O XUVEN NOS ACTOS DO XXX ANIVERSARIO HOMENAXEOU OS SEUS CINCO PRESIDENTES.
Onte tivo lugar no Pavillón do Pombal os actos centrais do 30 aniversario do Club Xuventude de Baloncesto O "XUVEN", enfrontándose o equipo júnior do Meca de Servia. O resultado era o de menos, o importante foi a homenaxe que se lle tributou os cinco presidentes do Club Ramiro Vidal, Roberto Vidal, José Luis Iglesias Lareu , Juan Luis Iglesias e Jorge Castiñeiras. No acto estiveron o Alcalde de Cambados José e Manuel Cores Touris, a Concelleira de Cultura Anabel Carro, o deputado electo e concelleiro do PSOE domingo Tabuyo e a Concelleira do BNG María José ademais de autoridades federativas. O acto foi moi emotivo e o club regaloulle os seus cinco presidentes unha placa conmemorativa. Quen nos ía a dicir fai trinta anos que aquel club que nacía con moita ilusión ía chegar a onde chegou. Nos sen animo de criticar porque todo estivo moi ben homenaxear a xente coma Egidio Varela e Eduardo Charlin que partiron a alma por este club, pero ben entendemos que non se pode estar en todo.
————————————————————
BRONQUITIS CRÓNICA, PLAY BACK E X-TRUME EN ZAO
PLAY BACK X-TRUME
Este xoves día 20 de Marzo as 23.30 en Discoteca Zao de Cambados, concerto de BRONQUITIS CRONICA, PLAY BACK E X-TRUME. Se realmente queres reflexionar nesta semana de pasión non podes perderte este importantísimo festival. Dicir que importante labor está a facer a Discoteza Zao para proxección de artistas en alza a ver se Concello toma nota para o vindeiro Albariño.