55 ANOS DE HUMANIDADE E TRABALLO POLOS DEMÁIS.
"Feliz cumpreanos amigo"
JOSE MANUEL DOMINGUEZ SANCHEZ, máis coñecido por José Manuel, ou Menel, ou Domin, ou Dominkes, ou profe, cumpre hoxe 55 anos, dos cales 29 pasounos en Cambados, para nos é un cambadés máis, pero el confesase palense e a moita honra e ademais profesa como tal. Nado en Palas de Rei no ano 1953 déuselle por estudar maxisterio en Lugo, compaxinando coa outra súa gran afección, o fútbol pero sempre dandolle prioridade os estudos. Rematado Maxisterio e aprobada a oposición o seu primeiro destino foi Vic, alí estivo entre os cataláns, ata que puido pedir destino na súa terra, quería un pobo con mar, e en Cambados estaba libre unha praza no C.P. de Santo Tome, e para aquí se veu coa María , abordo do seu 127 no ano 1979, co seu carácter afable e aberto non tardou nada en ter amigos, e en 1985 xuntase cuns cantos cambadeses e forma o que hoxe e en parte grazas a el unha institución en Cambados a Asociación Cultural e Deportiva "UNHA GRANDE CHEA",… a ata agora… divertíndonos, facéndoo pasar ben a xente, metese en canto fregado hai, membro de Teatro Caracol, caricaturista, bombeiro en fin home polifacético onde os haxa.
O seus grandes a amores, a María o Jacobo e o Alberto, por eles desvivese e move Roma con Santiago . É unha grande persoa e non é que o digamos nos dio moita xente, foi un gran futbolista, é un gran mestre, un gran carallán pero sobre todo é un bo amigo, e non dubida e dicir as cousas a cara, pero sempre tratando de ser construtivo. Para nos falar ben del é moi doado, pero a veces quedamos marabillados cando presuntos contrincantes , ou xente que está nas súas antípodas en política ou na súa forma de pensar falan ben del, iso é marabilloso. Podiamos estar falando del horas, dias, anos, toda unha vida pero sabemos que a él non lle gusta por iso sen mais querémoste e Felicidades Campión.