A frase do día: Choro e non quero chorar, por unha Galicia asoballada, libroa e queroa librar, desa xente descoidada.

CINE EN CENTRO COMARCAL SALNÉS
151_g
 

O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 15 de marzo ás 18:00 h. o documental "Bs. As.". A entrada é de balde, ata completar aforo.

BS. AS.

Sinopse

Bs. As. é unha película sobre Buenos Aires e a súa relación con Galiza (sobre a emigración, por tanto). Bs. As. escaravella nas miserias, nas traxedias, nos traumas, nas separacións, nos desencontros que a emigración conleva, e que a día de hoxe aínda perduran. Nunha primeira parte, que poderíamos chamar prólogo, unha serie de vellas fotografías reflicten o devir histórico dunha familia, tan ligado a América. Unhas fotografías serán a ancoraxe gráfica do relato. Unha voz nostálxica, desde aquí, desde Galiza, desde o pasado buscando o presente, desde a ausencia buscando a presencia. Unha voz do presente, do lado de alá, nun idioma alleo. A primeira voz é ancestral, oral: contos de inverno contados ao pé da lareira. A segunda é escrita, epistolar, moderna. Unha lectora con acento, emigrante tamén ela, porque o acento é a característica primeira do emigrante, o que o identifica, o que o discrimina. Unha longa viaxe en metro: é a despedida, o afastamento da grande urbe. Non hai contacto, non hai voz: o machacón e obsesivo traqueteo das rodas nos raís percute na conciencia do viaxeiro, do espectador, tomando o lugar das palabras e da dor que estas expresan.Participou no Festival de Xixón (sección Llendes) 2006, no Festival Internacional de Documentales Punto de vista (sección oficial) 2007, no Festival Play-Doc (Tui) conseguindo o Premio Foco Galicia 2007, no Festival de Las Palmas (sección D-generación) 2007 e no II Premio de Cine-Ensaio Román Gubern (Barcelona) do que foi a obra gañadora no 2007.

Localización

Bos Aires

————————————————————

¿O MUNDO É REDONDO?

cartel-Ourense

 

————————————————————

NOTA INFORMATIVA DO BNG DE CAMBADOS

xantar-bng-4-07-10

 

O RECONTO DEFINITO DALLE A RAZÓN AO BNG AO ADMITIR A RECLAMACIÓN DE CEN VOTOS QUE NON LLE FORAN COMPUTADOS EN CAMBADOS

 

Os resultados definitivos certifican que a organización nacionalista obtivo 1297 votos e unha porcentaxe de voto do 14,36, o que supón un aumento en votos e en porcentaxe ao respecto das eleccións xerais do 2004

Hoxe venres rematou o reconto definitivo dos resultados das eleccións xerais do pasado domingo día nove; e nese reconto definitivo admiteuse a reclamación efectuada polo BNG contra os resultados provisionais correspondentes ao concello de Cambados difundidos polo Ministerio de Interior; dado que estes non coincidían coas actas das  mesas electorais, e adxudicaba ao BNG cen votos menos dos que realmente tivo. Finalmente o reconto definitivo das actas confirmou 1297 votos para o BNG ao Congreso dos Deputados, o que supón un apoio dun 14,36% do electorado.

O BNG xa na mesma noite electoral se decatou de que os datos do Ministerio e as copias das actas en noso poder non coincidían, ao adxudicárselle nunha mesa só 12 votos, cando realmente, e así consta nas actas os votos obtidos foron 112.

O BNG quere dar a coñecer estes dados definitivos para que non leve a confusión os dados erróneos procedentes do ministerio de interior, información que foi utilizada de xeito interesado polo Partido Popular cando eles mesmos sabían que era errada dado que tiñan no seu poder as mesmas actas que ten o BNG.

Este aumento de votos a de porcentaxe de electores e electoras de Cambados, que apostaron polo nacionalismo nunha coxuntura tan complexa como foi a destas eleccións xerais, amosa que o traballo da asemblea local do BNG contribúe a que segamos a ser un dos concellos con presenza social e electoral  do nacionalismo por enriba da media de Galiza.

Cambados; 14 de marzo de 2008

——————————————————–

GÓSPEL EN CAMBADOS 

48040_153577

 

Cambados pon á venda as entradas para un concerto de góspel na Xuventude
O Concello de Cambados e Caixa Galicia chegaron a un acordo para traer ao municipio a actuación do grupo Northern Kentucky Brotherhood Singers. A formación, que canta góspel, chegará ao municipio o próximo 27 de marzo ás nove da noite. As entradas atópanse xa á venda, ao prezo de 3 euros, no centro da Merced.
Segundo explicou a tenente de alcalde de Cambados, Anabel Carro, esta é a primeira vez que Cambados proba o sistema da venda anticipada. Recorda que «o aforamento da Xuventude é limitado e non poderá haber ninguén de pé» polo que anima aos veciños «a que retiren canto antes as súas entradas». A música góspel chegará ao municipio da man dun convenio con Caixa Galicia, que tanto o Concello como a entidade financeira esperan poder repetir no futuro.
Música tradicional
O grupo Northern Kentucky Brotherhood Singers é un quinteto «de varias voces que son todo un espectáculo sobre o escenario», engadiu Carro. Actualmente, atópanse de xira por España e cultivaron granes éxitos. «O bo destes grupos é que se adaptan moi ben ao estilo contemporáneo», explicou a tenente de alcalde. Por iso na Xuventude soarán cancións tradicionais, pero tamén as últimas novidades. Interpretarán temas tan coñecidos como Ain’t non rocks ou Jesus, we just want to thank you . Esta formación naceu e vive ligada a unha igrexa de Kentucky.

(Nova recollida de "La Voz de Galicia")

————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s