OS QUE AMAN A GALIZA NO SE ENFRENTAN ENTRE SI.

O PP  DE CAMBADOS CONTRA A FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRÁFICO.
logo_pp1                V.S.           felipesuarez
O PP de Cambados baixa a batuta do Alcalde Cores Touris enfrontase abertamente a Felipe Suarez e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. Pois mentres o PP vai propoñer no Pleno que se vai celebrar este luns en Cambados que se rexeite a Lei de Drogas de Galiza, a Fundación Galega contra o Narcotráfico encabezada polo locutor vilagarcián Felipe Suárez amosase totalmente a favor da devandita lei.
 
Benit Romero e Felipe Suarez
Touris e Felipe Suárez antes xuntos agora separados.

Esta liorta xurde dende que se coñece o Proxecto de Lei de Drogas de Galiza no que considera o viño como unha droga máis. Nos defensores de sempe do Albariño quedamos co que nos di o noso presidente no artigo publicado neste mesma páxina o día 11 de abril que se queda nun termo medio. Os outra hora amigos Felipe Suárez e Cores Turis deben chegar a un pronto acordo se non queren que esto vaia a máis.

————————————————————

ESPERANZA SALNÉS RECIBE 20.000 € DO CALENDARIO.

a20c2f1 P010GENN01_1

A Asociación de apoio a discapacitados Esperanza-Salnés recibiu onte un cheque por valor de 20.000 euros correspondente á venda dun calendario editado en favor deste colectivo. A iniciativa partiu dun grupo de mozos da localidade que convenceron a cambadeses e veciños doutras localidades para que pousasen espidos para ilustrar este almanaque, desinteresadamente. O que non conseguiron é que tamén se implicasen os membros da corporación.

A iniciativa foi un éxito, tanto que se venderon os dous mil exemplares que se puxeron á venda, a 10 euros cada un. Onte foi o día elixido para que os promotores da iniciativa, Perto, Alex e Rubi, entregásenlle o diñeiro á asociación nun sinxelo acto celebrado no pazo de Ulloa. Alí estiveron tamén o director da oficina da Caixa en Cambados e o autor das fotografías, Eduardo Apariz.

O cheque foi recollido polo xerente da asociación, Augusto Chaves, quen onte non tiña máis que palabras de agradecemento. «Valoramos moi positivamente unha iniciativa que supón todo un fito no que se refire ao movemento solidario no Salnés ademais de que supón unha inxección económica importante para a asociación», indicou.

Os 20.000 euros, danlle a Esperanza-Salnés un respiro á hora de cubrir as necesidades deste ano. O xerente destacou, ademais, a vertente social desta iniciativa dado que serviu «para demostrar que hai un recoñecemento ao centro e iso fainos sentir moi orgullosos».

Augusto Chaves invitou aos promotores desta iniciativa a darlle continuidade no tempo.

Esperanza-Salnés atende actualmente desde o centro que ten en Cambados a 28 persoas con algún grao de discapacidade, no seu maior parte discapacitados intelectuais.

————————————————————

ACTUACIÓNS NO RIFROCK

rif-letras-+negativo_logo+blog2 P1020204

O vindeiro vernes 25 no Pub Rif  Rock actuación de “Comomepos”, “Kurko” e Musthapha, que nos delitaran coa súa selección de Stoner. O día seguinte será o que encha en directo o pub cambadés, os protagonistas da noute serán “Los hijos bastardos de Peter Lorre”.

————————————————————

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN:  www.xuven.com 

————————————————————

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s