A nosa proposta de programar un día para promover os grupos musicais cambadeses O Bosque Ambulante, Os Airas, Bronquitis Crónica, The Rackets, PlayBack, X-Trume e Take un día do Albariño, acaba de adquirir carácter institucional grazas a Victor Caamaño Concelleiro do BNG, quen no pleno do xoves 28 de febreiro, no capitulo de rogos e preguntas dixo que apoiaba a proposta de UNHA GRANDE CHEA e solicitaba da Concellaría de Cultura se tivera en conta a nosa proposta. Definitivamente a pelota está no tellado da Concellaría de Cultura: ¡Anabel non defraudes os rapaces!
————————————————————
UN CAMBADÉS NOMEADO XEFE DA NOVA FISCALIA DE ÁREA EN VIGO
No B.O.E. de 23/02/08 o cambadés Juan Carlos Horro González foi nomeado como xefe da nova Fiscalía de Área que se despregará en Vigo.
Horro leva máis dunha década de servizo na Adscrición Permanente da Fiscalía de Vigo, aínda que o Ministerio de Xustiza confirmoulle a praza definitiva no 2001.
En xuño do 2004, foi galardoado co premio Lois Peña Novo en recoñecemento polo seu labor como xurista e porque incluía o idioma galego na redacción dos documentos legais da Xustiza.
Un dos procesos máis complexos que dirixiu foi a acusación do caso Aspergillus, cuxo xuízo durou case un mes. Horro tamén investigou posibles irregularidades na concesión de licenzas durante a etapa do ex alcalde Príncipe, entre 1991 e 1995, en edificios da rúa Rosalía de Castro e as torres Ifer.
A loita polo cargo da Fiscalía de Área foi bastante disputada. Entre os tres candidatos que aspiraban ao posto figuraban o actual coordinador xefe, Carlos Gil, e o especialista en seguridade laboral, David Canoa.
A nova Fiscalía de Área terá unha independencia relativa e relanzará a materias especializadas como Medio, Tráfico, Inmigración ou Laboral.
Juan Carlos é irman de Amancio, piloto de líñas aéreas que na derradeira festa do Albariño foi nomeado Cabaleiro. Decir tamén que outro cambadés Benito Montero Prego ven desenrrolando dende fai moitos anos o cargo de Teniente Fiscal en Pontevedra. Os nosos parabéns a Juan Carlos.
NOVA PATROCINADA POR:
VINDEIRA REAPERTURA EN RÚA HOSPITAL
————————————————————
INFORMACIÓN ELECTORAL
————————————————————
MILLADOIRO COMPÓN A BANDA SONORA DA PELICULA "LAS GALAS DEL DIFUNTO"
Milladoiro, ven de rematar a composición e gravación da banda sonora da película "Las Galas del Difunto", dirixida por José Luis García Sánchez, con guión deste último xunto a Rafael Azcona.
José Luis García Sánchez, ten dirixido entre outras, as seguintes películas: La Corte del Faraón, Divinas Palabras, Tirano Banderas, Suspiros de España (y Portugal), Tranvía a la Malvarrosa y Lazaro de Tormes.
A película, basada na obra de Don Ramón María del Valle Inclán nos suxire, cos seus esperpénticos personaxes, a técnica do guiñol, a dinámica dos seus movementos e, finalmente, a súa formalidade de máscaras: máscaras distorsionadas polo efecto dos espellos cóncavos nos que se mira a natureza humana.
O reparto da película está composto, entre outros actores por: Juan Luís Galiardo, Juan Diego, Pilar Bardem, Mabel Rivera, María Pujalte, Pepón Nieto e Adriana Ozores.
———————————————————–
A cine club Adega proxectará seis películas no auditorio da Xuventude, os venres ás nove da noite
Fai xa anos que os cambadeses non poden gozar dunha sesión cinematográfica sen necesidade de saír do municipio. Ata agora, os ciclos organizados polo Concello centrábanse nas cintas máis familiares e xuvenís. Pero, a partir deste mes, os veciños desta localidade poderán visionar o mellor cine de autor. O equipo de goberno e o cine club Ádega chegaron a un acordo para que A Xuventude convértase xa no cine municipal.
«O cine é algo máis que sentar diante dunha pantalla. é cultura e consegue espertar unha visión crítica da sociedade», con estas palabras presentaba a primeira tenente de alcalde, Anabel Carro, as proxeccións que se emitirán na Xuventude. O Concello tiña ganas de pór en marcha un ciclo de cine para adultos. E o cine club Ádega parecía a mellor alternativa. «Contamos coa súa experiencia á hora de seleccionar películas. Ademais, é un tipo de cine máis cultural, ao que non todo o mundo pode ter acceso», engadiu.
O proxecto nace con vocación de «manterse. De achegar un cine diferente ao público, un cine que non está nas salas comerciais», explicou Carmen Sánchez, directiva de Ádega. Tamén, de descentralizar as proxeccións, que agora só se realizan en Vilagarcía, e de facer novos socios e continuar así co seu labor de difusión do cine.
Por norma xeral, as proxeccións realizaranse no auditorio da Xuventude, os venres ás nove da noite. A excepción será a inauguración do ciclo. Celebrarase o xoves, 6 de marzo coa película é máis fácil para un camelo , unha comedia de Valeria Bruni. As sesións volverán ao día seguinte coa as cinco da tarde , unha cinta iraniana. Ambas están dedicadas ao colectivo feminino, para celebrar o Día dá Muller Traballadora.
En abril, o cine club realizará unha homenaxe ao actor Fernando Fernán Gómez, coa proxección do documental A cadeira de Fernando . E en maio proxectarase a cinta Vitius , suíza.
Por agora, as sesións de cine concluirán en xuño, mes que se dedica ao medio ambiente. Os cambadeses poderán ver Terra , que fala sobre a situación do planeta. Tamén, Nómades do vento , un documental sobre aves.
O prezo das entradas será de 1,5 euros excepto para os socios do cine club, que será gratis.
Texto: Maruxa Alfonso. Foto: Martina Miser.
————————————————————
A POSTAL DE PEPE
O noso amigo Pepe Daporta anda en viaxe particular pola Arxentina, e como non lembrouse dos seus amigos, a quen lles enviou esta preciosa postal con unha non menos "cachonda" dedicatoria . Tampouco ten desperdicio o sobre no cal fixo constar "OFISINA DE FICO O ELECTRISISTA".
Boa viaxe e mellor volta Pepiño.
———————————————————–
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Visita os nosos video clips en: |
R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |