Numerosas persoas relacionadas co mundo da cultura entre eles varios representantes de UNHA GRANDE CHEA, así como moitos mozos sumáronse onte aos actos organizados polo Concello para render unha homenaxe ao director cambadés Juan Galiñanes, que estivo a piques de gañar un Goya coa súa curtametraxe "O bufón e a infanta".
O acto celebrouse no auditorio da Xuventude e comezou cun vídeo sorpresa no que aparecían amigos de Juan, familiares, membros de Unha Grande Chea e a concelleira de cultura Anabel Carro logo Anabel fíxolle entrega dunha foto feita polo afamado fotografo Eduardo Apariz, e posteriormente Juan visiblemente emocionado agradeceu a asistencia a todos os presentes e manifestou que agora mesmo atópase traballando nunca longametraxe de animación e polo que está moi ilusionado logo seguiuse coa proxección de dúas curtametraxes da súa creación; "Incomunicados" e "O bufón e a infanta".
Durante o transcurso da gala, a concelleira de Cultura, Anabel Carro, destacou o don de Juan Galiñanes para crear arte e remarcou que a pesar de que non puido traerse o premio Goya para Cambados, será o principal favorito para obter o Mestre Mateo, para o que está nomeado.
O colofón á noite púxoo a actuación do grupo vigués "O odio e os seres queridos", que ofreceron un concerto de pop-rock e techno do que gozaron numerosos mozos.
Os curtos que se puideron ver no auditorio cambadés teñen características moi diferentes. Así, "Incomunicados" é unha comedia de poucos minutos sobre dous individuos moi distintos que comparten un mesmo problema, a súa incapacidade para comunicarse. Pola súa banda, "O bufón e a infanta" é un curto de animación inspirado no conto de Oscar Wilde "O aniversario da infanta" e se desenrola na sala dun museo dedicado a Velázquez. A infanta abandona "As Meninas" e o bufón sae doutro cadro do gran pintor español.
O remate do acto varios membros de UNHA GRANDE CHEA estiveron departindo uns intres con Juan Galiñanes desexándolle moita sorte para o futuro.
Fotos: Ana Lidia Martinez Rey, La Voz de Galicia e Diario de Arousa.
ESTA NOVA FOI PATROCINADA POR:
VINDEIRA REAPERTURA EN RÚA HOSPITAL 41-BAIXO-CAMBADOS
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
————————————————————
30 ANIVERSARIO DO XUVEN
Embrion do "Xuven" equipo do Juventu d T.A.C. nel podemos ver de esquerda a dereita de pe: Egidio Varela, Ramiro Vidal (Ex-presidente do Xuven), Eduardo Charlin, Oscar Fariña, Mané Cuiñas, Manolo Prado, Mon Vieites; agachados: Felipe Aragunde , Pepe Cubeiro, Tito Moro (Q.P.D.), Sanchis Oubiña e Jorge Castiñeiras (Presidente do Xuven)
Algúns tivemos a sorte de coñecer o Xuven dende que naceu, e mais incluso tivemos a sorte de ver o embrión do actual Xuven e incluso de donde procede o seu nome. O nome do club "Xuventude de Baloncesto", non foi máis que a galeguización do nome da JUVENTUD TAC, que foi onde realmente naceu o Xuven, alí estaban o irmáns Vidal, Jorge, Eduardo, Mané, Egidio, Mon, Chon, Pepe Cubeiro, Sanchis, Oscar, Manolo Prado, Piño, Otero etc. Todos xogamos unha liga dentro do edificio da Juventud donde era o patio de butacas (o actual auditorio), unha das persoas que máis traballou para facer o campo foi Benito Abal Roma.
Dous dos primeiros equipos do Xuven
Jorge, unha das persoas que máis sabe de baloncesto en Cambados e parte do estranxeiro convenceu os máximos dirixentes da Juventud T.A.C. os irmáns Vidal, Ramiro e Roberto para facer un club aparte, e cousas do destino un club de baloncesto feminino, e así naceu o Xuven, dun grupo de amigos que aínda hoxe en día seguen a ser grandes amigos, e este embrión chegou a ser un dos mellores clubs de baloncesto da provincia de Pontevedra, e que dure. Estes días cumpre o "Xuven" nada máis e nada menos que trinta anos e para celebralo o martes 18 as 20.30 horas enfróntanse a Aqua Mega Monta de Belgrado. A entrada vai ser gratuíta e váiselle render homenaxe a tódolos que no seu momento foron presidentes do Xuven dende o ano 1978, Ramiro Vidal, Roberto Vidal, José Luis Iglesias Lareu, Juan Luis Iglesias Patiño e Jorge Castiñeiras, homenaxe que nos propoñemos que debe incluírse a dúas persoas que foron santo e sinal neste club Exidio Varela e Eduardo Charlin quen si tivera os medios que hai sen dúbida houbera sido un gran xogador de baloncesto.
O actual Xuven
Como xa sabedes esta páxina deixou de falar do Xuven porque agora está o Blog de Angel Cambados, que fai unha información máis detallada e que podedes visitar en: http://4ngelct.spaces.live.com de xeito provisional porque está en construción unha paxina web do Xuven.
Cartel anunciador do partido conmemoración XXX aniversario, no medio o "factotum" do Xuven Jorge Castiñeiras , este club é coma un fillo para él, e por último anécdota, no derradeiro Boletín por un erro de imprenta sinalase o 300 aniversario en vez do 30.
"LONGA VIDA O XUVEN"
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
————————————————————
O DIA DE SAN BENITO , CALLOS NO PANDEMONIUM
O vindeiro venres e como reivindicación do día de San Bieito, xa que a igrexa no celebra por coincidir con Viernes santo, o restaurante Pandemonium de Cambados (Rua Albariño 16-Cambados) , e desafiando a tódalas leis divinas vai poñer "tapa de callos" para os que se acerquen alí a tomar un viño. Así no lo prometeu o seu cociñeiro maior Tonino. Debían de tomar exemplo tódolos bares de Fefiñans.
FUTBOL DE CAMBADOS En : www.clubjuventudcambados.cl.tf
BALONCESTO DE CAMBADOS EN: http://4ngelct.spaces.live.com
————————————————————