Manolo Pillado é un dos veteraos en Teatro Caracol, ademáis e membro de Iliria Teatro e Tesoreiro de Unha Grande Chea. Para Manolo o teatro é a súa gran afición de sempre.
1º.- Manolo a túa afección o teatro non é de agora, senón que xa empezaches a actuar na antigua Juventud, contanos como era aquelo.
Efectivamente, os meus primeiros contactos co teatro foron no escenario da Xuventude polo ano 1966 e seguintes. Eran obriñas da Galería Salesiana, moi cursis e con pretensións moralistas, que se representaban con ocasión de festividades como Cristo Rei ou a Purísima. Foron das últimas obras representadas na Xuventude que, ata eses anos, tivo unha gran actividade en celebración de festivales e representacións de teatro, xeralmente con fins benéficos e sempre con obras moi simples, tipo comedia ou folclóricas.
Hai que ter en conta que, no aspecto cultural case todo estaba prohibido. A represión era terrible e calquera manifestación artística ou cultural estaba controlada pola censura; non soio o teatro, tamén o cine, a radio, prensa, libros, conferencias… todo requería permiso gubernativo, que moitas das veces era denegado. Escritores, autores e directores de cine e teatro, artistas, intelectuales… estaban tamén “marcados” pola censura e prohibida toda a súa obra. Por poñer un exemplo, películas como “Divorcio a la Italiana” de Marcelo Mastroianni, ou a obra de teatro “Aguila de Blasón”, de Valle-Inclán, estaban catalogadas polo Servicio de Espectáculos coa peor das calificacións: “4-Gravemente peligrosa”.
2º.- Se vos din fai quince anos que iades chegar o nivel no agora estades creerialo?.
Eu penso que non. Todos sabemos que grandes proxectos quedanse só en iso, en proxectos e, pola contra, ideas máis sinxelas van conformándose co tempo e acadan unha gran dimensión. Seguramente ninguén de nos imaxinaría daquela o que chegaría a ser, co tempo, o Caracol. O que sí e certo é que, con traballo e constancia as cousas vanse conseguindo.
3º.- Contanos un pouquiño por riba de que vai a obra deste ano “Pin , Pan Pum”
Trátase da adapatación dunha obra de Tomás Afán Muñoz (Jaén, 1968) que é un autor de teatro infantil moi prolífico, distinguido con múltiples premios, aderezada con algún monólogo de Gila e do arxentino Pressetti. É unha obra coa que se pretende mostrar, dun xeito divertido para os rapaces, a inutilidade e o absurdo das guerras que, ademais de non resolver ningún problema, causan a morte, a pobreza e a destrucción dos pobos.
4º.- Sabemos que tamén pertences o grupo de teatro Iliria de Vilagarcia, contanos a experincia e tamén vindeiros proxectos.
O grupo Iliria naceu dun Curso de Arte Dramático organizado polo concello de Vilagarcía fai catro anos. Levamos xa representadas máis de dez obras baixo a dirección de Moisés Morales e actualmente temos en cartel o espectáculo “Dilirius de humor” composto por tres obras curtas de Antón Chéjov: “Tráxico á forza”, “O aniversario” e o monólogo “Sobre os males que provoca o tabaco”. Imos xa pola media ducia de representacións, a última o domingo pasado en Corvilón e, a verdade, con gran éxito de público sempre, o que é de agradecer e nos estimula a seguir preparando cousas novas.
O noso próximo proxecto é algo no que estamos xa traballando fai uns meses. Trátase dunha adaptación ó teatro de “O Principiño”, de Antoine de Saint-Exupéry que está xa nunha fase bastante avanzada. Procuramos prestar a maior fidelidade ó texto da obra partindo dunha montaxe moi sinxela.
5º.- É deficil manter a atención dos nenos durante unha hora verdade?
Por suposto que si, a lo menos co grao de atención que sería desexable. Tamén hai que ter en conta circunstancias como a idade dos rapaces que influien en gran maneira na atención que poidan prestarlle. Non é facil que unha obra guste o mesmo a nenos de preescolar que a rapaces da ESO, como é o caso do noso público, pero si consegues atraer a súa atención dende o principio, resulta máis facil mantela despois e o resultado, por suposto, é máis gratificante.
6º.- Que futuro lle auguras a Treatro Caracol?
Este “caracol” goza de moi boa saúde e o desexo de todos é que continúe moitos anos facendo teatro para os rapaces como ata agora.
7º.- O monologo teu na gala “Tende Unha Man”, estivo a un gran nivel, nunca pensaches continuar nesta liña.
O monólogo “Sobre os males que provoca o tabaco”, como dixen antes, forma parte do ultimo espectáculo que estamos a representar polo grupo de teatro Iliria, e precisamente nesa liña vai o noso traballo. Si te refires en concreto ó tema dos monólogos, desde logo que temos en proxecto novas obras e monólogos, pero non podería decirche para cando, de momento trataremos de ir sacando adiante o que temos empezado, que xa é bastante.
8º.- Que pensas do opoio institucional cambadés (concello refirome)o teatro en particular e a cultura en xeral.
Realmente é moi pouco o que se fai en apoio de actividades culturais ou artísticas. Non se trata soamente de que che dean unha subención anual para cubrir o expediente. As institucións están para apoiar e promocionar a cultura en todos as suas manifestacións e o que fai falta é vontade, máis ainda que o que pode significar a axuda económica. Moitas veces, para demostar o apoio institucional, é suficiente coa presencia de determinadas persoas representativas en actos culturais como poden ser conferencias, presentacións de libros ou unha obra de teatro, e iso non custa cartos. O que hai que ter, repito, é gañas e apostar pola cultura, que é apostar polo futuro.
9.- Bueno Manolo, vemonos.
Moitas grazas por este espazo que me brinda de opinión www.unhagrandechea.org.es e grazas tamén a todos os que, coa súa presenza e apoio, aléntannos a seguir adiante no mundo do teatro.
————————————————————
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: www.xuven.com
————————————————————
CARTAS Ó DIRECTOR
"A LEI DE PESCA"
Estimados amigos:
Xa sei que a vosa páxina é eminentemente cultural, pero desexaría que me publicarades esta pequena misiva. É referente a politización por parte do PP da vida municipal con temas de nivel supramunicipal ou autonómico. É unha orde que teñen do seu xefe máximo a nivel galego o Sr. Feijoo. O luns o Alcalde Touris teatral izou nun Pleno un asunto que non ten que ver nada cos intereses do concello, é mais cando a oposición lle pide plenos neste senso sempre llos desestima alegando precisamente esta razón. A moción ía da Lei de Pesca, e máis concretamente contra a Lei de Pesca que está elaborando a Xunta de Galicia e a Consellería de Pesca en colaboración cos diversos sectores que teñen que ver con esta actividade. Dende o primeiro momento de elaboración da Lei, houbo a vontade clara da Consellería da Pesca de que houbera o máximo consenso en tódalas organizacións. Logrouse un acordo asinado e ratificado pola inmensa maioría do sector, o que representa a máis do 90% dos bateeiros de Galicia. A comisión foi elexida polo propio sector a cal obtivo a confianza de tódolos bateeiros incluso da asociación San Sadurniño de Cambados. A defensa da Lei por parte de Domingo Tabuyo foi verdadeiramente exemplar silvada e abucheada en ocasións por un publico perfectamente orquestrado, sendo na súa maioría xente que non era veciña de Cambados ou acólitos do PP. O que queda claro é a vontade de acordar en consensuar por parte da Xunta de Galicia e o esforzo que a Xunta e bateeiros fixeron para chegar a este amplísimo acordo. Queda fora o PP, o PP é un partido de oposición na Xunta e no Estado, como non poden dar trigo, adícanse a xestionar o ruído, porque non solucionaron o problema cando estiveron dezaseis anos da Xunta O que non sabiamos é que Rosa Oubiña e Jose Antonio Domínguez tamén tiveran bateas, eles tamén estaba entreo publico. Ah, por certo o Bloque , e nunca tan ben dito, “Fixose de Cobas”. O luns Tourís , vergoñamente , dou comezo a campaña electoral das Eleccións a Xunta de Galicia de 2009, pero non temades destes plenos orquestrados vai haber moitos máis. Sen máis grazas anticipadas.
NOTA DE U.G.CH.- A persoa que nos remiteu esta carta, identificouse perfectamente, e esta asociación non ten por que conicidir con esta opinión nin con calqueira outra que nos remitan.
————————————————————
TENIS DE MESA
Os días 26 e 27 de Abril no Pavillón de Santo Tome e a partir das 10 horas, vai ter lugar a fase de ascenso a División de Honra masculina, tenis de altura pois en Cambados, animos a todos a disfrutar do mesmo.
————————————————————
ANABEL DEFENDESE
Anabel Carro esixe unha desculpa ao directivo dos libreiros por acusala de censura
A concelleira de Cultura de Cambados, Anabel Carro, quixo onte responder ás críticas que un directivo da asociación de libreiros do municipio realizou sobre o concerto dun cantautor. Este denunciaba que a concelleira lle cedeu o auditorio para celebrar o concerto do cantautor Tino Baz para, posteriormente, comunicarlle por escrito que a instalación estaba ocupada. A noticia era recollida na páxina web dunha Grande Chea, que acusaba ao Concello de censurar o concerto.
Carro quixo aclarar onte que o pasado martes un directivo dos libreiros solicitoulle verbalmente o auditorio para celebrar a presentación dun disco o próximo 23 de abril. A resposta foi afirmativa, pois non había ningún acto previsto para ese día. O luns, en cambio, a responsable de Cultura recibiu unha petición por escrito na que se solicitaba o auditorio para o día 25. Consultada a axenda de actos, Carro comprobou que o auditorio estaba ocupado ese día.
A concelleira considera que cumpriu coa súa palabra e que, en todo momento, mostrou a súa disposición para ceder A Xuventude. Recorda que esta instalación está aberta a todas as asociacións que desexen utilizala. O que non se pode facer, asegura, é cambiar as datas sen avisar e tergiversar o sucedido. Por iso pide ao directivo, Ramón Domínguez, que pida desculpas pola súa «desafortunada» actuación.
————————————————————