A frase do día: Darlle de comer os maiores enchelle a urna os peores.

GALICIA TRILINGÜE

Os de Galicia Bilingüe están claramente contra do noso idioma tan agarimoso él, pero ós “bilingües” non lles gusta,  eles prefiren o inglés e así  din que as insignias chámanse "pins", os maricóns "gays", as comidas frías "lunchs", e as reparticións de cine “castings”, Galiza non é o mesmo: agora é moito, moitísimo máis moderna.

Outrora os nenos lían contos no canto de “comics”, os estudantes pegaban “posters” crendo que eran carteis, os empresarios facían negocios no canto de “business”, e os obreiros, tan ordinarios eles, sacaban a fiambreira ao mediodía en vez do “tupper-ware”.

186-1977-a-Galiza-Vaca 20061106171736-galego 20071116223215-galiza-non-se-vende

Os “bilingües”, no colexio, fan “aeróbic” moitas veces, pero non saben realmente que están a facer ximnasia. Ninguén é tan bilingüe coma eles se non din cada día cen palabras en inglés. As cousas, noutro idioma, sóanlle moito mellor, agás que sexa en galego, iso si.

Evidentemente, non é o mesmo dicir “bacon” que touciño , aínda que teñan a mesma graxa, nin vestíbulo que “hall”, nin inconveniente que “hándicap”… Desde ese punto de vista, os de Galicia Bilingüe son modernísimos.

Non din bizcocho, senón “plum-cake”, nin teñen sentimentos, senón“feelings”. Sacan “tickets”, compran “compacs”, comen “sándwiches”, van ao “pub”, practican o “rappel” e o “raffting”, en lugar de acampar, fan “camping” e, cando veñen os fríos, limpan os mocos con ”kleenex”.

200px-Nuncamais 535580_3bca51c980 calcwav

Eses cambios de linguaxe influíron nos súas costumes e melloraron moito o seu aspecto. As mulleres non usan medias, senón “panties” e os homes non utilizan calzóns, senón “slips”, e logo de afeitarse bótanse “after shave”, que deixa a cara moito máis fresca que o tónico.

Os de  Galicia Bilingüe xa non corren, porque correr é de covardes, pero fan “footing”; non estudan, pero fan “masters” e nunca conseguen aparcar pero sempre atopan un “parking”. O mercado agora é “marketing”; o autoservicio, o “self-service”; o escalafón,  é o “ranking” e o representante, o “manager”.

chapagoza1    chapaspingu     chapasporco

Os importantes son “vips”, os auriculares “walkman”, os postos de venda “stands”, os executivos “yuppies”; as aias “baby-sitters”, e ata “nannies”.

Na oficina, os seus xefes están sempre en “meetings” ou “brain storms” case sempre coa “public-relations”, mentres a “assistant” envía “mailings” e organizan “trainings”; logo iranse ao ximnasio a facer “gim-jazz”, e atoparanse con todas as da “jet”, que veñen de facerse “liftings”, e con algunha “top-model” amante do “yogurt” lixeiro e o “body-fitness”.

chapaspunto en_galego_1 gal galicia images

O arcaico aperitivo deu paso aos “cocktails”, onde se poñen verdes a “bitter” e a “roast-beef” que,aínda que pareza o mesmo, engorda moito menos que a carne.

Os periodistas, sen ir máis lonxe traballan nun “magazine”, non nun programa. Na tele, cando o presentador di varias veces a palabra “O.K.” e baila como unha buxaina polo escenario a cousa chámase ”show”, ben distinto,como sabedes, do anticuado espectáculo; se o “show” é “heavy” é que contén carnaza e se é “reality” parece o defunto diario de "El Caso", pero en moderno. Entre medias, por suposto, xa non se poñen anuncios, senón “spots” que, aparte de ser mellores, permítenche facer “zapping”.

images1  logoletras neno Vieiros

Estas cousas enriquecen moito. Para ser ricos do todo, e quitarlles o complexo terceiromundista que ten esta xente, só lles queda dicir con acento americano a única palabra que o galego exportou ao mundo: a palabra "CARALLO"

Iso si , segundo eles o galego que lle dean polo cu.

Esperamos que vos gustara… nos antes de publicalo non sabíamos se tiñamos “stress” ou é que estabamos ata os collóns dos de Galicia Bilingüe.

(Este texto non é orixinal senón que se fixo a partir dun correo enviado por un amigo noso).

 

Sfume

————————————————————

INFORMACIÓN A COMERCIANTES 

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PARA A INCORPORACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN NO PEQUENO COMERCIO

 

Serán subvencionables as actuacións que sirvan para a dotación de equipos para o proceso de información destinados a aplicacións de contabilidade, facturación, almacén e automatización das vendas; aplicacións informáticas de carácter xenérico ou standard destinadas aos fins sinalados anteriormente; deseño e implantación de sistemas de comercio electrónico; páxinas web promocionais do establecemento comerciais; equipos portátiles como ordenadores portátiles ou axendas electrónicas; caixas rexistradoras; terminais punto de venta; lectores ópticos de códigos de barras; sistemas de medición e pesaxe de mercadorías; sistemas de etiquetaxe; sistemas de alarma, sistemas anti-furto e portas de seguridade; fotocopiadoras e aparatos de teléfono e fax e equipos para o tratamento de temperatura dos produtos para a exposición e venta ao público exclusivamente.

 

O investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, salvo no caso do deseño de sistemas de venda non presenciais e páxinas web, nos cales o investimentos máximo a subvencionar sería de 3.000 euros.  Dentro destes parámetros, a axuda da Consellaría chegará ata o 50% do investimento subvencionable. Esta proporción poderá acadar o 60% se o demandante da axuda se incorpora a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que asuman tarefas de medios de pago, plans de fidelización, acceso a internet, entre outras.

 

Publicadas no DOG o 22 de febreiro, remata o prazo de presentación de solicitudes o 31 de marzo

VICTOR CAAMAÑO.

————————————————————

http://es.youtube.com/anosaterraTV

A nosa Terra

Damos a benvida a unha nova canle en you tube A Nosa Terra TV, adicada especialmente o noso pais, a súa cultura, a súa xente, os seus deportes e as súas costumes, vídeos moi interesantes  e feitos a maioría con moita calidade, digno de visitar.

————————————————————

O BAR GERMÁN

 

SANY1102

O Bar German decano dos bares de Cambados, aparte do seu prestixioso viño e das súas famosas empanadillas, é coñecido entre os futboleiros como "O Bernabeu", alí os sábados ou os domingos os madridistas danse cita para ver o seu equipo os cales celebran os goles dun xeito especial, a súa antítese e o Bar Laya , na mesma praza de Fefiñans, que é un feudo totalmente barcelonista. Un día teríanse que enfrontar as dúas afeccións nun partido de fútbol.

NOVA PATROCINADA POR

_5146572-011-copiahervella-3zocos-5

————————————————————

ANA CANCELA EXPÓN NA CAFETERIA REYMAR DE FEFIÑANS 

unhagrandechea cambados ana cancela (1) unhagrandechea cambados ana cancela (2) unhagrandechea cambados ana cancela (3)

Ana Cancela expón na Cafeteria Reymar de Cambados

Nada en Santiago de Compostela no ano 1957, a Psicologa Ana Cancela decidiu hai tres anos dedicar a súa vida unicamente á pintura logo de se formar en diversos obradoiros e escolas de arte. Alumna de recoñecidos artistas como Miguel Mantilla ou Xosé Pardiñas, co tempo ela mesma pasou a ser a mestra impartindo unha serie de cursiños de debuxo e pintura patrocinados polo concello de Sanxenxo, onde promoveu a creación da Escola de Pintura municipal.

Ana Cancela mostrou a súa obra en numerosas exposicións individuais e colectivas en salas de Vilagarcía, Brión, Santiago de Compostela, O Grove ou Pontevedra.

unhagrandechea cambados ana cancela (4) unhagrandechea cambados ana cancela

————————————————————

MÁIS CINE EN C.C. SALNÉS 

2860_g

O Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, proxecta dentro do ciclo de documentais de Cinemas Dixitais, o sábado 1 de marzo ás 18:00 h. o documental "AS ENCROBAS, A CEO ABERTO". A entrada é de balde, ata completar aforo.

Sinopse

As Encrobas é unha parroquia do Concello de Cerceda que a mediados dos anos 70 conta con case mil douscentos habitantes e arredor de 250 casas. Neste lugar abríase un fértil e amplo val agrícola ao carón da parte sur dos Montes de Xalo, atravesado polo rio Barcés e que durante séculos foi o medio de vida dun grande número de familias adicadas tradicionalmente a agricultura. No ano 77, As Encrobas saltou aos medios de comunicación cando a empresa Limeisa, filial de Unión Fenosa, pretende facerse coas terras e casas do val que albergaba miles de toneladas de carbón. Amparándose nun expediente de expropiación aprobado polo consello de ministros presidido polo dictador Franco no pazo de Meirás no verán do 1972 no que se declaraba de interés público a extracción do carbón co obxetivo de alimentar unha central térmica. A empresa ofrece prezos moi baixos aos labregos e labregas polas súas propiedades e foi entón cando comenzaron os intentos de expropiación forzosa e os enfrontamentos cos veciños que non estaban dispostos a abandonar o seu medio de vida a calquera prezo.

Avance do documental en youtube:
http://es.youtube.com/watch?v=4uEwMeiFeh4

 

tarjeton reverso

 

  ———————————————————–

CONCERTO NO RIF-ROCK 

unhagrandechea cambados pub rif

O pub Rif Rock de Cambados vai ser protagonista dun novo concerto o vindeiro día 1 de marzo ás 23.30 horas, esta vez a cargo de THE EVEN FLOW EXPERIENCE . Prométennos dende o Pub que haberá novas sorpresas.

————————————————————

BO FIN DE SEMÁN PARA O CAMBADOS 

unhagrandechea cambados

Xornada plena de éxitos para o Cambados, primeiramente o primeiro equipo gaño por un sorprendente 3-0 o Rápido Bahia cando ninguén o esperaba. Doutra bando o Cambados segue na pelexa o gañar 1-2 perante o Chispa de Corón e traballo que custou.

NOVA PATROCINADA POR

Apariz fotografia

PRÓXIMA APERTURA EN RÚA HOSPITAL

————————————————————

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s