Segundo decreto de 21 de Febreiro , o Presidente da Xunta de Galiza ven a nomear Conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galiza o cambadés JOSE LUIS COSTA PILLADO. O Consello Consultivo é un órgano consultivo, de carácter técnico xurídico, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, de Galicia, que está ó servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma, e que, ó igual que outros órganos semellantes existentes no estado español -Consejo de Estado ou consellos consultivos autonómicos-, ten como fin último velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas e, en xeral, pola observancia da Constitución, do Estatuto de Autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico. O dia 11 de marzo nun acto solemne doulle posesión do seu novo cargo.
José Luís Costa Pillado é licenciado en dereito pola Universiade de Santiago de Compostela e exerceu como xuíz en Ibiza, A Estrada e Pontevedra. Ascendeu á categoría de maxistrado en 1988 e como tal exerceu en Pontevedra, onde foi xuíz-decano dos seus xulgados. Na actualidade é maxistrado da sala de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Para os que non o coñezan decir que o seu pai foi o fundador de Confiteria Costa que na actualidade rexenta o seu irmán Pablo na Rua Hospital.