Hai un depósito nas inmediacións do múelle de Fefiñans, preto mesmo o denominado "múelle do colesterol" que no mesmo pon "Aire líquido", pero segundo outras fontes parece ser un depósito de gas, ignoramos o perigo que supón o mesmo, por iso queremos recoller información de quen o saiba se dito deposito ten algún perigo ou simplemente é inofensivo, dende logo como se ve nunha das fotos hai un núcleo de poboación moi importante preto do mesmo.
————————————————————
FOI, É , E SERÁ UNHA GRANDE PRAZA
A veces en charlas e coloquios discútese como era a praza de Fefiñans en tempos idos, se tiña un , dous ou tres pontes ou como era en realidade. Buscando na nosa biblioteca particular atopamos este debuxo de Mon Daporta que foi con confeccionado para unha especie de revista feita polo C.P. de Castrelo e baixo a coordinación e dirección de Adela Leira, revista moi interesante e da que iremos sacando máis datos. A praza segundo o debuxo feito por Mon Daporta vémola como era no Século XVIII con catro pontes, unha ía do que é hoxe o Bar Laya (antigas cabalerías), outro a ponte actual, outro que unía as dependencias do pazo coa igrexa e outro que unía a igrexa coa actual casa de Rovira. Aproximadamente no 1840 por acordo do Concello de Cambados retiráronse tres pontes, quedando unicamente a actual.
NOVA PATROCINADA POR:
PRÓXIMA APERTURA EN RÚA HOSPITAL
————————————————————
INICIACIÓN A VELA
|
Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés
Rúa dos Olmos 21. 36630 Cambados. Pontevedra
DESEÑO PREVIO
ENTIDADE ORGANIZADORA |
Asociación de Ensinantes do Salnés (Candea) e LICEO CASINO DE VILAGARCÍA
|
TÍTULO DA ACTIVIDADE |
inicición á vela para o profesorado |
MODALIDADE DE FORMACIÓN |
Curso
|
OBXECTIVOS PREVISTOS |
· Dotar aos profesores e profesoras asistentes de recursos de cara a aplicar o uso da vela como actividade extraescolare complementaria. · Coñecer os elementos básicos da navegación a vela. · Aprender a manexar unha embarcación a vela. · Deseñar actividades para realizar co alumnado en relación coas áreas de Coñecemento do Medio Social e Natural e Educación Física. · Difundir o coñecemento dos recursos que ofrece o Salnés a diferentes niveis: etnográfico, ecolóxico, histórico, económico, literario … |
CONTIDOS |
· Manexo dunha embarcación a vela. Principios teóricos e prácticos. · Estudo dos principios físicos relacionados coa navegación. · Estudo da ría de Arousa: xeomorfoloxía, fauna, flora, etnografía, recursos económicos, actividades humanas, historia… |
DATAS DE REALIZACION |
31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril. |
HORARIO |
das 16 ás 20 horas Luns ás 16 horas comezo do Curso nas instalacións do Clube do Mar do Liceo Casino, no porto deportivo de Vilagarcía |
LUGAR DE REALIZACIÓN |
I.E.S. Asorey. Cambados (Pontevedra), Peirao de Tragove (Cambados) e Ría de Arousa.
|
Nº DE HORAS DA ACTIVIDADE |
20 horas
|
MATRÍCULA |
40 euros+seguro |
Nº MÁXIMO DE PRAZAS |
ata 20
|
RELATORES |
Álvaro Paz e tres monitores de vela. |
inscripcións |
Tf 986520161, 986520407 |
———————————————————–
CAMBADESES ILUSTRES: JOSÉ CAAMAÑO BOURNACEL
Naceu en Cambados en 1909. Foi Comisario do Corpo Xeral de Policía e cronista oficial de Cambados, ademais de colaborador de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi membro da Real Academia Galega e, desde 1973, membro tamén da Real Academia de Historia. Escribiu moitas obras; en 1948, “El Periodismo Gallego en relación con el periodismo español” que obtivo premio nos Xogos Florais da Coruña e tamén o premio Pérez Lugin por “Ficción y realidad en la cala de la Troya”. Pero as súas publicacións máis coñecidas son as que fan referencia o seu Cambados natal:”Cambados a la luz de la Historia” de 1933, “Notas para un estudio de la personalidad de Doña Maria de Ulloa, madre del arzobispo D. Alonso III de Fonseca”, “Don Fernando de Valladares2º Vizconde de Fefiñanes” de 1953, “Estampas de Cambados” de 1953 e “Cambados y el Valle del Salnés” de 1957. Todos eles son de gran valor para o estudo da nosa vila. Morreu en Madrid en 1975.
(Texto e fotos recollidos do libro "Cambados cen anos de historia a través da fotografía" dos alumnos do I.E.S Francisco Asorey de Cambados)
————————————————————
SAN BENITO, SI
Reivindicamos dende esta páxina a celebración da festa de San Bieito de Inverno. Este ano San Bieito vai ser eclipsado polo venres Santo, e nos pedimos que se faga igual a procesión que haxa fogos e despois o máis importante e principal que na do "Vajo" se sirvan tapas de callos que tan ben prepara Lolita, queremos ir o Bar Cruceiro e que con un viño case saiamos comidos en fin queremos ir de viños por Triana. Pedimos dende aquí o Monseñor Xulián Barrio que promulgue unha bula especial para este dia e non deixe os de Triana sen un dos seus dias máis importantes.Aparte non podemos ser racistas xa que dentro de uns días vaise celebrar o San Bieito negro (O de Palermo) a el non lle poñer problema ningún. A Xesuscrito seguro que non lle importa ese dia compartir protagonismo con San Bieito.
————————————————————
BORRÓN 4, NOVA EXPOSICIÓN
O día 14 de marzo vindeiro ás 20.30 horas vai ter lugar a inauguración da exposición de Xavier Magalhäes. A mostra podese visitar ata o día 29 de abril de mártes a sábado de 11.30 a 14.00 e de 18.30 a 21.00.
A pintura de Xavier Magalhaes practica un expresionismo no que, malia estar presente a figuración, as súas formas chegan case á abstracción. A súa pintura reflicte unha vitalidade que atopamos tamén nel mesmo, ao pouco de entablar conversa.
Co seu humor inesgotábel, os seus cadros caracterízanse polas cores vermellas, laranxas, amarelas e os grandes trazos en cor negra. Todos elas plasman unha visión vitalista e chea de entusiasmo.
———————————————————–
NOVO VIDEO DE
O mestre gaiteiro galego Vitorino, nunha das nosas xuntanzas gaiteiras, nas que disfruto a honra de participar da sabedoría e amizade, nos arredais da mítica Torre de Hércules ( Patrimonio da Humanidade: ¡ Si ! ).
————————————————————
UNS E OUTROS
A touro pasado e unha vez as eleccións xerais 2008 son historia aquí vos presentamos dúas instantáneas dos roqueiros máis importantes do noso pais, quizais estes días fora un dos correos máis repetidos que nos enviaron , a parécenos que a veces tamén hai que tomar a política de carallada.
————————————————————
tenis de mesa
A dúas xornadas do fin da liga case todo o peixe está vendido en tódalas categorías que afectan ós equipos da capital do albariño.
En primeira división, ca fase asegurada e o primer posto case, case, o equipo vaise rodando para o momento decisivo da tempada. Éste fin de semana, cómoda victoria ante Valladolid por 4-0.
En segunda, victoria en Ordes por 2-4. O segundo posto parece utópico nestos momentos, pero seguirase na loita ata o final. Por outro lado, sempre que haia renuncias, o equipo ten moitas papeletas para clasificarse entre os mellores terceiros de entre tódolos grupos, polo que hai moitas posibilidades de fase tamén. Haberá que esperar un pouco.
En primera galega, unha victoria e unha derrota no dobre desprazamento a Vincios do Caixa Galicia que o mantén na 2ª posición a expensas do equipo de 2ª nacional para acadar o ascenso.
A boa nova foi a dobre victoria do Xoiería Enrique no mesmo feudo, que o saca do descenso, e lle dá espranzas para manter a categoría.
En 2ª galega, victoria por 4-0 frente o Lalín e debido a unha serie de carambolas impensables fai un mes o equipo pode aspirar á 2ª praza.
En terceira galega, victoria do Insurcapi por 4-0 e do astegal por 4-2, que están pola metade da táboa e tratarán de rematar a tempada o mellor clasificados posible.
No canto do Rábade, despóis da 1ª derrota a semana pasada, retomou a senda do triunfo, e deberá gañar un dos dóus partidos que lle queda para afianzar a primeira posición.
Agora toca un inexplicable parón dun més antes das últimas dúas xornadas de liga. Lamentable.
Un saudo.
————————————————————
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Visita os nosos video clips en: |
R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |