilas. A nosa Asociación , UNHA GRANDE CHEA, e a primeira en felicitar a Olga e por ende a Teatro Caracol, e a facer campaña en todo que poidamos para que acaden este premio, que é realmente merecido. A Mancomunidade do Salnés tamén opta a este premio.
Teatro Caracol, actúa gratuitamente, dende fai quince anos para máis de tres mil nenos da bisbarra do Salnés durante quince días, despois de estarse a preparar durante un ano a obra. FELICIDADES CARACOL.
NOVA PATROCINADA POR:
————————————————————
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: www.xuven.com
————————————————————
OS LIBREIROS CAMBADESES DESMONTAN A TRAMA URDIDA POR ANABEL CARRO
DOCUMENTALMENTE ACREDITAN QUE A CONCELLEIRA FALTA A VERDADE
As librerías Castelao, Contos e Ramón Cabanillas de Cambados remitiron onte un escrito á concelleira de Cultura, Anabel Carro, para insistir en que eles só solicitaron o auditorio da Xuventude para o próximo día 25 e non para o 23 de abril, como asegurou a edila. A pesar de toda a polémica, o colectivo recorda que se vai a celebrar igual o concerto de Tino Baz. Será mañá venres, ás nove e media da noite no centro comarcal do Salnés.
O comunicado dos libreiros está asinado polos tres representantes da entidade. Nel explican que nunca intentaron reservar o auditorio para o 23 de abril, senón para dous días despois. Con iso queren desmentir as declaracións de Carro, quen asegurou que nunha entrevista mantida cun dos libreiros reservouse A Xuventude para o día 23. Teñen a disposición de quen queira a documentación acreditativa.
Deixando á marxe a polémica, o colectivo quere invitar a todos os veciños do municipio a presenciar o concerto que o cantautor galego Tino Baz ofrecerá en Exposalnés. A partir das nove e media desta noite, o autor presentará o seu último disco: «Cinsa Namorada». A entrada a esta actuación é libre e gratuíta.
Texto: "A voz de Galicia"
————————————————————
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA NO 25 DE ABRIL:
"GRANDOLA VILA MORENA"
"Grandola Vila Morena" interpretada por varios interpretes entre eles Treixadura e o noso Chalequeiro Carlos Blanco.
PARA OS MÁIS XOVENES
O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político que existía en Portugal dende 1926 (coñecido dende 1933 como Estado Novo) e que era o máis lonxevo de Europa, sen grande resistencia das forzas leais ó goberno, que cederon perante o movemento popular, que rapidamente apoiaron ós militares. Este levantamento é coñecido por 25 de Abril ou Revolución dos caraveis. O levantamento foi conducido polos oficiais intermedios da xerarquía militar (o MFA), na súa maior parte capitáns que tiñan participado na Guerra Colonial. Considérase, en termos xerais, que esta revolución devolveu a liberdade ó pobo portugués (denominándose "Día da Liberdade" ó día conmemorativo instituído en Portugal para recordar a revolución). A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis ós soldados e estes os puxeron nos canóns das súas armas, simbolizando o seu apoio á revolución.
José "Zeca" Afonso compusó esta canción como homenaxe á "Sociedade Musical Fraternidad Operaria Grandolense" da vila portuguesa de Grândola. O 17 de maio de 1964 Zeca actuou nesta cidade. Esta actuación foi importante para o artista por varios motivos. Nela coñeceu ao guitarrista Carlos Paredes, de cuxa mestría coa guitarra quedou impresionado. Doutra banda, impresionáronlle tamén a conciencia e madurez políticas dos membros da Sociedade Musical e os seus escasos pero ben aproveitados recursos, cunha biblioteca, segundo palabras do propio Afonso, "con claros obxectivos revolucionarios".
O 29 de marzo de 1974, Grândola, Vila Morena foi a canción de peche dun espectáculo no Coliseo de Lisboa. Asistiron ao mesmo varios militares do (MFA) Movemento das Forzas Armadas que a escolleron como sinal de arranque para a incipiente Revolución dos Caraveis.
————————————————————