A frase do día: Galego son de nacemento, galego son de corazón, galego son de pensamento, galego son con razón.

SERIE CAMBADESES ILUSTRES: FRANCISCO ASOREY
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS ASOREY 1
 
Francisco Asorey naceu en Cambados en 1889. Desde pequeno demostra boas maneiras para a escultura a pesares  da oposición dos seus pais que prefiren darlle formación en Comercio. Xa desde novo traballa nalgunhas carpinterías onde realiza as súas primeiras obras. Entre 1903 e 1906 estuda no Colexio Salesiano de Baracaldo (Bilbao) onde fai a primeira ensinanza, logo pasa o Colexio Salesiano de Sarria (Barcelona). Desde 1906 ata 1909 traballa como profesor de debuxo e segue estudando no Colexio Salesiano de Baracaldo.
 
unhagrandechea cambados asorey (5) unhagrandechea cambados asorey
Desta época son as obras como “A viúva do pescador” 2º premio na exposición nacional de Santiago. De 1909 a 1917 vive en Madrid onde fai estudos  e o servizo militar. Desta época é “Cabaleiros Negros”, relacionada coa obra de Rodin. No ano 1918 fixa a súa residencia en Santiago porque obtén a praza de escultor anatómico da Facultade de Medicina. A partires desta data monta  o seu propio obradoiro e empeza a usar materiais propios de tradición galega como madeiras de castaño e carballo e varios tipos  de pedras graníticas. Tamén  a temática será tipicamente galega. Así en 1920 fai “Picariña” no 22 “Naiciña”, no 23 “Ofrenda a San Ramón” e no 24 “O Tesouro”. Tanto esta última obra  como “Santa”(Moi comentada por presentar unha figura feminina espida) e “San Francisco”, medalla na exposición nacional, teñen gran importancia no mundo artístico do momento polo seu concepto e propostas  e tamén foron relevantes no eido do nacionalismo galego.
 
unhagrandechea cambados asorey (2) unhagrandechea cambados asorey (4)

Nos anos 30 adícase a encargos en madeira de temas relixiosos. “Virxe da Soedade” e “Nai de Dor” son algúns exemplos  así como o monumento a San Francisco de Santiago. No ano 1934 fai o monumentos a Curros Enriquez que é inaugurado  coa presenza do presidente da República. Cara 1945 inicia unha nova etapa volvendo temas máis populares como “Filliña”. Nesta etapa é profesor na Escola de Artes de Oficios de Santiago e catedrático de debuxo no instituto Rosalia de Castro. Tamén foi nomeado membro da Real Academia Galega. Xubilase como profesor en 1955 e tres anos máis tarde fai o monumento a Cabanillas. Morreu en 1961, aos 72 anos por mor da silicose. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

 

unhagrandechea cambados asorey (3) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS ASOREY 1 (1)

(Texto e algunhas das fotos recollidas do libro “Cambados cen anos de historia e través da fotografía” dos alumnos do IES Francisco Asorey).

————————————————————

¡POÑEDELLE A REDE XA!

 

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS COMPLEXO (2)   UNHAGRANDECHEA CAMBADOS COMPLEXO (3)

Unha das pistas de tenis do Complexo Polideportivo do Pombal en Fefiñans fai varios meses que se atopa sen rede, co prexuízo conseguinte para os seus usuarios que en vez de poder usar tres pistas só poden usar dúas.

 
————————————————————
O CANTANTE "FRANCISCO" EN CAMBADOS
Unhagrandecheacambados francisco
O famoso cantante valenciaciano Francisco, andivo estes días por Cambados, e no dia de onte un dos nosos comoñentes cruzouse con él en plena Rúa Sevilla. Chon, o noso Secretario , estaba a pasar o seu can, cando o propio Francisco puxose a acaricialo, intercambio unha verbas con él e desexoulle unha feliz estancia no noso pobo.
————————————————————
INFORMACIÓN ELECTORAL
untitled
MITIN PECHE DE CAMPAÑA EN VIGO
O BNG celebrará o venres 7 de marzo, ás 20´15 h., no Pavillón das Travesas de Vigo, o mitin de peche de campaña.
 Haberá autobuses gratis con saída de:
    Vilagarcía, ás 18´45 h. desde a Explanada TIR.
    Cambados, ás 18´30 h. desde a explanada do mercado (ao lado do local do BNG).
 Reserva a túa praza de autobús, chamando ao local comarcal do BNG, 986 56 50 59.
Agardamos contar coa túa presenza.
————————————————————
MÁIS CINE EN C.C. SALNÉS
unhagrandechea cambados fronteiras (1)   unhagrandechea cambados fronteiras (2)
 

O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 8 de marzo ás 18:00 h. o documental "FRONTEIRAS". A entrada é de balde, ata completar aforo.

Sinopse

O documental repasa as diferencias que existen entre os límites administrativos de Galicia e os sociolingüísticos. Sen chegar a tomar partido sobre a galeguidade dos territorios asturianos, leoneses ou portugueses que arrodean a fronteira autonómica, a película reflexiona sobre como a lingua e a cultura son alleas ás divisións políticas e sobre como un concepto tan difuso como a identidade se estende a través delas.

Argumento

O documental, escrito e dirixido por Rubén Pardiñas trata sobre as fronteiras sociolingüísticas de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. Foi producido por Pasacana Films e patrocinado por AVID Technology.

Recóllense nel declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e tamén de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde. Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei ou Xosé Lluís García Arias tamén aportan o seu punto de vista, ademáis dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano.

unhagrandechea cambados fronteiras (3)   unhagrandechea cambados fronteiras (4)

Doutra banda, o filme inclúe entrevistas ós habitantes de vilas como Vilafranca do Bierzo (León), Ibias (Asturias) ou Castro Laboreiro (Portugal), cuxa decisión sobre a súa propia identidade "debe primar ante todo á hora de definilo", di Pardiñas. O director explica como "neste grupo, hai de todo, dende o que razoa que el é castelán falando nun galego impecable ata o que reclama a anexión a Galicia".

A cuestión principal que Fronteiras presenta é que aínda que as fronteiras administrativas xa están fixadas e poucos as discuten, os límites culturais son difusos e están no centro do debate, tanto para os intelectuais como para a xente que vive entre dúas terras. "Sen tomar partido por ningunha opción, nós queremos reflectir ese debate", afirma o seu director Rubén Pardiñas.

Observacións

Premio AvidHoc "Xpréssate en Tui" ao mellor proxecto documental no II Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc 2006.

Música: Os Resentidos, A Banda de Poi, Siniestro Total.

Idiomas de gravación: Galego, asturiano, portugués, castelán

Avance do documental en youtube:

http://es.youtube.com/watch?v=1Anjq13lRb0

————————————————————

NOVO BLOG EN CAMBADOS 

www.clubjuventudcambados.cl.tf

unhagrandechea cambados

 

Dámolle a venvida na rede a unha nova páxina de información, desta vez totalmente futbolistica e máis concretamente do noso primeiro clube "O CAMBADOS", sorte e adiante co voso traballo.

NOVA PATROCINADA POR:

 

Apariz fotografia

VINDEIRA APERTURA EN RÚA HOSPITAL

————————————————————

ACTUACIÓN NA ILLA 

CARTEL EVEN DEFINITIVO

————————————————————

 

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s