A SABELA

A moza triste que nos facía rir.
(In Memoriam)
Montse e Sabela.

Así quixeramos resumir esta entrañable foto. Montse (esquerda) ven a representarnos a todos nos, hoxe máis que nunca estamos con ela. Sabela (dereita) non se vai, repartimola os amigos e amigas cada ún de nos deixaselle un cacho dos nosos corazóns para que siga vivindo en todos a vez. Un abrazo emotivo a Roberto, Mariña, Raúl e Chopi.

     Difícil e ser amiga, máis difícil aínda e ser nai e muller de amigos, iso todiño éralo ti, miña raíña. Prometemos irte a buscar un día e dicirche todo aquelo que mereces oír  e que nunca soubemos porque non dicircho.

     Es un exemplo de superación e bondade, soubeches convivir con alguén que non é bo compañeiro, fisecheslle sitio no teu corpo ao ladiño do teu corazón ,loitastes de cara como a máis valente, ate que desagradecido él,  botoute fora, pero ti non te rendiches, de iso nada.

     Privounos do teu corpo , que non de ti, do teu sorriso, da túa forza e do teu corazón, eses quedan con nós, cancro cabrón!!!, eses quedan con nós!

     Prometemos irte a buscar, moza fermosa, descansa en paz.

B.P.

OUTR@ ANÓNIM@ COMUNICANTE DEIXOUNOS TAMÉN ESTA PRECIOSA DEDICATORIA PARA SABELA:

     Chegaches un día a Cambados para que te atopáramos.E atopámoste. Non necesitabas unha axenda, porque só facías o que amabas, e iso lembrábacho o teu corazón. Vivías dando sorrisos a todo o mundo e aínda quedabache tempo para facer moitas cousas.

     Hoxe as doce e media saleu o sol para ti.Gracias por ter me nun anaquiño do teu corazón. Querote. 

 

ADICATORIA DO MOZO DE ANDREA (SOBRIÑA DE SABELA)

1200012226_f

                                                        O ceo pode esperar……………………………cambados.2007.

A última vez que fomos a vela a cambados, o primeiro día de agosto, sabela presentounos a toda esta beleza oriental, unha nena adoptada por uns amigos e que pasaba os seus días pondo ollos de chinita a todos os nenos con mirada de galegos da ría de arousa..

[..durante ese paseo, sabela estaba pletórica, ensinándonos os seus recunchos favoritos de cambados, as súas paredes de buganvilla preferidas, e saudando a decenas de amigos que saían en tropa á rúa no comezo da festa do albariño]

[sabela morreuse onte cando os reis meigos aínda non regresaran a oriente coas milagres..as cousas da vida cando quere parecerse ás películas fixeron que nos deixase o mesmo día en que tres anos antes morrera a súa gran amiga, e o día exacto en que os xornais, que contan a historia con letras maiúsculas, anunciaban o descubrimento científico das tres moléculas que impiden a puta metástasis do puto cancro de mama]

[sabela era a tía de andrea, a tía no sentido total e único da expresión, pero a medida que andrea íase facendo adulta, e sabe íase facendo máis adulta pero menos aos ollos do que crece, eu creo que vía nela a un referente, a unha irmá maior á que comentarlle as súas últimas anécdotas, ensinarlle un moble que compramos no centro reto ou os plans que tiña con jaimín..]

[..e aquí estou eu, sen entender que se poida ir así alguén, con corenta sete anos e tres fillos, e escribo sobre ela sen saber cal era a súa película favorita, nin o libro que volvería ler, nin a cidade na que pasaría un mes seguido co seu amor, nin tantas outras cousas que agora se puidese preguntaríalle sen dubidalo..]

[..escribo de alguén que naceu maría isabel e xa desde nena era sabela porque á xente especial cámbiaselle o nome de forma espontánea..alguén que se se que se facía querer, sabela era tamén fácil de amar e unha loitadora da vida]

[cando un non pode falar, e vese nunha situación complicada, sen dúbida ordena a súa escala de valores e dános un exemplo aos que se nos vai a vida pola boca..un dos días que a visitamos no hospital, sabela pediunos con xestos unha colonia das dúas que había no armario..cando lle achegamos a de muller, negou coa cabeza enfadada e sinalou a de home..
..será que lle gusta máis, comentou andrea, pero tivo que vir a súa filla mariña para que explicarnos que o que quería non era a colonia de home, senón a do seu home, roberto, para así cheirar un pouco máis a el..]

[..se o agarimo cara a alguén se medise pola xente que acode aos funerais, sabela era unha das persoas máis queridas de cambados..se as alertas metereológicas como a de hoxe por vento tivesen unha relación secreta coa dor e os choros das persoas, hoxe en cambados o ceo botou toda a choiva acumulada en meses de seca porque facía tempo que non se vía a tanta xente de distintas idades emocionarse xuntos nunha
igrexa..]

[..e se poño esta foto desta nena, que parece triste e pensativa como nós hoxe, é porque me recorda ese momento tan agradable con sabela, e porque estou convencido que nuns anos, outra sabela sentará nese banco a xogar e alguén lle contará que en cambados, unha vez, a súa avoa fixo que o ceo caese sobre as nosas cabezas]

 

                                                   Catu Prado deixou esta mensaxe no noso fotolog:
"Pois eu ía a escribir sobre a entrada anterior…a de mama Sabela…
pero pensando o que ía pór,deime de conta de que non hai nada que dicir, que as palabras sobran que ela era moito máis  do que todos podemos expresar..que era mama Sabela…como sempre lle chamaba….que significou para todos nós moitisimo e que como ben decides sempre estará con nós coa xente que a quería e que repartía un cachiño de corazón con cada amigo….agora só nos quedan os recordos que compartimos con ela….xa que ela dende onde este tamén estaranos a lembrar…..
eses cafés na Leria,na habitación dos fillos cantando alejandro sanz e comendo bombóns,eses entroidos,cando me regalou un anxo pintado por ela,as ceas convosco os de unha grande chea,esas clases particulares,esas rifas a Roberto a súa olliño dereito,cando acompañábaa facer as compras ao super,o seu traballo nas garderías,eses partidos de fútbol sentada ao seu lado vendo ao Cambados sen faltar a unha soa cita……..
Como  digo recordos……..pero ela esta viva neles…..
por iso agora e sempre os seguirei gardando no miña memoria proxectandoos no meu corazón e gritándolles a viva voz…
mama Sabela…..non  te esquecemos.

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s