“GALICIA NON DEBES CHAMARTE NUNCA ESPAÑOLA”. – Rosalía de Castro-

 
"""INDIGNANTE"""
"TINO BAZ CENSURADO POLO CONCELLO DE CAMBADOS"
– O CONCERTO CELEBRARASE NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS –
tino baz
Os organizadores do concerto de Tino Vaz, do cal fai de portavoz Ramón ArgIbay, envianos a seguinte nota: """O concerto de Tino Baz do día 25, tén que celebrarse no salón de actos de Exposalnés. Esta tarde chegounos un escrito do concello negándonos as instalacións do Auditorio "municipal", a pesar de habérnolo confirmado aconcelleira de cultura por telefono. Estamos seguros que este é un acto de censura, pois temos información de que o Concello de Cambados tén mOIto interés en que Tino non cante na nosa vila."""
Se son certos estes argumentos, dos cales non dubidamos, esto é un acto inconcebible de censura nos tempos que corremos.
————————————————————
UN COCHE ROMPE UN BANCO EN PLENA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS
EN PARTE POR IMPRUDENCIA MUNICIPAL
SANY0381 SANY0382 SANY0383
SANY0384 SANY0385
Preme nas imaxes para velas ampliadas.
 
O sábado a noite de madrugada, un coche entrou na praza de Alfredo Brañas, probablemente a facer "gandalladas", e rompeu un banco de pedra. O problema, é que como entrou esta coche nunha praza que en teoría debía estar pechada o tráfico. Pois parecer ser que e doada a reposta , dende fai varios meses o cadeado que tiña que estar entre os dous postes que da acceso a praza, probablemente por neglixencia municipal non se pechan e despois pasan estes acontecementos. En troque a cadea que da acceso tamén a peonil da Rúa do Hospital atopase pechada. Todo isto podédelo ver na reportaxe fotográfica que fixemos.
 ———————————————————–

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: www.xuven.com

————————————————————

JAZZ DE ALTURA NO CONTINENTAL

CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CONTINENTAL (2) CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CONTINENTAL CAMBADOS UNHAGRANDECHEA CONTINENTAL (4)

(Preme nas imaxes para velas ampliadas)

Pese o estraño do dia e da hora (domingo 23.30), o Continental rexistrou unha boa entrada, e os que alí estivemos podemos ver moi bo Jazz, a actuación de Doris Cales Cuartet deixou moi bo sabor de boca os alí presentes . Doris Cales (voz), Nacha Pérez (guitarra), Juanma Barroso (batería) e Paco Charlín (contrabaixo), deleitáronos por preto dun hora, a neoiorquina cunha voz proverbial sorprendeu os alí presentes, os seus acompañante non lle desmereceron nin o máis mínimo.
————————————————————
O CÉSAR O QUE É DO CESAR…
cambados unhagrandechea pazo
 
Polas novas que nos temos a restauración do Pazo de de Fefiñans está sendo totalmente subvencionada pola Consellería de Vivenda e Solo e pola de Cultura , en mans do BNG, o que non entendemos é porque na obra non costa ningún letreiro que faga mención a tal subvención, parecenos estraño, polo que nos mediante o photoshop si llo puxemos.
————————————————————
"A MELENA DE MONCHO"
cambados unhagrandechea moncho (1) cambados unhagrandechea moncho
O noso querido amigo Moncho Botana, "o nietisimo" a veces chamámoslle así para tomarlle o pelo, dado que é neto do insigne escritor D. Ramón Cabanillas, ten unha aporta con Dominguez que é que se non corta o pelo antes do un de xullo Domin tenlle que pagar unha cea, estamos case a finais de abril e a melena como podedes ver na foto xa vai tomando corpo, a ver si chega o ún de xullo.
————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s