FALTAN 10 DIAS PARA O ENTROIDO

Grande estrea das curtametraxes “O hospital” e de “Area nos ollos”, de Iván Seoane no REDestreas do Centro Comarcal do Salnés

O Hospital foto 8 unhagrandechea c.c.salnes cambados (2) unhagrandechea c.c.salnes cambados

As curtametraxes O hospital  e Area nos ollos estrearanse o vindeiro venres día 25 de xaneiro as 22h00 no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados. Unhas curtas de xénero que contan cun excelente conxunto actoral que contou cunha axuda da Consellaría de Cultura e Deporte para a súa produción.
A entrada é de balde ata completar aforo.
O HOSPITAL
Foi gravada en condicións de grande dificultade no antigo Hospital Xeral sito na rúa Galeras en Santiago de Compostela. A cinta narra a historia de catro atracadores rodeados de fenómenos paranormais.
O hospital é unha curtametraxe en língua galega subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte en 2007 e coa colaboración especial da Universidade de Santiago, TV7 e Área 5.1.
Esta curta, conta coa colaboración dalgúns actores galegos como Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras, Antonio Durán Morris e Jose Barato.
Pódese tamén destacar na rodaxe a colaboración dun dos grandes técnicos cinematográficos, Enrique Banet.
A intrigante curta fíxose grazas ao director compostelán Iván Seoane cuxo equipo técnico estivo formado maioritariamente por algúns dos seus antigos compañeiros na carreira de Comunicación Audiovisual.
O tétrico ambiente das ruínas do antigo Hospital Xeral colaborou a crear un ambiente visual terrorífico que deixará os espectadores cos ollos e a boca abertos.
AREA NOS OLLOS. A LOITA POR BALDAIO 30 ANOS DESPOIS
Area nos ollos. A loita por Baldaio 30 anos despois é unha curtametraxe documental que tenta ser un exercicio de memoria histórica sobre un dos acontecementos máis importantes vividos no concello de Carballo.
Pero non só é un exercicio local, senón que o que en Baldaio aconteceu encadrouse no que se deron en chamar os movementos en defensa da terra ou do país e que xunto con Xove e As Encrobas conformaron unha tríada de notable importancia na historia da Galicia da transición.
“Xentes con problemas similares viñeron a axudarnos e nós tamén lles axudamos no que poidemos”, son as palabras dunha das voces recollidas neste traballo, voces todas elas protagonistas duns feitos crucias nas súas vidas e que tiveron o seu punto álxido a finais da década dos setenta
Que é REDestreas?
"REDestreas" é un servizo de apoio ás estreas de curtametraxes, documentais ou longametraxes sen distribución comercial. Esta rede de espazos permitirá
que un filme destas tipoloxías se presenten nalgúns dos núcleos urbanos máis importantes de Galicia coa repercusión que iso significa.
O servizo de REDestreas ven a cubrir unha demanda dos creadores e produtores dos proxectos audiovisuais galegos que non tiñan un lugar axeitado para a súa primeira presentación ante os espectadores.

—————————————–

TENIS DE MESA

edu barreiro 1 Toni, jugador del grupo Barros Karol Hasek

Unha nova xornada de tenis de mesa, que coma sempre tivo resultados dispares para os equipos cambadeses.
En 1ª división, nova victoria do Establecimientos Otero ante o perigoso Liceo de Vilagarcia por un cómodo 4-1. Karol con 2.5, Jacobo con 1.5 acadaron os puntos, e Edu perdeu contra o xogador venezolano Vivaldi nun trepidante partido.
Victoria en 2ª ante o Monteporreiro por 3-4, que fai soñar otra vez ca fase de ascenso, acercando a unha soa victoria do 2º clasificado, o propio Monteporreiro.
Sorprendente derrota en 1ª galega por 4-0 do líder, Caixanova, ante o Monteporreiro "B". Esta derrota é un toque de atención para un equipo que lle empeza a perigar o primer posto na táboa.
Tamén derrota do Xoiería Enrique co mesmo equipo, que o afunde un pouquiño máis na clasificación.
Cómoda victoria en 2ª galega en Cangas por 1-4 para un equipo que parace non ter problemas por abaixo, pero ten difícil chegar ós portos de privilexio.
Dobre victoria en 3ª galega nos derbis Cambados-Vilagarcia. Moi boa noticia para demostrar que a canteira goza de gran saúde.
En canto ó Rábade, victoria por 4-2 ante o 3º clasificado, San Isidro, para seguir cunha liga inmaculada.
Un saudo, Quique
.

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s