A frase do día: Vivir para rir, rir para vivir.

O MARTES DE ENTROIDO (Máis fotos en "En Portada – Máis Albaumns – Martes de Entroido")
XENTE [640x480]
Grazas a todos por vir, trataremos de mellorar.
 

Aínda que pareza que non , un día de moito traballo para nos. Despois de que se instalou o palco pola mañá coa asistencia de Toti, e despois de haber trocado o día de xantar oficial do martes para o sábado, comezamos a montar o que tiñamos preparado para facer o espectáculo de "CHEAVISIÓN". Estabamos tremendo toda vez que o día estaba dubidoso, e non tiñamos certeza plena de que non chovera, porque había aparellos que non eran nosos. Afortunadamente non choveu e alí puidemos ver a "Betty Missiego", a "Abba" a "Massiel", vídeos de época etc, a praza estaba completamente abarrotada, e a inda que nos fallou un dos altofalantes  o espectáculo desenrolouse con total normalidade, unha hora máis ou menos durou o mesmo e a canción Triana foi coreada por gran parte dos asistentes. Vendemos 250 exemplares da revista "A Calcada" en menos de dez minutos.

 

              martes entroido08 098 [640x480] martes entroido08 099 [640x480] martes entroido08 100 [640x480]

                             O noso novo Chalequeiro "Manolo Paz" (preme nas fotos para velas ampliadas).

 

Un dos momentos máis emotivos, para nos, e de seguro que para el foi cando se nomeou "Chalequeiro"  a un dos nosos artistas mais universais, o escultor MANOLO PAZ. Domin fixo a presentación e o Presidente da Asociación "Fico" recibiuno no palco do seguinte xeito:

Cambadeses de Cambados

cambadeses de Castrelo

estamos aquí reunidos

para nomear Chalequeiro.

Naceu alá nas Quintans

de onde marchou de pequeno

non quería ser labrador

quería ser "torero".

Foi veciño do Pombal,

de neno foi carniceiro

consagrado escultor

foi "maestro" de canteiros.

Heredeiro de Asorey

de Lino bo compañeiro

tan grande como Cabanillas

máis alto que Cuco Leiro.

Cunha pedra fai un libro

cunha palabra un cruceiro

cun pau fai un olivo

e un disfraz con un loureiro

Chámese Manolo Paz,

pintor, escultor e abuelo

polos méritos que ten

ímolo nomear "Chalequeiro".

 

Manolo Paz quixolle contestar co seguinte discurso que traia manuscrito: “Jrasias a la academia e a mi familia y fuera Rouco y su sobrino”, pero o final como fai sempre Manolo tirou por donde quixo.

Rematamos o acto, coma sempre cantando o noso himno "Esmajare".

Neste Entroido tivemos uns gastos considerables entre o venres e o martes sufragámolos en parte con  cartos da asociación pero tamén nos axudaron dun xeito ou doutro as  seguintes persoas e entidades:

Discoteza Zao, Nestor, Play Back, X-Trume, Casa Rural  e Albariño A Capitana, Pub A Leria, Astilleros Facho, Conselleria de Turismo, Teatro Caracol, Imprenta Fidalgo, Vicente Fajardo e Marel.

————————————————————

CHOURIZO FILMS PRESENTASE EN VIGO

                                               SANY0560 [640x480] SANY0580 [640x480]

 

Fannos saber os nosos amigos de CHOURIZO FILMS  a proxección dunha retrospectiva sobre as curtas de PRODUTORA, o vindeiro xoves día 21 de febreiro ás 21:30 no Arteiensaio dvd club www.arteiensaio.com, rexentado polo cambadés Manu Paz, na rúa Progreso, nº 5 de Vigo.

                                                                         

nuevo-2

————————————————————

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS A SECA "EN ACCIÓN"

                        fotos tina 033 fotos tina 034 fotos tina 037

Despois das exitosas sesións de Risoterapia,  os días 15, 22 e 29 de febreiro e 7 e 14 de marzo as 20:30 da tarde organizadas pola Asociación de Mulleres Rurais A Seca  e na Casa da Cultura de Corvillon terá lugar  unhas SESIONS DE AUTOESTIMA  a cargo de persoas especializadas.
As que non sexan socias pagaran un precio simbolico de 5 €.
Para anotarse deberan chamar os teléfonos
690 843 493 – 610 205 416.

————————————————————

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s