PROGRAMA DE ACTOS PARA O ENTROIDO 2007 DE UNHA GRANDE CHEA
VENRES 1 DE FEBREIRO:
“CHEAVISIÓN” en DISCOTECA ZAO. Comezará aproximadamente as doce de noite. Romperá o xeo a Banda de Gaitas de Unha Grande Chea quen como novidade interpretarán a afamada marcha eurovisiva ca cal empezaban as conexións a Eurovisión. Logo actuarán os grupos cambadeses “En Play Back” e “X-Trume”, quen interpretaran temas seus e aparte interpretarán os primeiros unha versión de “Waterloo” de Abba e os segundos unha versión de “Eres tú” de Mocedades. Logo membros de Unha Grande Chea interpretarán versións eurovisivas con letra propia. Nos intermedios go-gos contratadas o efecto por Discoteca Zao animaran os presentes cos seus bailes. Coma sempre rematará o acto a Banda de Gaitas de Unha Grande chea, que interpretaron o seu himno “Esmajare”.
SÁBADO 2 DE FEBREIRO:
“A VODA DE 1907”. Recrearemos unha voda de 1907, haberá invitados, cura, noivos, e como non gaiteiros que animarán as rúas de Cambados dende as 13.30 horas, despois de percorrer varios establecementos hostaleiros (imos de viños) todos nos retiraremos a Pazo “A Capitana” onde terá lugar o Banquete Nupcial e onde haberá festa rachada, e se máis tarde 9 ou 10 da noite, o tempo o permite volveremos a percorrer as rúas cambadesas.
LUNS 4 DE FEBREIRO:
Asistencia os actos de Pub a Leria a partires das 11 da noite que este ano adican a Disney.
Varios intres dos ensaios.
MARTES 5 DE FEBREIRO:
Na mítica praza de Alfredo Brañas: “CHEAVISIÓN”, esta vez lembraremos mediante imaxes de arquivo actuacións de cantantes españois en Eurovisión o mesmo tempo que membros de Unha Grande Chea interpretaremos algunhas cancións de Eurovisión versándoas con letras propias da Asociación, como novidade máis importante dicir que este ano volvemos a cantar. Uns espectáculo multimedia.
Temos coñecemento fidedigno que outra vez non nos van instalar o palco (ainda que a día de hoxe ainda non recibimos ningún escrito o efecto) e novamente teremos que pagalo nos,tamén rexeitaron o noso ofrecemento ben para formar parte do programa de actos ben para atrasar o acto e non coincidir cos do Concello. Temos que dicir, i e de xustiza, que cónstanos que a Concelleira de Cultura Anabel Carro, "A Gallardón cambadesa" fixo todo posible para que nos puxeran o palco, pero o sector duro do concello (Tourís, Aragunde e Cia), negáronse en redondo. De tódolos xeitos grazas a Anabel polo seu intento. Pero non vos preocupedes que se non chove o espectáculo está asegurado. O que si que debido os gastos que nos ocasiona instalar nos o palco solicitamos que se algunha empresa ou entidade está desposta a sufragar os gastos do mesmo que se dirixa o noso telefono de contacto 626669562 ou a calqueira dos nosos directivos.
Varios instres do ensaio deste ano.
OUTRAS COUSAS:
Como non este ano tamén haberá o famoso “Contra-bando” e a nosa especial revista municipal “A Calcada”, que obviamente estará adicada a cantantes eurovisivos aparecerán entre outros na mesma en actitud erovisiva Montse Prado, Luis Aragunde, Roque Durán, Anabel Carro, Tourís e as súas go-gos, , os tres edís do BNG, Tabuyo e Pepe Daporta e Raphael Louzán. Na portada estarán os Panchos (Touris, Tabuyo e Vítor Caamaño) e na contra portada as letriñas deste ano. Tamén atoparemos na mesma o “contrabando”.
SÁBADO DIA 9.-
A maioría dos membros da Asociación acudiremos a cea de Sábado de Piñata do Xuven.
¡¡¡FELIZ ENTROIDO!!!