O vindeiro 25 de Abril, Dia da Revolución dos Carabeis, ás 21.30 horas e no Auditorio da Xuventude o afamado cantautor galego Tino Baz dará un oncerto, interpretando cancións do seu disco “A cinsa namorada”. Este acto está organizado polas librerias Contos, Castelao e Ramón Cabanillas. Os libreiros, verdadeiros dinmizadoras da vida cultural cambadesa. Convidannos a disfrutar dunha das mellores voces de Galiza que poseu este veciño da Garda, colaborador de Treixadura e un dos interpretes do kikiriki. Máis información en www.tinobaz.com . Tamén podes ver arriba nesta mesma páxina un videoclip do cantautor.
————————————————————
Subliña o valor iconográfico da sociedade de consumo. O termo "Pop-Art" foi utilizado por primeira vez polo crítico holandés Lawrence Alloway en 1958, ao definir as obras de Richard Hamilton e Eduardo Paolozzi entre outros. Outro crítico, Lewis Gennig, puxo énfase nesta denominación cara a 1962 para definir a arte que algúns mozos estaban facendo co emprego de imaxes populares; deste xeito quedou relegado o termo Neo-Dada ou neodadaísmo para a entón nova corrente estética. Carolina Barreiro e practicamente unha rapaza e este empezando neste díficl mundo, polo que lle desexamos moita sorte.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
————————————————————
O "XUVEN" XA TEN A SÚA PROPIA PÁXINA"
Informamos que desde onte a páxina web do Xuven xa esta aberta ao publico. www.xuven.com
De agora en diante todos os amantes de baloncesto xa tedes información de primeira man e a cargo do club. De momento a web vai estar só en español pero en breve será posta tamén no noso idioma.
De todos xeitos agradecer a Angel Cambados e o seu espazo que estiveran a traballar pola Xuven mentres non se estreaba a páxina oficial do Club.
————————————————————
GOGUE A PIQUES DE PUBLICAR UN NOVO LIBRO
"HISTORIAS FLOREANICAS"
O grovense, internacional e xenial caricaturista Gogue, vai publicar un novo libro de aventuras de Floreano un dos seus principais personaxes titulado “Historias Floreanicas” e venderase a través da súa páxina web www.goguetoons.com .Gogue e autor dos dos personaxes Floreano, Monchiña, Epifanio e Cachiña Publicados diariamente no Faro de Vigo dende 1989.Ten publicados varios libros. É membro de varias asociacións Internacionais de Caricatura.
Ten acadado varios premios e Mencións Internacionais
E creador do personaxe "Carlotta Cohen" que se publica mensualmente en New York Movies Magazine de New York e máis da cabeceira do semanario The Bush Blade que se edita en Anchorage (Alaska).
————————————————————