A frase do día: Pasao ben aquí na terra, no ceo “Deus dirá”.

UNHA GRANDE CHEA NA CARREIRA DE FORMULA 1 DE SEPANG

Diego, pandereteiro de Unha Grande Chea , estivo ali co noso chaleco.

(PREME NAS FOTOS PARA VELAS AMPLIADAS)

unhagrandechea cambados spang (1) unhagrandechea cambados spang (9) unhagrandechea cambados spang

Foto 1.-  con duas azafatas do circuito. Foto 2.-  posando cun "lugareño". Foto 3.- A bandeira galega ondeaou en Sepang, da mán de Unha Grande Chea.

unhagrandechea cambados spang (10)unhagrandechea cambados spang (11)unhagrandechea cambados spang (12)

1.- Foto coa consul de Dinamarca en Singapur.- Foto 2.- As torres Petronas de noite ..- Foto 3.- Diego xantando tartaruga.

 

unhagrandechea cambados spang (13) unhagrandechea cambados spang (14) unhagrandechea cambados spang (15)

Foto 1.- Centro financieiro de Singapur,. Foto 2.- O Chaleco de Unha Grande Chea en Sepang.- Foto 3.- Detalle do circuito de Sepang.

unhagrandechea cambados spang (16) unhagrandechea cambados spang (2) unhagrandechea cambados spang (3)

Foto 1.- Fernando Alonso capturado pola máquina de Diego.- Foto 2.- Diego e os seus compañeiros de traballo. Foto 3 .- Outra detalle tas torres petronas.

 

Ola son Diego Lages pandeireiro de Unha Grande Chea , fun de visita profesional a Singapur,aparte de ser membro activo de Unha Grande Chea, son directivo da empresa islandesa Marel, adicada a venta de maquinaria para tratamento de peixe, con sucursal en Vilagarcía de Arousa. De Singapur trasladeime en avión a Kuala Lumpur onde se celebraba a segunda carreira do campionato de Formula I. Non puiden  estar a veira de Fernando Alonso pero si lle puiden  quitar unha fotografía no seu Renault que vos amoso, paseei  a bandeira de Galiza e o chaleco de Unha Grande Chea polo circuíto de Sepang , tiven tempo para posar cun “lugareño”, coa cónsul de Dinamarca en Singapur, para admirar e fotografar as afamadas Torres Petronas, tanto de día como de noite, tamén tiven tempo para posar con dúas fermosas azafatas, e para incluso xantar tartaruga, ra, calamares crus e cangrexos, todo un manxar . O Chaleco de Unha Grande Chea xa é mundial.

Diego Lages corresponsal de Unha Grande Chea dende Singapur.

 

NOVA PATROCINADA POR :

marel

Avda. de Cambados en Vilagarcia.

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com  

————————————————————

 1 FOTO, 100 FOTOS.

Centro Comarcal de O Salnés – Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Ábrese o prazo para participar no concurso 1 FOTO, 100 FOTOS

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

O Centro Comarcal de O Salnés en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da información abre o prazo para participar no concurso “1 Foto, 100 Fotos” que se encadra dentro da iniciativa Abre os ollos ao Salnés.

Con esta actividade, dirixida a todos os públicos, preténdese que o fotolog “Abre os ollos ao Salnés” acade as 100 fotografías e se consolide como o que é, unha radiografía da comarca de O Salnés. O fotolog divídese en sete categorías: xentes, sectores produtivos, cultura, historia, natureza, denuncia e o recuncho de…

Todas as persoas e/ou colectivos que desexen participar só deben enviar as súas fotografías ao seguinte enderezo de correo electrónico: alberto.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

As fotografías deben estar en formato Jpg cun tamaño máximo de 150 Kb así como tamén, ir acompañadas de título ou frase descritiva de que representa, ano e lugar de realización da mesma.

Entre todas as persoas que nos envíen as súas fotografías, antes do 17 de maio de 2008, sortearemos un reprodutor mp4. A fotografía número 100 tamén recibirá un reprodutor mp4.

Visita o fotolog no seguinte enderezo web http://www.blogoteca.com/olladaosalnes/ e participa.

Un dos dous mp4 pode ser teu!

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com

——————————————————–

 EXPOSICIÓN: "CAMBADOS NO SECULO XX A TRAVÉS DA PRENSA". 

Interesante exposición que podemos ver estes días no Audotorio da Xuventude e que neste páxina vos amosamos  un resumo. Sen ánimo de criticar , nin moito menos, quizais un pouco escasa, pois hai eventos en Cambados moi importantes que non se expuxeron como o Golpe de Estado do 36 en Cambados, o primeiro nomeamento de Alcalde despois da etapa fascista, o nafraxio do "Está como nunca" ou o ascenso do Cambados a segunda B entre outras moitas cousas, pero bueno a exposición e digna de vistar.

 

1910 unhagrandechea cambados exposición 1920 unhagrandechea cambados exposición 1930 unhagrandechea cambados exposición

Foto 1.- 1910.- Redención da mili por 800 ptas. Foto 2.- 1920.- Tiros en Castrelo – Cambados. Foto 3.- 1930.- O telefono chega a Cambados.

1940 unhagrandechea cambados exposición 1950 unhagrandechea cambados exposición 1960 imhagrandechea cambados exposición

Foto 1.- 1940.- Reunión da Falange en Vilagarcia.- Foto 2.- 1950.- Limpeza das ruinas de Santa Mariña.- Foto 3.- 1960.- Homenaxe a Cabanillas.

1970 unhagrandechea cambados exposición. 1980 unhagrandechea cambados exposición 1990 unhagrandechea cambados exposición

Foto 1.- De Gaulle, presidente de Francia visita Cambados.- Foto 2.- Richar rumorease que pode fichar nun equipo asturiano.- Foto 3.- Chu li, maiordomo da famosa seria Falcon Crest na praza de Fefiñans.

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com

————————————————————

A ACTRIZ CAMBADESA PAULA CHARLÍN PRESENTA “O TESOURO”, A SÚA PRIMEIRA PELÍCULA

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TESOURO UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TESOURO (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TESOURO (2) 

O director de cine almeriense Manuel Martín Cuenca presentou onte en Santiago "O Tesouro", unha película para televisión inspirada no clásico da literatura "A Illa do Tesouro", que ten como protagonista á actriz cambadesa Paula Charlín.

"O Tesouro", segundo as palabras de Martín Cuenca, inspírase "libre e lejanamente" na novela do escocés Robert Louis Stevenson, aínda que neste caso os narcotraficantes substitúen aos piratas, aínda que o fondo narra unha historia entrañable que fala da emigración, a amizade ou o amor.

A película foi rodada no verán de 2007 en escenarios naturais da zona de Ortigueira e O Barqueiro, na costa coruñesa.

"O Tesouro" está protagonizada por Antonio da Torre (Goya en 2006 ao mellor actor secundario por "Azuloscurocasinegro"), Antonio Durán "Morris", Luís Zahera e dous mozos debutantes: o catalán Xullo Adoitar e Paula Charlín, natural de Cambados, escollidos ambos nas probas de selección realizadas.

A película narra a historia de Fran (Xullo Adoitar), un adolescente fillo de emigrantes galegos fincados en Barcelona, quen ao morrer os seus pais decide viaxar a Galicia para coñecer a súa orixe e a terra da que tanto oíra falar.

A aventura do mozo comeza cando descobre uns fardos de haxix ocultos nas rocas. Neste lugar, coñecerá a Manuel (Antonio da Torre), un pescador, que o salvará e acollerao na súa casa.

A actriz debutante Paula Charlín afirmou que a súa primeira experiencia no cine habíalle resultado moi gratificante, e aínda que dixo que lle gustaría continuar no mundo do celuloide, non se aventurou a asegurar que o fará.

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com

————————————————————

ADIVINA, ADIVINANZA

SANY1439 

Esta sinal atópase na intersección da Rúa Sevilla co Caleixón da Congostra en Fefiñans, algo de "prohibido", o problema é saber o que porhiben.

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf 

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com

————————————————————

 

  UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:

"OS PITUFOS"

   

 

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com

————————————————————

UNHA GRANDE CHEA INVITADA A VELADA MÚSICO-GASTRONÓMICA

UNHA GRANDECHEA CAMBADOS ANO 2009 CABANILLAS (18) unhagrandechea cambados ytayo daporta

 

Foto 1.- O presidente e o  Secretario de Unha Grande Chea co Patrón Maior e con Anabel Garro na derradeira velada  celebrada no Museo do Viño. Foto 2.- Yayo Daporta.

 

Anabel Carro e Rocío Acha presentaron o concerto. O grupo de cámara Colatura Músical e o gastrónomo cambadés Yayo Daporta ofrecerán hoxe, a partir das sete da tarde no Museo do Viño, unha peculiar velada que mestura a música, a cultura e a gastronomía, a través de fragmentos de ópera relacionados co viño. Esta singular xornada vitícola e musical foi presentada onte pola concelleira de Cultura, Anabel Carro, e a directora da Rede Museística, Rocío Acha, que destacaron o interese de promover e divulgar os recursos gastronómicos de Cambados, mesturándoos co mundo da cultura. A pianista Lorena Varela, a soprano Daniella Sttagnitto e a violinista Illona iniciarán o acto interpretando seis fragmentos de óperas clásicas de Donizetti, Verdi e Bizet, relacionados co mundo do viño.
Unha vez finalizado o concerto, Yayo Daporta ofrecerá unha degustación de cócteles inspirada nas pezas musicais previas. Trátase, segundo explicou Anabel Carro, dun ensamblaxe feito con orixinalidade que pretende alcanzar o éxito na divulgación dos produtos da vila.
A xornada gastronómica musical está aberta ao público en xeral, e o Concello contactou con algúns colectivos culturais para que asistan.

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com

————————————————————

CINE EN C.C. SALNÉS

158_g  303_g

 

O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 29 de marzo ás 18:00 h. o documental " A CASA DE LOLA DE ANDRÉS + UN METRO CADRADO". A entrada é de balde, ata completar aforo.

FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf

BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com

————————————————————

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s