VIVA O SÁBADO DE PIÑATA.-

VENRES DE ENTROIDO EN DISCOTEZA ZAO VIVIMOS "CHEAVISIÓN".
VENRES ANTROIDO CHEAVISIÓN UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS (13) [640x480] VENRES ANTROIDO CHEAVISIÓN UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS (57) [640x480] VENRES ANTROIDO CHEAVISIÓN UNHA GRANDE CHEA CAMBADOS (62) [640x480]
Imos tratar de contar o entroido de Unha Grande Chea día a día e imos comezar polo venres en Discoteca Zao con "Cheavisión".  A verdade que aínda que pareza que non custounos o noso traballo, houbo ensaio xeral o xoves e son estivo a cargo de Nestor a quen lle temos que agradecer a súa importantísima colaboración. Primeiro actuou o grupo de gaitas de Unha Grande Chea, logo actuaron "Play Back" quen estiveron casi perfectos e interpretaron unha versión de "Waterloo" digna de escoitar", logo veu Betty Missiego (Olga), Abba (Unha Grande Chea) e Massiel (Montse), rematou o festival uns pletóricos X-trume que fixeron gozar os presentes interpretando tamén a súa peculiar versión de "Eres tu" de Mocedeades. Un venres no que vimos gozar a moita xente e xa se está a converter nun "fixo" en Cambados os venres de Entroido organizados por Unha Grande Chea.
Se queres ver moitas fotos do evento vaite a "A nosa Portada" "Máis álbums" "VENRES DE ENTROIDO".
 
UNHA GRANDE CHEA TV (co cámara mamado) TAMÉN ESTIVO ALI:
 
NOVA PATROCINADA POR:
ZAo
—————————————–
PRESENTANOS O SEU VIDEO:
"GALICIA, O ANTROIDO"
A cultura tradicional popular ten na Festa o escenario máis importante no que desenvolve a maior parte das súas relacións sociais. Existe un festexo con claro pasado pagán e cuia orixe remóntase aos máis ancestrais tempos pretéritos, posteriormente resituados na órbita cristiá, que goza de gran predicamento e seguimento entre o pobo galego: o Antroido ou Entroido ( carnaval galaico ).
A orixe do termo pódese situar na voz latina "introitus" ( entrada ) por sinalar a entrada posterior ao período de Coresma.
O Antroido sempre gozou de gran seguimento popular, pois a doutrina cristiá esixía no subsiguiente período de Coresma unha ríxida penitencia e abstinencia: prohibición de comer carne e suspensión de festas e celebracións.
Nas datas de antroido realízanse grandes rituais gastronómicos nos que a carne de porco ten unha presenza esencial: cacheira, lacón, roxóns, tripas, botelo, chourizos…, exquisitos postres como "o bolo de antroido" ( preparado con fariña de millo e centeo é un pan de mesa sen levedar ), filloas, orellas e flores…
Pero o Antroido non só é gastronomía xa que trátase da festa popular de maior transcendencia do ano. Antigamente era a época preferida pra a representación de obras teatrais ( o antroido é en si mesmo unha gran peza teatral ). Tradicionalmente durante estas festas pódese expresar con impunidade a "vox populi". Antano comezábase en xaneiro, con dous domingos de antelación ao "domingo de entroido" xa se celebraba nalgúns lugares o "fareleiro": os máis mozos espallaban o "farelo" ( casca esmiuzada de gran de cereais, que no muíño sepárase da fariña ) sobre as mozas, que en ocasións era substituído por hollín ou cinza.
O domingo anterior ao "de Antroido" coñécese como "corredoiro", pois nalgúns lugares era tradicional a "corrida do galo". Os xoves anterior e posterior a esta data coñécense como de "compadres e comadres" , simbolizando a eterna loita de sexos: no xoves de comadres os representantes masculinos portan imaxes que representan ás mulleres, quenes tentaban arrebatarllas pra evita-la súa queima; no xoves de compadres invertíanse os papeis.
Pero é o sábado e domingo de antroido cando comeza o esplendor.
Moitos son os protagonistas do entroido de Galicia chegados a partir da antiga raigame popular:
* "Cigarróns" ( Verín ), "peliqueiros" ( Laza ), "felos" ( Maceda e O Bolo ), "pantallas" ( Xinzo de Limia ) — poboacións da provincia de Ourense – son as máscaras máis antigas e gozan de total inmunidade ( non se lles pode tocar ), gastan bromas e mallan aos viandantes cun látego ou unha vexiga que levan cinguida a un pau.
Os "cigarróns" e "peliqueiros" levan un pucho no que representan motivos animais ou astrais e careta de madeira. Con vestimenta formada de calzón e chaquetilla anuncian a súa presenza co son dos grandes cencerros que levan na súa cintura. Desfilan en fila india, saltando sen parar sen que ninguén descubra a súa identidade.
* Os "xerais e correos" son a figura máis notoria no Val do Ulla: unha agrupación conducida por un xeneral a cabalo, e precedida polos seus "correos", enfróntase a outra homónima e rival, iniciándose unha guerra de agudeza na composición de versos trala que os xenerais asinan unha tregua ata o vindeiro Antroido.
* As "madamas e galáns" de Cobres-Vilaboa ( Pontevedra ) salientan por un vestiario moi colorido e fastoso: sobre unha vestimenta de cor branco lucen enorme cantidade de rechamantes complementos ( mantóns de manila, collares, chapeus, cintas…).
* "O rei Urco e o loro Ravachol" representan o antroido pontevedrés. O primeiro preséntase na cidade cos seus exércitos, e Teucro, en inferioridade, recíbeo cunha festa que dura tres días; ao final morre envelenado.
O enterro do "loro Ravachol" ( nome posto por Perfecto Feijoo ó seu loro ) celébrase o sábado posterior ao martes de antroido e sustituíu ao enterro da sardiña.
* O Enterro do Antroido: o antroido remata o "mércores de cinza", co "enterro da sardiña" na maioría dos lugares. Unha tradición importada da meseta na segunda metade do século XIX, pois o tradicional en Galicia eran os enterros de "mecos, entroidos ou momos". Tal enterro non deixa de ser unha inhumación polo rito cristián no que o defunto é a sardiña.
Cada localidade representa nun boneco-rei a figura do entroido ( entroidos, mecos, momos, "o Felipe", "o Felipiño ", " o Marcial", "o Farruco"… ), que é quemado na cerimonia.
* "Domingo de piñata": celébrase o domingo posterior ao mércores de cinza ( primeiro domingo de coresma ) e é unha oportunidade pra rompe-la penitencia e o recollemento da coresma. A "piñata" é un xogo infantil relacionado co galego "xogo das olas" o cal celebrábase nalgúns lugares da provincia de Ourense polo antroido.
 
—————————————–

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea1

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Visita os nosos video clips en:

R.I.P : http://es.youtube.com/watch?v=hqCED9R4SLc

O sida: http://es.youtube.com/watch?v=mGwQAWs2HAE

Lo dudo: http://es.youtube.com/watch?v=NUTYC4neQSM

Farmacias: http://es.youtube.com/watch?v=ghRpbkiBnGY

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s