O Centro Comarcal do Salnés e a Axencia Audiovisual pon en marcha un novo ciclo de Cinemas Dixitais dedicado aos documentais galegos.
O Centro Comarcal do Salnés e a Axencia Audiovisual Galega, da Consellaría de Cultura e Deporte, inicia o sábado 16 de febreiro un novo ciclo dentro do proxecto Cinemas Dixitais. Desta volta distribuiranse 18 documentais galegos que se poderán ver en numerosos municipios espallados por Galiza. Agárdase repetir o importante éxito obtido co primeiro programa, no que unhas 25.000 persoas asistiron ás proxeccións que se realizaron en preto de 120 concellos.
Os obxectivos que a Consellaría de Cultura quere cubrir con Cinemas Dixitais son achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos de Galiza. Cumpridos os obxectivos co primeiro ciclo composto por telefilmes, a Consellaría quere agora extender ese éxito aos documentais galegos.
Os filmes que proxectarán nesta ocasión as pantallas do Centro Comarcal do Salnés xiran arredor de catro temas de plena actualidade na nosa sociedade: a vivenda e o urbanismo, a memoria histórica, a emigración e os movementos sociais. O propósito é amosar a capacidade do audiovisual galego de producir documentais que reflexionen sobre a nosa realidade.
Con esta idea Cinemas Dixitais pretende apoiarse na fórmula dos “cinemas-forum” para que o cidadán galego tome conciencia dalgúns dos grandes problemas cos que pode convivir nada máis traspasar o umbral da súa casa. Desta maneira, o audiovisual galego amosa como a súa produción documental ten capacidade para fixarse e reflictir novos perfís que se van incorporando aos modos de vida de Galiza.
Entre os documentais seleccionados atopamos filmes de distinta procedencia: produción televisiva, longametraxes subvencionados, curtametraxes de creadores individuais ou produción independente. Unha escolma que pode servir para analizar o estado do documental en Galicia. Unha forma fílmica que agocha unha especial relación entre a forma e o contido, establecendo pontes significativas entre a representación e a realidade. Asemade, hai que dicir, que moitos dos filmes forman parte do mellor do noso audiovisual nos últimos anos, documentais televisivos que entroncan moi ben co público e outros, con maior complexidade na súa realización, que gañaron varios premios e participaron en distintos festivais internacionais.
A primeira das proxeccións desta nova etapa terá lugar o sábado 16 no Centro Comarcal do Salnés, co pase ás 18:00 horas do documental "How soon is now? 2050", dirixido por Ruth Chao García. A esta seguirán outras exhibicións ao longo dos vindeiros catro meses, todolos sábados ás 18:00 h. A escolma dos filmes inclúe obras de procedencias diversas, que toman moi ben o pulso do estado do documental galego actual: producións televisivas, producións independentes, longametraxes subvencionados ou curtametraxes de creadores individuais.
Os filmes que se inclúen son ‘Un metro cadrado’ (dirixido por Beatriz Vázquez Campaña), ‘A casa de Lola de Andrés’ (Elena Carnoto), ‘A cidade perdida’ (Miguel Anxo Romero), ‘Bandoleiros ou guerrilleiros’ (Alfredo García Pinal), ‘Lobos sucios'(Felipe Rodríguez Lameiro), ‘Traballadores do contrabando’ (Víctor Aparicio), ‘A memoria nos tempos do volfram’ (Antonio Caeiro), ‘Memorial de Camposancos’ (José Ballesta), ‘Os Satélites’ (Paco Lodeiro), ‘Isaac’ (Xosé Abad), ‘Vilaboa, mirando á Meca’ (Álvaro Gago), ‘Mundo bazar’ (Sabela Pernas), ‘Cabo Verde, Sabi’ (Manuel Masada), ‘Bs. As.’ (Alberte Pagán), ‘As Encrobas’ (Xosé Bocixa), ‘Historia dunha parroquia’ (Marcos Nine), ‘2050. How soon is now?’ (Ruth Chao) e ‘Fronteiras’ (Rubén Pardiñas).
As catorce sesións de "Documentais galegos 1" que ofertamos no Centro Comarcal do Salnés, coa data de proxección, son os seguintes filmes:
1. 2050. HOW SOON IS NOW?.
Sábado 16 de febreiro ás 18:00 h.
2. HISTORIA DUNHA PARROQUIA.
Sábado 23 de febreiro ás 18:00 h.
3. AS ENCROBAS.
Sábado 1 de marzo ás 18:00 h.
4. FRONTEIRAS.
Sábados 8 de marzo ás 18:00 h.
5. BS. AS.
Sábado 15 de marzo ás 18:00 h.
6. CABO VERDE, SABI + MUNDO BAZAR. + VILABOA, MIRANDO Á MECA.
Sábado 22 de marzo ás 18:00 h.
7. A CASA DE LOLA DE ANDRÉS. + UN METRO CADRADO.
Sábado 29 de marzo ás 20:00 h.
8. A CIDADE PERDIDA.
Sábado 5 de abril ás 18:00 h.
9. OS SATÉLITES.
Sábado 12 de abril ás 20:00 h.
10. MEMORIAL DE CAMPOSANCOS.
Sábado 19 de abril ás 20:00 h.
11. A MEMORIA NOS TEMPOS DO WOLFRAM.
Sábado 26 de abril ás 18:00 h.
12. TRABALLADORES DO CONTRABANDO.
Sábado 3 de maio ás 18:00 h.
13. BANDOLEIROS OU GUERRILLEIROS. + LOBOS SUCIOS.
Sábado 10 de maio ás 18:00 h.
14. ISAAC.
Sábado 17 de maio ás 18:00 h.
Tamen no segundo trimestre do 2008 poñeranse en marcha novos ciclos como "Curtametraxes galegos 1" ,"Galicia animada", "Documentais galegos 2" e outros mais en preparación.
A rede de Cinemas dixitais está a ofertar actualmente proxeccións en formato dixital en 110 concellos galegos.
—————————————–
O HOME DO DOMINGO
ACTO PÚBLICO EN VILANOVA O DOMINGO 17 CON PRESENZA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA
O domingo día 17 ás 18h. da tarde na casa da Cultura do Esteiro en Vilanova, con intervencións de Carmela Alfonso (portavoz municipal), Bieito Lobeira (deputado no Parlamento Galego), Montserrat Prado (Delegada da Consellaría de Innovación e Industria) e Olaia Fernández Davila (cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra).
—————————————–
LECCIÓN DE COMPORTAMENTO
"Toda unha lección" (Fotos: Martinez Miser -preme nelas para velas ampliadas).
O sábado de Piñata, co gallo da inauguración co Campo de Herba artificial do Pombal, a directiva con Richar a cabeza doulle unha lección de comportamento os nosos gobernantes tanto a nivel local como provincial. Tomen nota señores.
————————————————————
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Visita os nosos video clips en: |
R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |
Hi,Do you need advertising displays, advertisement screens, LCD digital signage and LCD signages? Please go Here:www.amberdigital.com.hk(Amberdigital).we have explored and developed the international market with professionalism. We have built a widespread marketing network, and set up a capable management team dedicated to provide beyond-expectation services to our customers.
amberdigital Contact Us
website:www.amberdigital.com.hk
alibaba:amberdigital.en.alibaba.com[ddfjcddijjfadeg]