XAQUIN XESTEIRA COMPÓN UNHA PEZA CO NOME E ADICADA A UNHA GRANDE CHEA
Como xa decímaos nesta páxina, o día 26 de Decembro o mestre Xaquín Xesteira presentaba no Auditorio de Cambados, o "Método de Gaita Galega II", por certo un bo regalo de Reis, o final da presentación Xaquín interpretou varias pezas e para sorpresa da representación de Unha Grande Chea que se atopaba na Sala dinos que compuxo unha peza adicada a nos e co noso nome "Unha Grande Chea". como non por esta nova non iamos pasar de puntiñas e tiñamos que adicar unha portada e unha espazo, UNHA GRANDE CHEA TV estivo no evento a gravou a peza en cuestión que aquí vos presentamos:
Dous días despois de este evento, concretamente o día 28 de Decembro ten lugar no mesmo auditorio a presentación de Revista "Retranca" a cargo de Kiko Da Silva e organizada pola Asociación dos Libreiros de Cambados, abriron ese acto dous rapaces de Corvillón Nacho (gaita) e Carlos (tamboril). Nacho xa había colaborado con nos no entroido de 2005 cando nos disfrazamos precisamente de Festa do Albariño, nunca tivemos a oportunidade da darlle as grazas a Nacho nesta Páxina, e como UNHA GRANDE CHEA TV, estivo no acto, sirva o seguinte vídeo como agradecemento :