SÁBADO DE ANTROIDO: A VODA DE 1907
(Preme nas fotos para velas máis grandes.)
Tócalle a quenda "A VODA DE 1907", este disfraz naceu un día no Pandemonium cando Montse nos conta que o día dous de febreiro estaba ela e máis Olga de aniversario de voda, e ¿qué podiamos facer?, falamos e dixemos:pois unha voda pero antiga. A verdade é que o disfraz foi un dos mellores da camparsa nestes 23 anos de existencia, todo o mundo ía guapísimo, as fotos están encadradas nun marco incomparable como é o casco antigo do noso pobo e sobre todo a casa de turismo rural "Pazo A Capitana". Estivamos na de Juan Silva, quitamos unha foto na Praza de Alfredo Brañas para Diario de Pontevedra, fumos o Bar German e rematamos no Pandamonian, quitamos a foto de familia na Igrexa parroquial e logo diriximonos o pazo, o banquete foi dos que marcan época e despois baile e copas ata caer de cu, coidamos que foi un dos mellores días da Asociación en moitos anos. Preparamos un vídeo en cor antiga que podedes ver a continuación, tratamos de eliminar signos anacrónicos aínda que algún se nos colou , esperamos que vos guste o vídeo, un traballo de UUNHA GRANDE CHEA TV:
De todas formas se queredes ver as mesmas fotos a toda cór, vaite a "A NOSA PORTADA- MÁIS ALBUMS . A VODA DE 1907" e podrás disfrutar das mesmas.
NOVA PATROCINADA POR PAZO A CAPITANA E ALBARIÑO A CAPITANA
—————————————–
EDUARDO APARIZ , A PIQUES DE ABRIR UN ESTUDIO DE FOTOGRAFÍA.
Proximamente o fotografo Eduardo Apariz, coñecido por todos polo famoso calendario a prol de Esperanza Salnés, vai a abrir un estudio fotográfico na Rúa Hospital de Cambados, esperamos que lle vai moi ben o noso amigo Eduardo, e que por suposto conte co noso grupo de gaitas para a inauguración. O seu traballo como fotografo está amplamente contrastado.
—————————————–
MIGUEL PALACIOS QUINTO NO CAMPIONATO GALEGO
(Preme nas fotos para velas ampliadas)
Disputouse entre os días 9 E 12 de febreiro, no hotel Eumesa da localidade coruñesa de Pontedeume, o Campionato Galego Infantil, no que o cambadés Miguel Palacios obtivo a quinta posición, mellorando un posto a clasificación do ano pasado. Miguel, que saía como 12 do ranking, completou un bo torneo (5´5 puntos) e quedou a medio punto da segunda praza.
Na última partida, ante o ourensán David Gómez, Miguel necesitaba a vitoria para obter a segunda posición do torneo. A partida resultou igualada, pero o cambadés non soubo aproveitar unha pequena vantaxe obtida no medio xogo e o match terminou en táboas. O torneo foi gañado polo vigués Samuel Villar.
O bo rendemento do cambadés pode servirlle para formar parte da Selección autonómica infantil que no mes de xuño disputará en Asturias o campionato de España por autonomías.
Mentres tanto Miguel continúa coa súa preparación para o campionato de España individual, participando co seu equipo ?Escola de Xadrez de Pontevedra- na liga autonómica, alternando en primeira división B, onde conseguiu un empate e en segunda categoría, na que disputou dous encontros cunha vitoria e unha derrota.
Un traballo para Unha Grande Chea de M.A.P.P.

DOUS NOVOS AMIGOS DA REDE
Dos novos blogs amigos acaban de irrumpir con forza nada rede por parte do Concello de Meis
http://meis.blogaliza.org/ e por parte do Concello de Sanxenxo http://cousasdesanxenxo.blogspot.com/ , benvidos , a traballar e sorte na tarefa.
—————————————–