GO-GOS ANIMARÁN CHEAVISIÓN EN DISCOTECA ZAO
Isto vai marcha en popa e a toda vela. O un de febreiro imos dar o "pistoletazo" de saída do entroido cambadés cunha gran festa na Discoteca Zao de Cambados que coma sempre préstanos toda a colaboración que necesitamos. As xa anunciadas actuacións de varios grupos de música de Cambados versionando temas de Eurovisión, e as versións que tamén farán membros de Unha Grande Chea, temos que engadir que foron tamén contratadas pola propia discoteca varias go-gos para amenizar a festa. A banda de gaitas Unha Grande Chea comezara o espectáculo interpretando a famosa sintonía de Eurovisión. Queremos animar dende aquí a todos os cambadeses a que participen no evento.
Tamén queremos lembrar a nosa querida concelleira de cultura Anabel Carro que aínda non nos contestou o noso escrito solicitando a instalación dun palco na praza de Alfredo Brañas.
Tamén queremos lembrar a nosa querida concelleira de cultura Anabel Carro que aínda non nos contestou o noso escrito solicitando a instalación dun palco na praza de Alfredo Brañas.
—————————————–
PERRUQUERIA REY, O NEGOCIO MÁS ANTIGO DE CAMBADOS
Relendo estes días a recolección de Ramón Cabanillas con que o Concello agasallou os que asistimos fai uns meses o actos de inauguración do ano do poeta, atopámonos conque xa en 1907 a perruqueria antes chamada "Benjamin Rey", avó do actual propietario da mesma Antonio Rey, anunciaba en marzo do devandito ano no semanal "El Umia", sen lugar a dúbidas debe ser o negocio mais antigo de Cambados e aberto na actualidade, todo un "record".
Ilustramos esta nova co anuncio da época e cunha caritura de Domi do actual propietario Antonio Rey cortándolle o pelo o noso presidente Fico.
Ilustramos esta nova co anuncio da época e cunha caritura de Domi do actual propietario Antonio Rey cortándolle o pelo o noso presidente Fico.
—————————————–
¿PARA CANDO OS PREMIOS O DEPORTE EN CAMBADOS?
Novamente a principios de ano esta Asociación ven a reclamar que o Concello proceda a creación dunha Fundación Deportiva e por engadidura xa é hora de que se comecen a celebrar a Gala do Deporte na que se recoñecen e premien os nosos mellores deportistas que hai morea deles incluso algúns competindo a nivel estatal. Coidamos que sería un xusto premio a quen están todo un ano traballando e adestrando para entre outras cousas que o pavillón cambadés quede moi alto. Esperemos que a nova concelleira de Cultura e Deporta desta vez si recolla a luva.
Aproveitando a ocasión dicir que moita instalación deportiva, pero os cambadeses agás facer "footing" non temos onde facer deporta, referímonos gratuitamente, xa que en todas instalacións hai que pagar e nas que non que se paga non se pode facer deporte o estar en exclusiva polos clubs. Estremada mente caro parécenos a piscina e ximnasio 3,30 € diarios ou preto de 30 euros mensuais. Claro estes son es prexuízos de de privatizar as instalacións municipais.
—————————————–